Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Avisos ano 2022

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

20/01//2022- Boletín de Noticias RED 2/2022.

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 2/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Publicación nova versión SILTRA 3.1.0
  • Incorporación dos datos da cabeceira de cobramento por portelo no ficheiro CEL (Consulta do estado das liquidacións).
  • Actualización de oficio de liquidacións de cotas. Procedemento de remisión de información.


03/02/2022-Aviso publicación nova versión SILTRA 3.1.0

AVISO PUBLICACIÓN NOVA VERSIÓN SILTRA 3.1.0

Atópase  dispoñible na área de descarga a nova versión de SILTRA 3.1.0
Lémbrase que non está operativa a descarga automática desta versión. Para actualizar SILTRA á última versión 3.1.0, nesta ocasión e de xeito excepcional, será necesario descargar manualmente a actualización da web da Seguridade Social na seguinte ruta: Sistema RED/Sistema de liquidación Directa/Software/SILTRA.
Para máis información consultar o BNR 02/2022


04/02/2022 Incidencia Siltra 3.1.0.

Ante as incidencias que se están a producir coa nova versión da aplicación SILTRA 3.1.0, infórmase das actuacións a realizar:

  • Mensaxe “Erro indefinida no proceso de validación: For input string: "X "

Esta incidencia impide o envío do ficheiro CRA e prodúcese cando un NAF non está informado correctamente (“X” é o último díxito dun NAF completado con erro).

  • Incidencia de selección de certificados

Este problema vén derivado de como xestiona o almacén de Windows os certificados

Para resolver a incidencia deberá efectuar o seguinte:

  • Eliminar do almacén de certificados de Windows todos os certificados expirados/revogados/inválidos.
  • Renomear o alcume dos certificados que teñan alcumes duplicados.


09/02/2022- Apoio prolongación actividade fixos descontinuos turismo e comercio e hostalaría vinculados a este.

APOIO PROLONGACIÓN ACTIVIDADE FIXOS DESCONTINUOS TURISMO E COMERCIO E HOSTALARÍA VINCULADOS O MESMO

              A disposición adicional centésima vixésima segunda da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021, establece con carácter indefinido,  a bonificación do 50 por 100 das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns e conceptos de recadación conxunta de Desemprego, FOGASA e Formación Profesional, correspondentes aos traballadores fixos descontinuos dos sectores do turismo e do comercio e hostalaría vinculados ao mesmo, que realicen a súa actividade produtiva durante os meses de febreiro, marzo e novembro de cada ano.

              Co fin de posibilitar o cálculo da devandita peculiaridade durante os correspondentes períodos de 2022, infórmase que xa se encontra dispoñible tanto a comunicación da CAUSA PECULIARIDADE COTIZACIÓN 017 no Código de Conta de Cotización, como a SITUACIÓN ADICIONAL AFILIACIÓN 420 nos rexistros de relacións laborais dos traballadores afectados.


24/02/2022- Remisión partes IT – Colectivo Artistas

Remisión partes IT – Colectivo Artistas

Dende o 23 de febreiro de 2022, habilitouse no sistema RED (Rede on-line e Remesas) a remisión dos partes de Incapacidade Temporal dos traballadores incluídos no colectivo de artistas (Réxime 0112).


04/03/2022- Boletín de Noticias RED 3/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 3/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Real Decreto Lei 2/2022, do 22 de febreiro.
  • RDL 2/2022. Artigos 1 e 2: Exencións da obriga de cotizar a favor dos traballadores autónomos.
  • RDL 2/2022. DA Primeira e Segunda: Transición aos novos Erte dos art.º 47 e 47 Bis do ET e beneficios na cotización.
  • RDL 2/2022. DA Terceira: Prórroga da vixencia do Plan Mecuida.
  • RDL 2/2022. DA Cuarta: Forza maior temporal no suposto de empresas e persoas traballadoras afectadas pola erupción volcánica na zona de Cumbre Vieja.
  • RDL 32/2021: Contratos de traballo por circunstancias da produción.
  • RDL 32/2021: Contratos de traballo para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral -Programas de Activación para o Emprego-.
  • RDL 32/2021: Contratos de traballo para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral -Programas de Activación para o Emprego-.
  • Lei 21/2021: Redución do 75 % cota empresarial por continxencias comúns durante a situación de IT de empregados do fogar con 62 anos.
  • Lei 21/2021: Redución do 75 % cota empresarial por continxencias comúns durante a situación de IT de empregados do fogar con 62 anos.
  • Orde PCM/1353/2021: Modificación da disposición transitoria segunda.
  • Orde PCM/1353/2021: Sistema especial para empregados do fogar. Aplicación artigo 14.2.
  • Real Decreto 152/2022, do 22 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2022.
  • Novo servizo para solicitar cambio de base de cotización en convenios especiais a través do Sistema Red.
  • Cotización adicional en contratos de duración determinada inferior a 30 días.
  • Nova versión de Siltra 3.1.2.
  • Validación de formatos de ficheiros Siltra 3.1.0. e 3.1.2.
  • Actualización versión de Siltra 3.1.2.


11/02/2022- Variacións e correccións de datos para usuarios do Sistema RED.

Variacións e correccións de datos para usuarios do Sistema RED.
Como continuación do aviso publicado o pasado 11 de novembro e BNR 7/2021 sobre o mesmo asunto, acompáñase a continuación a táboa actualizada cos novos datos cuxa variación e corrección poderase realizar polo Sistema RED ata a confirmación da liquidación.

PRAZOS RED

PRAZO NORMAL PRAZO AMPLIADO

Anotación xornadas reais

Ata o día 6 do mes seguinte ao que correspondan

Ata o día 13 do mes seguinte ao que correspondan.

Inactividade por ERTE ou folga

Ata o penúltimo día do mes seguinte á FRV*

Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021

CTP actividade en folga/ERE

Ata o penúltimo día do mes seguinte á FRV

Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021

Inactividade (non ERTE nin folga)

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Inactividades 7, 8, 9 e A — en calquera momento.
Vixente desde 01-11-2021

Reducións de xornada/CTP

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021

TIPO DE CONTRATO/CTP

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021
Cambio de CTP retroactivo
Nos tres primeiros días do mes seguinte.
Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021

Resto datos asociados ao contrato que se modifican por ATR45

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente desde 01-11-2021
Ocupación

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Ocupación C - en calquera momento
Vixente dende 08.02.2022
Grupo de cotización

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente dende 08.02.2022
Indicativo Grupo de cotización diario
Se a variación se comunica dentro dos tres primeiros días do mes, poderá ir referida ao día 1 do mes anterior ou ao día 1 do mesmo mes; se a variación se comunica fóra dos tres primeiros días do mes, deberase comunicar sempre como data de variación a do día 1 do mesmo mes.
Ata a confirmación da liquidación
Vixente dende 08.02.2022
A FRV sempre debe ir referida ao día 1 do mes

Categoría profesional

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente dende 08.02.2022

Coeficiente redutor da Idade de Xubilación

Anotación ao longo de todo o mes da FRV, 3 días en prazo.

Ata a confirmación da liquidación
Vixente dende 08.02.2022
SAA Ao longo de todo o mes da FRV
SAA 420 previa ata 60 días e ao longo de todo o mes natural e ata o día 3 do mes inmediatamente posterior, respectando a data que mecanice o usuario
SAA 434 - ao longo de todo o mes natural e ata o penúltimo día do mes natural inmediatamente posterior, respectando as datas que mecanice o usuario.
Ata a confirmación da liquidación
Proximamente

SAA 001- Ao longo de todo o mes da FRV
SAA 002 e 433 -3 días.

* Data Real de Variación

11/03/2022- Nova versión SILTRA

NOVA VERSIÓN DE SILTRA:
 
Infórmase de que está dispoñible na área de descarga a nova versión de SILTRA 3.1.2

Lémbrase que a nova versión 3.1.2 poderá actualizarse automaticamente dende a versión 3.0.0 ou superior. Os usuarios que se conecten dende as versións 2.3.2. ou anteriores, non a poderán actualizar automaticamente e deberán proceder á actualización manual da versión na seguinte ruta: Sistema RED/Sistema de liquidación Directa/Software/SILTRA .

Esta versión soluciona diversas incidencias detectadas na versión SILTRA 3.1.0. No apartado Notas acerca da versión 3.1.2. amplíase esta información.

17/03/2022- DA 4º RDL2/2022: Ertes erupción volcánica na zona de Cumbre Vieja

DA 4º RDL2/2022: ERTES ERUPCIÓN VOLCÁNICA NA ZONA DE CUMBRE VIEJA

Para a aplicación das exencións e características de cotización do ERTE polos períodos de liquidación de marzo e, en principio, abril de 2022, respecto de empresas e persoas traballadoras das Illas Canarias afectadas pola erupción volcánica rexistrada na zona de Cumbre Vieja, ás que se fai referencia na DA 4º do RDL 2/2022, ata que estea dispoñible a comunicación dos valores de CAUSA DE PECULIARIDADE DE COTIZACIÓN e TIPO DE INACTIVIDADE para os períodos aos que fai extensiva a medida do citado RDL, segundo o informado no BNR 3/2022, deberase informar, a través de CASIA -Solicitude de trámite; Materia: Afiliación, altas e baixas; Categoría: Variación dos datos traballadores conta allea; Subcategoría: DR ERTE La Palma-, da existencia do ERTE e dos traballadores e períodos afectados por estes. Cando estea dispoñible a presentación a través do Sistema RED das correspondentes CPC e valores TIPO DE INACTIVIDADE informarase ao afecto.

17/03/2022- Modificación prazo anotación SAA 420

MODIFICACIÓN PRAZO ANOTACIÓN SAA 420

Comunícase que se modificou o prazo de comunicación da SITUACIÓN ADICIONAL AFILIACIÓN 420 – FIXO DESCONTINUO. TURISMO. COMERCIO. HOSTALARÍA. BONIFICIÓN.

A partir de hoxe 17.03.2022 permitirase a súa anotación ao longo de todo o mes ao que se refiren, e durante o mes seguinte ata a confirmación da liquidación.


23/03/2022- RDL2/2022 DA1º: prórroga ERTES RDL18/2021

RDL2/2022 DA1º: prórroga ERTES RDL18/2021

Infórmase que xa se encontra dispoñible a presentación de declaracións responsables e comunicación dos valores do campo TIPO DE INACTIVIDADE correspondentes ao período de marzo de 2022 dos ERTES referidos no RDL18/2021, do 28 de setembro, prorrogados ata o 31 de marzo de conformidade co disposto na Disposición adicional primeira do RDL 2/2022, do 22 de febreiro.


23/03/2022- Nova versión de SILTRA 3.1.3

Nova versión de SILTRA 3.1.3

No día de hoxe 23 de marzo publicouse unha nova versión de SILTRA (versión 3.1.3).  Por problemas técnicos non se pode ofrecer a descarga automática da versión de SILTRA 3.1.3.

Esta versión contén as mesmas funcionalidades que a 3.1.2 pero incorpora como novidade a utilización do almacén de certificados de Windows,  o que permite a descarga automática de futuras versións de SILTRA.

Os usuarios que xa teñen instalada a versión 3.1.2, para poder actualizarse automaticamente ás  seguintes  versións que se publiquen,  deberán descargar previamente a versión 3.1.3.

Para actualizar SILTRA á última versión 3.1.3 deberá descargar manualmente a actualización da web da Seguridade Social na seguinte ruta:
Sistema RED/Sistema de Liquidación Directa/Software/SILTRA

Para información sobre a instalación de actualizacións, pode acudir á web da Seguridade Social na seguinte ruta:
Sistema RED/Sistema de Liquidación Directa/Documentación/Manuais de Usuario/Manuais SILTRA.

22/03/2022- Novidade FIER: Consulta autónomos por NAF

NOVIDADE FIER: CONSULTA AUTÓNOMOS POR NAF

Infórmase de que, a partir do 24 de marzo de 2022, o servizo FIER incluirá na súa pantalla de inicio dúas opcións de busca de información: tipo de busca por “Empresas” ou por “Autónomos”. Deste xeito, poderase consultar a información contida no Ficheiro INSS EMPRESAS relativa aos traballadores autónomos incluídos no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial do Mar.
A pantalla de inicio do FIER, cando se opte polo formulario de busca por “Autónomos”, amosará os seguintes campos obrigatorios:


Finalmente, infórmase de que a nova versión do Manual de usuario do FIER pódese consultar no apartado Manuales de usuarioSistema RED/ INSS/ Manuais de usuario. Así mesmo, lémbrase que a estrutura da mensaxe FIE 2.0, o seu contido e a descrición dos seus campos, así como os posibles valores destes encóntranse recollidos no deseño de rexistro que se pode consultar no apartado Sistema RED/ INSS/ Instrucións Técnicas.

01/04/2022- Boletín de Noticias RED 4/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 4/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Orde PCM/244/2022. Aspectos xerais.
  • Orde PCM/244/2022. Bases de cotización durante a suspensión ou redución de xornada por Erte ou mecanismo Red.
  • Orde PCM/244/2022. Sistema especial para traballadores por conta allea agrarios. Períodos de inactividade. Artigo 14.2.
  • Orde PCM/244/2022. Sistema especial para empregados do fogar. Artigo 15.
  • Orde PCM/244/2022. Contratos formativos en alternancia. Disposición transitoria cuarta.
  • Acordo Consello de Ministros. Mecanismo Rede axencias de viaxe.
  • Real Decreto Lei 5/2022, do 22 de marzo.
  • Real Decreto 1435/1985. Contrato laboral artístico de duración determinada.
  • Lei Xeral da Seguridade Social. Artigo 151.3
  • Real Decreto 2064/1996. Artigo 32.
  • Estatuto dos traballadores. Art. 47.7 e Disposición Adicional Vixésimosexta.
  • Lei Orgánica de Universidades. Identificación de contratos temporais.
  • Contratos de substitución. Actuacións en determinados supostos.
  • Anotación do campo colectivo de traballadores en contratos formalizados sen solución de continuidade respecto doutro anterior.
  • Real Decreto Lei 4/2022. Adiamentos sector agrario.
  • Real Decreto Lei 6/2022. Adiamentos sector do transporte e Réxime Especial do Mar.
  •  

01/04/2022- Aviso Peche de Servizos

"Aviso Peche de Servizos."

Infórmase de que por labores de mantemento e actualización das aplicacións, os servizos SLD e RED directo, así como o procesado de ficheiros de cotización, permanecerán pechados previsiblemente ata o vindeiros día 4 de abril. Esta parada non afecta os servizos nin as remesas de afiliación.


07/04/2022- Erros descarga informes aplicación: "Incapacidade Temporal Online"

ERRO DESCARGA INFORMES APLICACIÓN “INCAPACIDADE TEMPORAL ONLINE

Actualmente, a descarga dos informes da aplicación “Incapacidade Temporal Online”, situada no Sistema RED Online, unicamente funciona se se accede a través do navegador Internet Explorer. Non obstante, estase a traballar nunha versión da aplicación que sexa compatible con todos os navegadores. Esta nova versión estará en funcionamento, previsiblemente, no mes de xuño.

Namentres esta versión non está dispoñible, existe unha opción que permite utilizar o navegador Internet Explorer e, polo tanto, descargar os informes. Para iso, cómpre acceder á configuración do navegador Edge e no menú da esquerda seleccionar a opción "Navegador predeterminado". Unha vez aí, no apartado “Compatibilidade de Internet Explorer”, no despregable que aparece xunto á opción “Permitir que Internet Explorer abra sitios en Microsoft Edge”, será necesario seleccionar "Nunca".

Imaxe ilustrativa


Ademais, para descargar os informes é necesario que o sitio https://w2.seg-social.es estea dentro dos “Sitios de confianza” no apartado de “Seguridade” das “Opcións de Internet”. Deste xeito, ao cargar o sitio a través de Edge no modo Internet Explorer, volve saír a ventá para a elección do certificado, pero xa non aparecerá o aviso de “Acceso non autorizado”.

imaxe ilustrativa

Finalmente, recoméndase a seguinte configuración para o produto de lectura de PDF (Adobe Reader):

imaxe ilustrativa

19/04/2022- Prazo de resposta envíos TXSS

Prazo de resposta envíos TXSS

Lémbrase que, tal e como establece o artigo 18 do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social aprobado por RD 2064/1995 do 22 de decembro, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social dispón dun prazo de 48 horas para emitir as respostas aos envíos presentados, polo que se aconsella se teña en consideración este prazo na planificación dos procesos de envío de ficheiros de bases  e recepción de respostas, especialmente se desexa acollerse á modalidade de pagamento de cargo en conta ou se realiza os envíos nos últimos días do prazo de presentación.

26 de abril de 2022- Boletín de Noticias RED 5/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 5/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Orde PCM/121/2022 do 24 de febreiro, modificación da Disposición Transitoria Segunda da Orde PCM/1353/2021.

09/05/2022- Incidencia CASIA

Incidencia CASIA

Produciuse un problema no acceso a determinados servizos entre os que está CASIA. Estamos a traballar para solucionalo o antes posible


09/05/2022- