Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Solicitudes

Documentos que deben acompañar a solicitude

Os documentos que se indican a continuación presentaranse en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa, agás para os documentos de identidade  nos que será suficiente a exhibición do orixinal.

Se os documentos foron emitidos por organismos estranxeiros, será necesario que cumpran os requisitos de legalización para ser válidos en España.

EN TODOS OS CASOS:

  • Acreditación de identidade do solicitante, representante legal e demais persoas que figuran na solicitude, mediante a seguinte documentación en vigor:

    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
    • Estranxeiros residentes ou non residentes en España: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
  • Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso, ou da emancipación do solicitante menor de idade. Se é titor institucional, CIF/NIF, documento no que conste o nomeamento de tutela da Institución e certificación acreditativa da representación da Institución.  Se está incapacitado xudicialmente debe presentar a resolución xudicial que o declare ou certificado acreditativo do Rexistro civil. 
  • Certificación da Acta de Defunción do causante falecido.

SE SE SOLICITA PENSIÓN DE VIUVEZ:

a) Se estaba casado/a co causante falecido:

  • Libro de familia, acta de Rexistro Civil ou documento estranxeiro equivalente debidamente legalizado ou selado, se é o caso, e traducido, que acredite o matrimonio co causante  falecido e o estado civil actual do solicitante.

b) Se estaba separado/a ou divorciado/a do causante falecido ou o matrimonio foi declarado nulo:

  • Sentencia xudicial que acredite esa situación e Convenio Regulador desta ou documento que recoñeza o dereito a percibir pensión compensatoria ou indemnización por nulidade. Se non é acredor de pensión compensatoria: Libro de familia se houbo fillos comúns, separouse ou divorciouse antes do 01-01-2008 e é menor de 50 anos, ou acreditación de que foi vítima de violencia de xénero.
  • Declaración responsable de concorrencia dos requisitos relativos á pensión compensatoria, mediante o documento facilitado polo INSS, tamén accesible dende esta páxina web.
  • Acreditación mediante o Certificado Literal de Nacemento expedido polo Rexistro Civil de que o solicitante, tras o cesamento da súa relación co falecido, non se casou con outra persoa.

 Para persoas comprendidas en a) e b):

  • Certificado médico no que conste a data de inicio da enfermidade común que determinou o falecemento do causante sempre que non transcorrese un ano entre a data do matrimonio e a do falecemento e non existisen fillos comúns, ou provisionalmente declaración xurada, nos termos ditos anteriormente, mediante o documento facilitado polo INSS. Se existisen fillos comúns, só Libro de familia ou actas de nacemento que o acrediten.
  • Acreditación de convivencia se existiu antes do matrimonio.

c) Se era parella de feito do causante falecido:

  • Certificado de inscrición da parella no rexistro correspondente da súa Comunidade Autónoma ou localidade de residencia, ou acreditación da constitución da parella de feito mediante escritura pública. 
  • Actas do Rexistro Civil que acrediten que o solicitante e o causante non estaban casados ou separados doutra persoa durante os 2 anos inmediatamente anteriores ao falecemento se a parella se constituíu mediante escritura pública.
  • Certificado de empadroamento do Concello, ou calquera outro medio de proba, que acredite a convivencia co causante durante, polo menos, 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento.
  • Acreditación de ingresos do solicitante e do causante no ano natural anterior ao do falecemento; e do solicitante no mesmo ano do falecemento, mediante declaración sobre o IRPF ou, no seu defecto, nóminas salariais, documentos de entidades bancarias, |etc.

SE SE SOLICITA PENSIÓN DE ORFANDADE:

  • Libro de Familia ou Acta/s de nacemento dos fillos ou documento estranxeiro equivalente.

Só no caso de causantes falecidas como consecuencia de violencia de xénero contra a muller:

  • Documentos acreditativos da devandita circunstancia: sentenza firme, resolución xudicial (autos, providencias ou sentenzas non firmes) da que se desprendan indicios de que o delito investigado é por violencia contra a muller ou informe do Ministerio Fiscal no mesmo sentido.
  • No caso de estranxeiros residentes en España, para un posible recoñecemento da prestación de orfandade: certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou Tarxeta de Identidade de Estranxeiros.

SE SE SOLICITA PRESTACIÓN EN FAVOR DE FAMILIARES:

  • Actas do Rexistro Civil (ou documento estranxeiro equivalente) acreditativas do parentesco co falecido e do estado civil do solicitante.
  • Certificado de empadroamento do Concello que acredite a convivencia co falecido durante os 2 anos inmediatamente anteriores ao falecemento.
  • Certificado de defunción dos pais, se a prestación se pide para netos/as ou irmáns/ás do falecido.
  • Acreditación de ingresos (declaración do IRPF, nóminas salariais ou outro medio adecuado) do solicitante, dos familiares que convivan con el e das persoas con obriga de prestar alimentos –ascendentes, descendentes e as seus cónxuxes/parellas de feito– así como acreditación de identidade e do parentesco co solicitante (actas de Rexistro Civil).   

PARA O RECOÑECEMENTO DUN POSIBLE COMPLEMENTO A MÍNIMOS

  • No caso de estranxeiros residentes en España: certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou Tarxeta de Identidade de Estranxeiros para falecementos posteriores a 01/01/2013.
  • Libro de Familia, actas do Rexistro Civil ou certificado oficial que acrediten o parentesco co solicitante.
  • Certificado de discapacidade nun grao igual ou superior ao 33% no caso de fillos maiores de 26 anos.
  • Auto xudicial ou certificado de acollemento familiar, expedido pola Comunidade Autónoma.
  • Certificado de discapacidade e grao recoñecido, nun grao igual ou superior ao 65%, expedido polo IMSERSO ou organismo competente ou auto xudicial do futuro titular.

PARA ACREDITAR OUTRAS CIRCUNSTANCIAS:

  • Parte administrativo de accidente de traballo ou enfermidade profesional e certificado empresarial de salarios reais.    
  • Acta literal de matrimonio expedido polo Rexistro Civil con antelación máxima de tres meses cando o funcionario o considere necesario.
  • Acta de defunción do outro cónxuxe se se solicita orfandade absoluta (para orfos de pai e nai).
  • Resgardo de matriculación nun centro de estudos oficialmente recoñecido, no caso de orfos estudantes de 24 ou máis anos.
  • Factura de gastos de enterro se o solicitante non é cónxuxe, parella de feito ou fillo menor, nin outro familiar convivinte co falecido.
  • Certificado do Rexistro Civil ou Libro de familia, resolución xudicial de adopción ou decisión administrativa ou xudicial de acollemento que acrediten, segundo o caso, os nacementos, adopcións ou acollementos que alegase. No caso de adopcións internacionais constituídas por autoridades estranxeiras deberá acreditarse que produciu efectos en España conforme ás disposicións da Lei de Adopción Internacional.

  • Persoal das forzas armadas e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado:

    • Se é o caso, resolución do órgano competente do Ministerio de Defensa ou do Interior declarativa de que o falecemento se produciu en acto de servizo acompañada, só no caso de Ministerio de Defensa, do informe técnico de antecedentes en que se basea a devandita resolución, e certificación da Dirección Xeral de Persoal correspondente do importe mensual e anual da pensión extraordinaria que, na data do falecemento, correspondese de terse aplicado o Réxime de Clases Pasivas do Estado.          

Complementary Content
${loading}