ERTES 47 ET e ERTES Erupción volcánica Cumbre Vieja
Infórmase de que xa está dispoñible a anotación dos novos valores do campo CAUSA PECULIARIDADE DE COTIZACIÓN e do campo TIPO DE INACTIVIDADE para a identificación dos ERTES por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción e ERTES por forza maior do artigo 47 ESTATUTO DOS TRABALLADORES, así como os novos valores para a aplicación das medidas extraordinarias para as empresas das Illas Canarias afectadas pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja contidas na disposición adicional quinta do RDL 18/2021, e informados nos BNR 06/2021 e 07/2021.
IDENTIFICACIÓN ERTES POR CAUSAS ECONÓMICAS, TÉCNICAS, ORGANIZATIVAS E DE PRODUCIÓN E ERTES FORZA MAIOR DO ARTIGO 47 ESTATUTO TRABALLADORES
A partir do período de liquidación do 12-2021, as empresas que dispoñan de expedientes de regulación temporal de emprego por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivados de forza maior, recollidos no artigo 47 do Estatuto dos Traballadores, deberán comunicar a existencia e mantemento do ERTE, consonte aos mesmos procedementos establecidos para a presentación das declaracións responsables para a aplicación de exencións, con valores de código de CPC igual a:
- 087: ERTE ETOP ARTIGO 47 ESTATUTO TRABALLADORES
- 88: ERTE FORZA MAIOR ARTIGO 47 ESTATUTO TRABALLADORES
A comunicación sobre a existencia e mantemento destes ERTES deberá realizarse con carácter mensual, procedendo a completar os seguintes datos:
- CCC: Debe ser aquel no que se atopen os traballadores de alta afectados polo ERTE.
- A DATA DENDE: deberá ser igual ou posterior 01-12-2021. Deberá coincidir coa data de inicio do ERTE no CCC ou co día primeiro de cada mes nas posteriores.
- DATA ATA: deberá ser o último día do mes do que se trate ou data de extinción do ERTE
A identificación dos períodos de suspensión de contratos de traballo ou redución de xornada dos traballadores afectados polo ERTE identificados a través dos CPC 087 ou 088, realizarase a través dos seguintes valores do campo TIPO DE INACTIVIDADE:
- 087: ERTE ETOP ARTIGO 47 ESTATUTO TRABALLADORES
- 11: ERTE ETOP ART. 47 E.T. REDUCIÓN SEN PRESTACIÓN DESEMPREGO
- 12: ERTE ETOP ART. 47 E.T. SUSPENSIÓN CON PRESTACIÓN DESEMPREGO
- 13: ERTE ETOP ART. 47 E.T. REDUCIÓN CON PRESTACIÓN DESEMPREGO
- 088: ERTE FORZA MAIOR ARTIGO 47 ESTATUTO TRABALLADORES
- 15: ERTE FM ART. 47 E.T. REDUCIÓN SEN PRESTACIÓN DESEMPREGO
- 16: ERTE FM ART. 47 E.T. SUSPENSIÓN CON PRESTACIÓN DESEMPREGO
- 18: ERTE FM ART. 47 E.T. REDUCIÓN CON PRESTACIÓN DESEMPREGO
Os valores 12, 13, 16 e 18 do campo TIPO DE INACTIVIDADE:
- Deberanse comunicar respecto dos traballadores que sexan beneficiarios da prestación por desemprego. Respecto dos traballadores identificados cos devanditos valores, manterase a obriga de cotizar pola achega empresarial durante a parte a xornada suspendida -peculiaridades de cotización 17 ou 18-, e a cota total durante a parte de xornada traballada.
- Nas liquidacións de cotas correspondentes ao período de devindicación de decembro de 2021, non se aplicarán as peculiaridades de cotización 17 ou 18 aos traballadores que se manteñan identificados cos valores do campo TIPO DE INACTIVIDADE E, F, G.
Os valores 11 e 15 do campo TIPO DE INACTIVIDADE:
- Deberanse comunicar respecto dos traballadores que NON sexan beneficiarios da prestación por desemprego.
