Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Bases e tipos de cotización

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano


Base mínima e máxima euros/mes Durante o ano 2026, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
Táboa reducida
Tramos de rendementos netos 2026.
Euros/mes
Base mínima.
Euros/mes
Base máxima.
Euros/mes
Tramo 1 <= 670 653,59 718,94
Tramo 2 > 670 e <= 900 718,95 900
Tramo 3 > 900 e <1.166,70 849,67 1.166,70

Táboa xeral
Tramos de rendementos netos 2026.
Euros/mes
Base mínima.
Euros/mes
Base máxima.
Euros/mes
Tramo 1 >= 1.166,70 e <=1.300 950,98 1.300
Tramo 2 > 1.300 e <= 1.500 960,78 1.500
Tramo 3 > 1.500 e <= 1.700 960,78 1.700
Tramo 4 > 1.700 e <= 1.850 1.143,79 1.850
Tramo 5 > 1.850 e <= 2.030 1.209,15 2.030
Tramo 6 > 2.030 e <= 2.330 1.274,51 2.330
Tramo 7 > 2.330 e <= 2.760 1.356,21 2.760
Tramo 8 > 2.760 e <= 3.190 1.437,91 3.190
Tramo 9 > 3.190 e <= 3.620 1.519,61 3.620
Tramo 10 > 3.620 e <= 4.050 1.601,31 4.050
Tramo 11 > 4.050 e <= 6.000 1.732,03 5.101,20
Tramo 12 > 6.000 1.928,10 5.101,20
Tipo Continxencias Comúns 28,30 por cento
Tipo Continxencias Profesionais

1,30 por cento

Tipo Cesamento de Actividade

0,90 por cento

Tipo Formación Profesional

0,10 por cento

Mecanismo equidade interxeracional 0,9 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns


Persoas traballadoras autónomas cun cambio de base solicitado a 1 de xaneiro de 2025

A base de cotización das persoas traballadoras autónomas que a 31 de decembro de 2024 solicitasen un cambio da súa base de cotización, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2025, será a solicitada sempre que se encontre nalgún dos tramos das táboas xeral e reducida das bases máximas e mínimas, e cumpra o establecido no Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e se mellora a protección por cesamento de actividade.

Familiares da persoa traballadora autónoma e societarios/as

Os familiares da persoa traballadora autónoma incluídos neste réxime especial ao abeiro do establecido no artigo 305.2.k) e as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao abeiro do establecido nas letras b) e e) do artigo 305.2, así como ás persoas traballadoras autónomas ás que se refire o artigo 308.1.c), regra 5.ª, artigos todos eles do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, non poderán elixir unha base de cotización mensual inferior a 1.000 euros durante o ano 2025. Para a aplicación desta base de cotización mínima abondará con ter figurado 90 días en alta neste réxime especial en calquera destes supostos.

Persoas traballadoras autónomas que a 31/12/2022 cotizasen por unha base superior á que lles correspondería polos seus rendementos e non a modificasen con posterioridade

Durante 2025 poderán manter a mesma base de cotización, ou unha inferior, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base de cotización inferior a calquera de elas.

Persoas traballadoras autónomas dedicadas á venda ambulante ou a domicilio

Os traballadores autónomos dedicados á venda ambulante (CNAE 4781 Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en postos de venda e mercados; 4782 Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, pezas de vestir e calzado en postos de venda e mercados e 4789 Comercio polo miúdo doutros produtos en postos de venda e mercados) poderán elixir cotizar por unha base equivalente a un 77 por cento da base mínima do tramo 1 da táboa reducida.

O establecido no presente apartado será tamén de aplicación aos socios traballadores de cooperativas de traballo asociado dedicadas á venda ambulante que perciben os seus ingresos directamente dos compradores.

Socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante

Os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que quedasen incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos en aplicación do establecido no artigo 120.catro.8 da Lei 2/2008 do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009, terán dereito, durante o ano 2025, a unha redución do 50 por cento da cota por continxencias comúns que resulte de aplicar sobre a base provisional, sempre que o seu importe sexa de 960,60 euros ou inferior, o tipo de cotización vixente neste réxime especial. Esta redución non se aplicará se se elixiu unha base superior a 960,60 euros.

Tamén terán dereito a esta redución os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que iniciasen a súa actividade e quedasen incluídos no citado réxime especial dende o 1 de xaneiro de 2009.

