A non constitución das garantías que fosen esixibles dentro do prazo establecido na Resolución dará lugar ao incumprimento.
Así mesmo, considerarase incumprido pola falta de ingreso de calquera dos prazos de amortización establecidos na resolución así como por non manterse ao corrente no pagamento de novas débedas devindicadas con posterioridade.
En caso de incumprimento proseguirase o procedemento de prema, ditándose, en caso de que non se fixese anteriormente, providencia de prema e procedéndose a executar as garantías que se constituísen.
Esixiranse os intereses de demora devindicados dende o vencemento dos respectivos prazos regulamentarios de ingreso.