Valore este contenido
Prestacións por infortunio familiar
Obxecto da prestación
-
A prestación por infortunio familiar ten por obxecto asegurarlle ao estudante a continuidade dos seus estudos xa iniciados ata o termo normal dos cursos que compoñen a súa carreira, incluído o doutoramento, cando concorran circunstancias que ocasionen imposibilidade de proseguilos como consecuencia directa da situación económica sobrevida no seu fogar.
-
Concederase esta prestación nos seguintes casos:
-
Falecemento do cabeza de familia (o pai ou a nai, sempre que acheguen ingresos á economía familiar).
-
Ruína ou quebra familiar. O quebranto económico ha de ser de certa relevancia, e non se entenderá como creba a insuficiencia permanente de recursos económicos para sufragar os estudos.
-
Contías
-
86,55 euros anuais para estudantes pertencentes a familias non numerosas.
-
103,85 euros anuais para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría xeral.
-
129,82 euros anuais para estudantes pertencentes a familias numerosas de categoría especial.
Devindicación
O dereito nacerá dende o primeiro día do mes seguinte a aquel en que se produciu o feito causante (o falecemento ou quebra).
Aboamento
-
Aboarase durante o número de anos que falten ao beneficiario para acabar, normalmente e sen repetir curso, a súa carreira.
-
En todo caso, a prestación extinguirase cando o beneficiario faga 28 anos de idade.
Compatibilidade
É compatible con calquera bolsa escolar, aínda que o estudante debe declarar, na petición de bolsas, a dotación económica anual recibida pola prestación de infortunio familiar.
Prórrogas
-
Unha vez recoñecida a prestación, comprobarase anualmente a persistencia da situación económica e que houbo o adecuado aproveitamento académico.
-
No caso de falecemento do cabeza de familia, os ingresos familiares non poderán superar a cantidade de 6.010,12 euros por cada membro da unidade familiar. A estes efectos, teranse en conta todos os membros da unidade familiar que convivan co estudante e os seus respectivos ingresos.