Pluriactividade

As persoas traballadoras autónomas que coticen en réxime de pluriactividade, e o fagan durante o ano 2025, tendo en conta tanto as cotizacións efectuadas neste réxime especial coma as achegas empresariais e as correspondentes ás persoas traballadoras no réxime de Seguridade Social que corresponda pola súa actividade por conta allea, terán dereito ao reintegro do 50 por cento do exceso en que as súas cotizacións por continxencias comúns superen a contía de 16.672,66 euros, co tope do 50 por cento das cotas ingresadas neste réxime especial en razón da súa cotización polas continxencias comúns.

En tales supostos, a Tesourería Xeral da Seguridade Social procederá a aboar o reintegro que en cada caso corresponda, nun prazo máximo de catro meses desde a regularización prevista no artigo 308.1.c) do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo cando concorran especialidades na cotización que impidan efectualo nese prazo ou resulte necesaria a achega de datos por parte do interesado, en cuxo caso o reintegro se realizará con posterioridade a este.

Traballadores/as por conta propia dedicados/as a unha actividade artística

A base de cotización mensual á que se refire o artigo 313 bis parágrafo 1.º do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, para os artistas incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos cuxos ingresos anuais sexan iguais ou inferiores a 3.000,00 euros, será, en tanto se aprobe a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2025, de 526,14 euros mensuais.

Solicitude Base de Cotización Máxima con efectos 1 de xaneiro 2025

As persoas traballadoras incluídas no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos e/ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar que, a 1 de xaneiro de 2025, viñesen cotizando pola base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2024, equivalente a 4.720,50 euros, poderán solicitar ata o 31 de marzo de 2025, calquera base de cotización que se atope comprendida entre a base pola que veñen cotizando (4.720,50 euros) e a base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2025, equivalente a 4.909,50 euros, con efectos 1 de xaneiro 2025.

Colectivos excluídos do novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos

  • Membros de vida consagrada da Igrexa Católica

Aos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica, incluídos neste réxime especial en virtude do Real Decreto 3325/1981, de 29 de decembro, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos aos relixiosos de Dereito diocesano da Igrexa Católica, e da Orde TAS/820/2004, de 12 de marzo, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta propia ou Autónomos os relixiosos da Igrexa Católica, non se lles aplicará a cotización en función dos rendementos da actividade económica ou profesional.

En calquera caso, deberán elixir a súa base de cotización mensual nun importe igual ou superior á base mínima do tramo 3 da táboa reducida de bases de cotización.

As bases de cotización mensuais elixidas por eles non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.

Tampouco será esixible a cobertura da continxencia por incapacidade temporal, das continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional, polo cesamento de actividade e por formación profesional.

O tipo de cotización aplicable á base de cotización dos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica incluídos no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos será o 27,15 por cento, do que o 26,51 por cento corresponde á cobertura de continxencias comúns, excluída a incapacidade temporal, e o 0,64 por cento, ás continxencias profesionais correspondentes a incapacidade permanente e a morte e supervivencia, non estando cuberta a protección por cesamento de actividade, sempre que os devanditos institutos conten coa autorización da Seguridade Social para colaborar na xestión da prestación económica de incapacidade temporal.

  • Socios/as traballadores/as de cooperativas que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais, complementario ao sistema público.

Aos/ás socios/as de cooperativas incluídos/as no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais, complementario ao sistema público, no ano 2025 non lles resultará de aplicación a cotización en función dos rendementos obtidos pola súa actividade económica ou profesional, conforme ao disposto na disposición adicional cuarta do Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo.

Deberán elixir unha base de cotización mensual por un importe igual ou superior á base mínima do tramo 1 da táboa xeral de bases de cotización establecidas para o ano 2025. As bases de cotización mensuais elixidas por eles/as non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.

Base mínima e máxima euros/mes Durante o ano 2025, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
Táboa reducida
Tramos de rendementos netos 2025.
Euros/mes
Base mínima.
Euros/mes
Base máxima.
Euros/mes
Tramo 1 <= 670 653,59 718,94
Tramo 2 > 670 e <= 900 718,95 900
Tramo 3 > 900 e <1.166,70 849,67 1.166,70

