Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

2008/8 do 19 de novembro de 2008

Instrucións para a aplicación da Resolución de 10-outubro-2008, da Tesourería Xal. da Seg. Social, sobre autorización para adiar o pagamento das cotas empresariais da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta

Mediante Resolución do 10 de outubro de 2008, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, establécese que:

  • "As empresas que desenvolven a súa actividade no sector do transporte aéreo, CNAE 62100 e 62200, con traballadores en alta polos que deban cotizar á Seguridade Social e que se atopen ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social, poderán solicitar autorización para adiar durante nove meses o prazo regulamentario de ingreso da totalidade das cotas empresariais da Seguridade Social e polos conceptos de recadación conxunta correspondentes a liquidacións ordinarias dos períodos de liquidación de outubro de 2008 a xuño de 2009, debendo ingresarse, mensualmente, dende agosto de 2009 ata abril de 2010."
  • "As empresas que obteñan esta autorización deberán descontar e reter as achegas correspondentes aos traballadores e ingresar o seu importe dentro do prazo regulamentario para o seu pagamento".

INSTRUCIÓNS PARA A APLICACIÓN DA RESOLUCIÓN

  1. Presentación de solicitudes de adiamento das cotas

    As solicitudes deberán presentarse na sede da Dirección Provincial ou Administración da Seguridade Social correspondente ao Código de Conta de cotización principal da empresa, ou daquela na que se autorizase a xestión centralizada das funcións recadadoras.

    A resolución pola que se autorice a adiar o prazo regulamentario de ingreso abranguerá as cotas correspondentes ao período de liquidación que á data de solicitude aínda se atope en prazo regulamentario de ingreso.

  2. Presentación de documentos de cotización a través do Sistema RED 

    As empresas do transporte aéreas autorizadas ao adiamento das cotas empresariais deberán presentar os documentos de cotización segundo as seguintes instrucións:

    1. O ficheiro FAN non sofre ningunha modificación. Deberá presentarse a relación nominal de traballadores pola totalidade das bases, bonificacións e reducións. Os segmentos totalizadores (EDTTT) deberán cubrirse calculando a totalidade das cotas debidas (cota obreira e cota empresarial). Polo tanto, no ficheiro FAN indicaranse as cotas totais, sen ter en conta o adiamento da cota empresarial.

    2. Para as empresas que soliciten cargo en conta ou pagamento electrónico, o Sistema calculará automaticamente o Recibo de Liquidación de Cotizacións correspondente á achega dos traballadores. Este Recibo de Liquidación de Cotizacións deberá facerse efectivo no seu prazo regulamentario de ingreso (sen ter en conta o adiamento, xa que este só afecta á cota empresarial).

    3. Non se aplicará o adiamento e, polo tanto, calcularase a totalidade das cotas (obreira máis empresarial) nas liquidacións que resulten saldo acredor, así como naquelas nas sendo o resultado total a ingresar, o importe da cota empresarial resulte a percibir.

    4. As empresas que non se acollan ás modalidades de pagamento e ingresen a cota obreira mediante boletín de cotización TC1, deberán consignar na cela “Clase de Liquidación e Clave de Control” (CLCC) o código 1-08.

    5. En ambos casos, tanto para as empresas que realizaron o ingreso da cota obreira a través das modalidades de pagamento coma para as que realizaron o ingreso mediante boletín de cotización TC1, a cota empresarial deberán ingresala nos 9 meses seguintes ao prazo regulamentario de ingreso, mediante boletín de cotización TC1, que conterá as cotas empresariais adiadas, así como as compensacións de pagamento delegado, bonificacións e reducións. Este boletín deberá codificarse con clase de liquidación e clave de control 2-08.

      Este TC1 correspondente á cota empresarial (2-08) NON debe ir acompañado da Relación Nominal de Traballadores (TC2)

      Estase a traballar para implementar un servizo que permita obter os Recibos de Liquidación de Cotizacións correspondentes á cota empresarial diferida (primeiro mes de ingreso agosto de 2009 liquidacións correspondentes a outubro de 2008). Unha vez estea implementado informarase mediante Boletín de Noticias RED.

    6. Só procede o adiamento das liquidacións ordinarias (L00) presentadas en prazo regulamentario. Non se poderá solicitar o adiamento das cotas das liquidacións complementarias.

    7. As modificacións necesarias para calcular automaticamente a cota obreira estarán operativas a partir do 1 de setembro (período de liquidación de novembro de 2008).

      Respecto ao período de liquidación de outubro de 2008 (presentación novembro), debido a que o sistema non estará operativo ata decembro de 2008, as empresas autorizadas ao adiamento das cotas que desexen ingresar este mes só a cota obreira, deberán presentar o TC2 (ficheiro FAN) sen solicitude de modalidade de pagamento e ingresar a cota obreira mediante TC1 papel codificado con clave 1-08.


  3. Empresas que non presentan a relación nominal de traballadores a través do Sistema RED 

    Para as empresas do transporte aéreo autorizadas ao adiamento das cotas empresariais que non presenten a Relación Nominal de Traballadores a través do Sistema RED será requisito imprescindible a presentación ante a Administración da Seguridade Social correspondente da Relación Nominal de Traballadores (TC2), e dous TC1, un correspondente á cota obreira e outro correspondente á cota empresarial.

