Graos
- Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual:
Aquela que, sen alcanzar o grao de total, ocasiona á persoa traballadora unha diminución non inferior ao 33 % no seu rendemento normal para a devandita profesión, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais desta.
- Incapacidade permanente total para a profesión habitual:
A que inhabilita á persoa traballadora para a realización de todas as tarefas ou das fundamentais da devandita profesión, sempre que poida dedicarse a outra distinta.
- Incapacidade permanente absoluta para todo traballo:
A que inhabilita por completo á persoa traballadora para toda profesión ou oficio.
- Grande incapacidade:
A situación da persoa traballadora afectada de incapacidade permanente e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.
Cada un destes graos en que se clasifica a incapacidade permanente dará dereito, se é o caso, á correspondente prestación económica por incapacidade permanente.
O recoñecemento da pensión de incapacidade permanente implica o recoñecemento dun grao de discapacidade do 33 % só para os efectos indicados na sección 1a do capítulo V e do capítulo VIII do título I, así como do título II do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.