Táboa xeral
Tramos de rendementos netos 2025.
Euros/mes
Base mínima.
Euros/mes
Base máxima.
Euros/mes
Tramo 1 >= 1.166,70 e <=1.300 950,98 1.300
Tramo 2 > 1.300 e <= 1.500 960,78 1.500
Tramo 3 > 1.500 e <= 1.700 960,78 1.700
Tramo 4 > 1.700 e <= 1.850 1.143,79 1.850
Tramo 5 > 1.850 e <= 2.030 1.209,15 2.030
Tramo 6 > 2.030 e <= 2.330 1.274,51 2.330
Tramo 7 > 2.330 e <= 2.760 1.356,21 2.760
Tramo 8 > 2.760 e <= 3.190 1.437,91 3.190
Tramo 9 > 3.190 e <= 3.620 1.519,61 3.620
Tramo 10 > 3.620 e <= 4.050 1.601,31 4.050
Tramo 11 > 4.050 e <= 6.000 1.732,03 4.909,50
Tramo 12 > 6.000 1.928,10 4.909,50
Tipo Continxencias Comúns
  • 18,75 por cento cando a persoa traballadora opte por unha base de cotización ata 1.141,18 euros mensuais 26,50 por cen cando a persoa traballadora opte por unha base de cotización superior a 1.141,18 euros mensuais (aplicaráselle á contía que exceda)
Mellora voluntaria de incapacidade temporal por continxencias comúns
  • 3,30 por cento
  • 2,80 por cento se o/a interesado/a está acollido/a a protección por continxencias profesionais ou por cesamento de actividade
Tipo para accidentes de traballo (AT) e enfermidades profesionais (EP)

Tarifa de primas establecida na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro

Incapacidade permanente, e morte e supervivencia (cando non se opte pola totalidade de AT e EP)

1,00 por cento

Mecanismo de equidade interxeracional 0,8 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns

As persoas traballadoras incluídas neste sistema especial que non optasen por dar cobertura, no ámbito de protección dispensada, á totalidade das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional equivalente ao 0,10 por cento, aplicado sobre a base de cotización elixida, para a finalización das prestacións previstas para o risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.

Determinación da situación de inactividade

Existen períodos de inactividade dentro dun mes natural cando o número de días naturais en que a persoa traballadora figure de alta no sistema especial no devandito mes sexa superior ao número de xornadas reais nese mes multiplicado por 1,3636.

O número de días de inactividade do mes é a diferenza entre os días en alta laboral no mes e o número de xornadas reais no mes multiplicadas por 1,3636.

A cotización polos días de inactividade no mes é o resultado de multiplicar o número de días de inactividade no mes pola base de cotización diaria correspondente e polo tipo de cotización aplicable.

Base de cotización na situación de inactividade

Desde o 1 de xaneiro de 2026, a base mensual de cotización aplicable para as persoas traballadoras por conta allea incluídas neste sistema especial, durante os períodos de inactividade, dentro do mes natural é de 1.424,40 euros. Esta contía corresponde á base mínima de cotización por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral da Seguridade Social.

Cando a persoa traballadora realice no mes natural vinte e dúas ou máis xornadas reais, a base de cotización correspondente ás elas será tamén de 1.424,40 euros, correspondente á base mínima por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral.

Tipo de cotización en situación de inactividade

O tipo de cotización durante os períodos de inactividade é do 11,50 por cento, sendo a cotización resultante a cargo exclusivo da persoa traballadora.

Beneficios na cotización

Desde o 1 de xaneiro de 2026, ás persoas traballadoras que realizasen un máximo de 55 xornadas reais cotizadas no ano 2025, aplicaráselles ás cotas resultantes durante os períodos de inactividade en 2025, unha redución do 19,11 por cento.

Cotización adicional correspondente ao ‘Mecanismo de equidade interxeracional’

Desde o 1 de xaneiro de 2026, durante os períodos de inactividade, esta cotización adicional determínase aplicando o tipo do 0,90 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns, a cargo da persoa traballadora.

Bases mensuais de cotización

Desde o 1 de xaneiro de 2026, as bases de cotización por continxencias comúns a este sistema especial serán as determinadas na seguinte escala, en función da retribución mensual percibida polos empregados de fogar por cada relación laboral.

 
Tramo

Retribución mensual

euros/mes

Base de cotización

euros/mes

1.º. Ata 329,00 306,00
2.º. Desde 329,01 ata  510,00 436,00
3.º. Desde 510,01 ata  693,00 602,00
4.º. Desde 693,01 ata  877,00 785,00
5.º. Desde 877,01 ata  1.061,00 970,00
6.º. Desde 1.061,01 ata  1.242,00 1.151,00
7.º. Desde 1.242,01 ata 1.424,40 1.424,40
8.º.
Desde 1.424,41
Retribución mensual

Para os efectos da determinación da retribución mensual do empregado de fogar, o importe percibido mensualmente deberá ser incrementado, conforme ao establecido no artigo 147.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, coa parte proporcional das pagas extraordinarias que teña dereito a percibir o empregado.