- Respecto dos traballadores identificados con valores 11 e 15, unicamente existirá obriga de cotizar sobre a parte de xornada traballada (cota total).
- Os valores 11 e 15 non xerarán permanencias pola parte da actividade suspendida.
Clave de baixa 69- BAIXA SUSPENSIÓN TEMPORAL ERE:
- Por último, a identificación dos traballadores que como consecuencia de NON ser beneficiarios de prestación por desemprego deban causar baixa durante as situacións de suspensión do contrato, deberá realizarse coa comunicación da clave de baixa 69-BAIXA SUSPENSIÓN TEMPORAL ERE
- Dado que temporalmente non foi admisible a clave de baixa 69, as comunicacións de baixa de traballadores con clave 69 a través do Sistema RED, dende este momento e durante todo o mes de xaneiro de 2022, correspondentes ao período de liquidación de decembro 2021 serán consideradas en prazo (FRB=FEB).
Por último, lembra que non resultará admisible a anotación dos TIPOS INACTIVIDADE B, C, D, E, F, G, M e N dende o pasado 01-12-2021.
RDL 18/2021. MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA EMPRESAS DAS ILLAS CANARIAS AFECTADAS POLA ERUPCIÓN VOLCÁNICA REXISTRADA NA ZONA DE CUMBRE VIEJA.
A partir do período de liquidación 12-2021, as empresas poderán acceder á aplicación de medidas extraordinarias para as empresas das Illas Canarias afectadas pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja, mediante a presentación polo Sistema RED dos valores do campo CAUSA DE PECULIARIDADE DE COTIZACIÓN e do campo TIPO DE INACTIVIDADE creados especificamente ao efecto, non sendo a partir deste momento necesaria a solicitude e comunicación do expediente a través de CASIA.
Para dar cumprimento a este procedemento, as declaracións responsables que se deberán presentar identificaranse do seguinte xeito:
- 089: ERTE POR IMPEDIMENTOS ERUPCIÓN VOLC´SN D.A.5 RDL 18/2021
- 090: ERTE POR LIMITACIÓNS ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/2021
A comunicación sobre a existencia e mantemento destes ERTES deberá realizarse con carácter mensual, procedendo a completar os seguintes datos:
- DATA DENDE: Dato obrigatorio. Deberá ser igual ou posterior 01-12-2021. Deberá coincidir coa data de inicio do ERTE no CCC ou co día primeiro de cada mes nas posteriores.
- DATA ATA: Dato obrigatorio. MES e ANO debe ser igual aos da DATA DENDE. O DÍA debe ser igual ou posterior ao DÍA da DATA DENDE. A DATA ATA non poderá ser posterior a 28-02-2022.
- CCC: Debe ser aquel no que se atopen os traballadores de alta afectados polo ERTE, e en todo caso, das provincias das PALMAS (35) ou TENERIFE (38).
A identificación dos períodos de suspensión dos contratos de traballo ou redución de xornada dos traballadores afectados polos ERTE identificados a través das declaracións responsables 089 ou 090, serán os seguintes:
- 089: ERTE POR IMPEDIMENTOS ERUPCIÓN VOLC´SN D.A.5 RDL 18/2021
- M9: SUSPENSIÓN TOTAL. ERTE IMPEDIMENTO. ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/2021
- N1: SUSPENSIÓN PARCIAL. ERTE IMPEDIMENTO. ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/21
- 090: ERTE POR LIMITACIÓNS ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/2021
- N2: SUSPENSIÓN TOTAL. ERTE LIMITACIÓN. ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/2021
- N3: SUSPENSIÓN PARCIAL. ERTE LIMITACIÓN ERUPCIÓN VOLCÁN D.A.5 RDL 18/2021
Infórmase así mesmo, que a aplicación de exencións deberá indicarse expresamente nos campos APLICACIÓN DE EXENCIÓNS EMPRESA e APLICACIÓN EXENCIÓNS TRABALLADOR, no mesmo sentido que xa se vén actuando para o resto de ERTES do RDL18/2021.