    A Administración selará e codificará os TC1 coas claves 1-08 (cota obreira) e 2-08 (cota patronal).

    A empresa deberá facer efectivo o TC1 na Entidade Financeira correspondente, sen que se acompañe da Relación Nominal de Traballadores (TC2).

Aplicación das bonificacións previstas na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do Réxime das Empresas de Inserción

O artigo 16.3 da Lei 44/2007, do 13 de decembro, recolle as seguintes bonificacións para as empresas de inserción:

  • Bonificacións ás cotas da Seguridade Social, nos contratos de traballo das persoas referidas no artigo 2, de 70,83 euros/mes (850 euros/ano) durante toda a vixencia do contrato, ou durante tres anos no caso de contratación indefinida.

  • Aplicarase o establecido na Lei 43/2006, do 29 de decembro, en canto aos requisitos que han de cumprir os beneficiarios, as exclusións na aplicación das bonificacións, contía máxima, incompatibilidades ou reintegro dos beneficios.


Estas bonificacións reflectiranse no TC2 (ficheiro FAN), mediante clave de dedución CD22 “Bonificacións contía fixa” e Colectivo de Peculiaridade de Cotización (campo 1269 do segmento DAT), 1304 “Exclusión Social/ Itinerario de Inserción”.


Estas bonificacións poderán presentarse a partir do 1 de decembro de 2008. Non obstante, en WinSuite32 non estarán implementadas ata a seguinte versión, cuxa publicación se indicará nun próximo Boletín de Noticias RED .

Instrucións para a presentación e liquidación de cotas de traballadores incluídos en Códigos de Conta de Cotización de Colexios Concertados polas retribucións percibidas fóra do concerto

Actualmente, os Centros Educativos Concertados dispoñen de dous Códigos de Conta de Cotización, un para reflectir a cotización dos traballadores incluídos no concerto, e outro para reflectir a cotización dos traballadores non incluídos no concerto.

Non obstante, vénse presentando a problemática sobre a forma de cotizar as remuneracións que o centro aboa aos traballadores incluídos no concerto por complementos retributivos alleos a este.

Para resolver esta situación deberase solicitar ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a partir do 1 de decembro de 2008, un novo Código de Conta de Cotización para reflectir a cotización por estas remuneracións aboadas fóra do concerto.

O novo Código de Conta de Cotización presenta como particularidade que non admite traballadores en alta, xa que estes figuran no Sistema no Código de Conta de Cotización vinculado ao concerto.

As remuneracións alleas ao concerto liquidaranse no novo Código de Conta de Cotización mediante liquidación L09, que terá que presentarse dentro do prazo regulamentario de ingreso. Estes Códigos de Conta de Cotización non admitirán liquidacións L00 (ordinarias).

Por tanto, a partir do 1 de decembro, os Centros Educativos Concertados deberán ter tres Códigos de Conta de Cotización, polos que deberán presentar as seguintes liquidacións:

  • No CCC correspondente aos traballadores incluídos no Concerto: Liquidación L00

  • No CCC creado para cotizar polos traballadores incluídos no concerto as remuneracións alleas a este: Liquidación L09

  • No CCC correspondente aos traballadores non incluídos no Concerto: Liquidación L00.

Nova funcionalidade de Afiliación: Informe sobre número anual medio de traballadores en situación de alta

Nos próximos días vaise incorporar ao Sistema RED unha nova funcionalidade que permitirá obter o certificado sobre o Número anual medio de traballadores empregados na empresa durante os tres últimos anos, segundo establece o artigo 47.8.e) do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas.

Ata a publicación da nova versión de WinSuite32, prevista para finais de decembro, esta funcionalidade só estará dispoñible mediante a modalidade de Afiliación On line.

A nova transacción On line será a ACR98 – Informe número anual medio de traballadores

Ao seleccionar a transacción aparecerá a seguinte pantalla:

Pantalla de selección para solicitar un informe do número anual medio de traballadores en alta unha vez inseridos os seguintes datos: réxime, conta de cotización, data e tipo de impresión


 

Nela deberá introducirse o Código de Conta de Cotización cuxo informe se quere obter e a data á que se ten que referir o informe.

A data dende o informe obtido sempre será de tres anos atrás, ou o período existente.

Ademais deberase seleccionar o tipo de impresión que se desexa; adiado se o que se quere é recibir o informe vías correo electrónico, On line se o que se quere é obter o informe en pantalla en tempo real.



Afiliación remesas

Para obter o certificado mediante a modalidade de remesa, creouse unha nova acción a nivel de empresa: NMT- Número Medio de Traballadores.

Os rexistros que deberán cubrirse para esta acción serán:

EMP O
RZS O
EXC C
FCE O


No rexistro FCE deberase cubrir o campo ‘Data de inicio’ coa data dende a que se quere obter o informe, emitíndose este dende esa data ata tres anos atrás, ou ata o período que exista.

Boletín de Noticias RED 2008/8


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Boletín de Noticias RED 2008/8 Descargar documento Boletín de Noticias RED 2008/8. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Boletín de Noticias RED 2008/8. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,94 KB) 12/08/2010
Complementary Content
${loading}