-
A pensión de viuvez é compatible con calquera renda de traballo do beneficiario e coa pensión de xubilaciónou incapacidade permanentea que este tivese dereito.
-
A pensión de viuvez, cando o causante non se atopase en situación de alta ou en situación asimilada á alta na data do falecemento, será incompatible co recoñecemento doutra pensión de viuvez en calquera dos réximes da Seguridade Social, agás que as cotizacións acreditadas en cada un dos réximes se superpoñan, polo menos, durante 15 anos.
-
As pensións de viuvez do sistema son compatibles coas pensións do SOVI. Cando concorran a pensión de viuvez e a do SOVI, a súa suma non poderá ser superior ao dobre do importe da pensión mínima de viuvez para beneficiarios maiores de 65 ou máis anos establecido en cada momento. De superarse este límite, minorarase a contía do SOVI no importe necesario para non exceder do límite indicado.
-
Nos casos en que se mantivese a percepción da pensión de viuvez, aínda que se contraese novo matrimonio ou constituído unha parella de feito, por cumprir os requisitos esixidos, a nova pensión de viuvez que puidese xerarse como consecuencia do falecemento do novo cónxuxe ou parella de feito, será incompatible coa pensión ou pensións de viuvez que viña percibindo, debendo optar por unha delas.