Tipos de cotización

TIPOS DE COTIZACIÓN (%)
CONTINXENCIAS EMPREGADOR TRABALLADOR TOTAL
Comúns 23,60 4,70 28,30


  • Continxencias comúns
    Desde o 1 de xaneiro de 2026, o tipo de cotización por continxencias comúns será o 28,30 por cento, sendo o 23,60 por cento a cargo do empregador e o 4,70 por cento a cargo do empregado.

  • Continxencias profesionais
    Sobre a base de cotización que corresponda, aplicarase o tipo de cotización previsto na tarifa de primas establecida na disposición adicional sesaxésima primeira do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sendo a cota resultante a cargo exclusivo do empregador.

  • Desemprego
    Os tipos de cotización por desemprego serán, a partir do 1 de xaneiro de 2026, os seguintes:
    1. Contratación indefinida: 7,05 por cento, do que o 5,5 por cento será a cargo do empregador e o 1,55 por cento será a cargo do empregado.
    2. Contratación de duración determinada: 8,30 por cento, do que o 6,70 por cento será a cargo do empregador e o 1,60 por cento será a cargo do empregado.
  • Fondo de Garantía Salarial (FOGASA)

    O tipo de cotización ao Fondo de Garantía Salarial será do 0,2 por cento a cargo exclusivo do empregador.

  • Mecanismo de equidade interxeracional (MEI).

A partir do 1 de xaneiro de 2026 será o 0,9 por cento aplicable sobre a base de cotización por continxencias, do que o 0,75 por cento será a cargo do empregador e o 0,15 por cento será a cargo do empregado.


Beneficios na cotización

Salvo que se estableza o contrario, unicamente poderán obter reducións, bonificacións ou calquera outro beneficio nas bases, os tipos e as cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, as persoas empregadoras que se encontren ao corrente no cumprimento das súas obrigas de pagamento coa Seguridade Social, na data da súa concesión. 

A falta de ingreso en prazo regulamentario das cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta devindicadas con posterioridade á obtención dos beneficios na cotización dará lugar unicamente á súa perda automática respecto das cotas correspondentes a períodos non ingresados no devandito prazo, salvo que sexa debida a erro da Administración da Seguridade Social.

Os beneficios na cotización aplicables neste Sistema Especial son os seguintes:

  • Redución por alta no réxime do 20% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns.
  • Beneficio do 45% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola contratación de coidadores en familias numerosas (non acumulable coa redución por alta no réxime do 20%). Só será aplicable pola contratación dun único coidador por cada unidade familiar que teña recoñecida oficialmente a condición de familia numerosa. 
  • Bonificación do 80 % na achega empresarial á cotización por desemprego (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
  • Bonificación do 80 % na cotización ao FOGASA (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
  • Redución do 75 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns durante a situación de incapacidade temporal das persoas traballadoras que fixesen 62 anos (vixente desde o 1 de xaneiro de 2022).
  • Bonificacións na cota empresarial á Seguridade Social, pola contratación de persoas con discapacidade, consonte a Lei 43/2006, do 29 de decembro e o Real decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro.
  • Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia de xénero, de acordo co artigo 21, apartado 3, da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
  • Bonificación do 100 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia sexual que suspendesen o seu contrato de traballo ou exercitase o seu dereito á mobilidade xeográfica ou ao cambio de centro de traballo, de acordo co artigo 38, apartado 3, da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
  • Bonificación do 100 % da cota empresarial total á Seguridade Social pola formalización de contratos de interinidade que se celebren con persoas desempregadas para substituír persoas traballadoras que teñan suspendido o seu contrato de traballo por risco durante o embarazo ou por risco durante a lactación natural, por nacemento e coidado de menor e exercicio corresponsable do coidado do lactante, nos termos establecidos no Estatuto dos Traballadores.

Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.

  • Bonificación do 100% da cota empresarial total á Seguridade Social das persoas traballadoras substituídas polas causas citadas no parágrafo anterior. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade polas devanditas causas e o contrato de interinidade do substituto e, en todo caso, co límite máximo do período de suspensión.

Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.

No caso no que a contratación dunha persoa traballadora puidese dar lugar simultaneamente á súa inclusión en máis de un dos supostos para os que están previstos bonificacións na cotización polas mesmas continxencias, só será posible gozalos respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa empregadora no momento da solicitude da alta, ou da variación de datos, da persoa traballadora.

Complementary Content
${loading}