Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial durante as situacións de permanencia en alta sen retribución, cumprimento de deberes públicos, permisos e licencias

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Para subscribir este convenio especial é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser traballador por conta allea e estar en situación de alta sen percibir retribución, por cumprimento de deberes públicos ou desempeñando cargos de representación sindical ou gozando de permisos e licenzas que non dean lugar a excedencia no traballo.
  • Ter unha base de cotización no mes natural anterior á data de inicio das anteriores situacións, superior á base mínima correspondente do grupo da súa categoría profesional.

Non se esixe período de cotización previo á solicitude do convenio especial

A solicitude de alta deste convenio especial pódese presentar en calquera momento a través dalgún dos medios indicados no apartado "Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial" da sección "Trámites e Xestións de Convenios especiais".

A cotización neste convenio especial ten por obxecto a cobertura das mesmas prestacións que o Convenio especial ordinario.

A data de inicio deste convenio especial dependerá de cando se presente a solicitude de alta:

  • Se a solicitude de alta se presenta dentro dos 90 días naturais seguintes ao inicio de permanencia en alta sen retribución, por cumprimento de deberes públicos ou desempeñando cargos de representación sindical ou gozando de permisos e licenzas que non dean lugar a excedencia no traballo, o subscritor poderá optar porque o convenio produza efectos:
    • Desde o día de presentación da solicitude.
    • Desde o día de inicio de permanencia en alta sen retribución, por cumprimento de deberes públicos ou desempeñando cargos de representación sindical ou gozando de permisos e licenzas que non dean lugar a excedencia no traballo. De non se efectuar opción, esta última será a data de efectos.
  • Se a solicitude de alta se presenta fóra do prazo dos 90 días seguintes ao inicio de permanencia en alta sen retribución, por cumprimento de deberes públicos ou desempeñando cargos de representación sindical ou gozando de permisos e licenzas que non dean lugar a excedencia no traballo, a data de inicio do convenio será desde o día da presentación da solicitude de alta deste.

O convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas:

Suxeito responsable do ingreso da cota

O suxeito responsable de ingresar a cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.

Base de cotización

A base de cotización aplicable é a diferenza entre a base de cotización do subscritor no mes natural anterior á data de inicio das situacións que dan lugar a este convenio especial e a base mínima correspondente ao grupo da categoría profesional do traballador.

Determinación da cota a ingresar

O cálculo da cota a ingresar polo subscritor deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario; salvo que neste convenio especial o subscritor non poida escoller a base de cotización, polo demais determínase da forma establecida.

Prazo de ingreso

O prazo de ingreso da cota é o mes natural seguinte ao que esta está referida.

Forma de pagamento

A forma de pagamento deste convenio especial é domiciliación bancaria.

Incremento da base con posterioridade á subscrición do convenio especial

Con carácter xeral o incremento da base de cotización prodúcese na mesma porcentaxe que se incrementase a base mínima do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

Non obstante, o subscritor pode elixir que a súa base se revalorice conforme ao incremento que experimente cada ano a base máxima de cotización do grupo de cotización correspondente á súa categoría profesional ou a do Réxime no que estivese encadrado. No caso contrario, incrementarase conforme o exposto no parágrafo anterior.

A solicitude do incremento voluntario da base de cotización pode realizarse a través do servizo “Cambio de base de cotización-convenios especiais” dispoñible na Sede electrónica da Seguridade Social. O prazo para presentar esta solicitude remata o 30 de setembro de cada ano e o incremento aplicarase desde o día 1 de xaneiro do ano seguinte.

  • Artigo 69 do Real decreto 2064/1995, de 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros dereitos da Seguridade Social
  • Artigo 19 da Orde TAS/2865/2003, do 18 de outubro pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social
  • No non establecido nos citados artigos, resultará de aplicación o establecido no Capítulo I da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, relativo á regulación do Convenio especial ordinario.
Complementary Content
${loading}