Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Bonificacións e Reducións

Son deducións na cota que resultan da aplicación de determinadas porcentaxes a esta e que teñen como finalidade a redución dos custos de Seguridade Social das empresas e a potenciación do acceso de determinados colectivos ao mercado laboral.

Unicamente poderán obter reducións ou bonificacións nas cotas de Seguridade Social e conceptos de recadación conxunta, ou calquera outro beneficio nas bases, tipos e cotas da Seguridade Social, as empresas que se encontran ao corrente no pagamento (Certificado de estar ao corrente nas obrigas de Seguridade Social) destas na data da súa concesión.

A falta de ingreso en prazo regulamentario das cotas da Seguridade Social e conceptos de recadación conxunta, devindicadas con posterioridade á obtención de tales beneficios, aínda que se presenten os documentos de cotización no devandito prazo, dará lugar á perda automática e definitiva destes respecto das cotas correspondentes a períodos non ingresados no devandito prazo, agás que sexa debida a erro da Administración da Seguridade Social.

Aquelas empresas que, de acordo co establecido na disposición adicional oitava da Orde de desenvolvemento, non se incorporasen de forma efectiva ao Sistema RED, de remisión electrónica de datos, na data que determine a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, non poderán adquirir os beneficios na cotización ou estas serán suspendidas dende esta data ata aquela en que se proceda á súa incorporación ao citado Sistema.

No suposto de que a unha empresa colaboradora, ou con exclusións dalgunha ou algunhas continxencias, lle corresponda cotizar por un traballador con contrato con dereito a un beneficio na cotización, procederase nun primeiro lugar á aplicación dos coeficientes redutores correspondentes sobre a cota íntegra, e sobre o importe resultante, aplicaranse os citados beneficios.

Complementary Content
${loading}