Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Sistemas Especiais

Consideracións xerais


A Lei Xeral da Seguridade Social prevé que, naqueles Réximes da Seguridade Social en que así resulte necesario, poderanse establecer Sistemas Especiais exclusivamente nalgunha ou nalgunhas das seguintes materias: encadramento, afiliación, forma de cotización ou recadación.

Estes Sistemas Especiais creáronse no Réxime Xeral, por isto, están rexidos polas normas comúns do Réxime Xeral, a excepción das particularidades especificamente previstas en cada un deles.

Traballadores fixos descontinuos de empresas de estudo de mercado e opinión pública

Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas de estudos de mercado e opinión pública, respecto dos seus traballadores fixos descontinuos que realicen tarefas de realización de enquisas.

Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas

Este Sistema Especial é aplicable ás empresas de exhibición cinematográfica, salas de baile, discotecas, salas de festa e outros locais de espectáculos análogos, respecto ao persoal do seu cadro que non traballe tódolos días da semana.

Manipulado e empaquetado do tomate fresco, realizadas por colleiteiros exportadores

Este sistema especial é aplicable aos empresarios colleiteiros-exportadores de tomate fresco, e aos traballadores eventuais ou de tempada ao seu servizo que se dediquen exclusivamente á manipulación e empaquetado de tomate fresco con destino á exportación, e dentro da campaña oficial.

Servizos extraordinarios de hostalería

A Orde do 10 de setembro de 1973 creou este sistema especial exclusivamente para as provincias de Madrid e Barcelona.

A efectividade do mesmo levaba consigo a existencia dun convenio de colaboración entre o antigo Instituto Nacional de Previsión e o tamén extinguido Sindicato Provincial de Hostalería. Na provincia de Barcelona non se chegou a asinar este convenio, polo que o sistema especial non chegou a aplicarse.

Na provincia de Madrid o convenio subscrito denunciouse no ano 1993, aínda que dende aquela data o Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal, colaborou cos empresarios hosteleiros en labores de captación e formación de traballadores desta rama de actividade, así como nas xestións para o trámite de altas e baixas na Tesourería Xeral da Seguridade Social.

As competencias asumidas polo Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal en Madrid, transfiríronse aos servizos correspondentes da Comunidade Autónoma.

Industria resineira

Estarán incluídos neste Sistema Especial a totalidade das empresas dedicadas á explotación de piñeirais para a obtención de mieras e os traballadores do monte, resineiros e remasadores, ao servizo das mesmas.

A efectos deste Sistema Especial, as campañas terán, para os traballadores citados, a seguinte duración:

  • Resineiros: Do primeiro de marzo ao quince de novembro
  • Remasadores: Do primeiro de xuño ao trinta e un de outubro.

Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais

Estarán incluídos neste Sistema Especial as empresas dedicadas ás actividades de manipulación, envasado e comercialización de froitas e hortalizas e de fabricación de conservas vexetais, e os traballadores ao servizo das mesmas, calquera que sexa a duración prevista nos seus contratos laborais, e sempre que as súas actividades se realicen de forma intermitente ou cíclica.

As actividades das empresas ás que é de aplicación este Sistema Especial configuraranse en campañas que se iniciarán o primeiro de xaneiro, finalizando o trinta e un de decembro de cada ano. Non obstante, as empresas afectadas poderán solicitar, razoadamente, a alteración das datas de consideración de inicio e finalización de campaña.

Traballadores Agrarios por Conta Allea

Con efectos o 1 de xaneiro de 2012 os traballadores do Réxime Especial Agrario inclúense dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante a creación do Sistema Especial Agrario.

Están incluídos neste Sistema Especial os traballadores por conta allea que realicen labores agrarias, forestais ou pecuarias ou sexan complementarias ou auxiliares destas, en explotacións agrarias, así como os empresarios aos que presten os seus servizos.

Inclúense, así mesmo, neste Sistema Especial, os traballadores por conta allea agrarios durante os períodos de inactividade nos devanditos labores. 

Empregados de Fogar

Información xeral

Neste Sistema Especial para Empregados de Fogar quedan comprendidos os traballadores suxeitos á relación laboral especial do servizo do fogar familiar, regulada polo Real Decreto 1620/2011, do 14 de novembro.

Quedan excluídos deste sistema especial os traballadores que presten servizos domésticos non contratados directamente polos titulares do fogar familiar, senón a través de empresas, de acordo co previsto na disposición adicional décimo sétima da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

Para máis información sobre os trámites a realizar, se quere dar de alta unha persoa empregada de fogar, consulte o apartado "Emprego fogar” dispoñible no Portal da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}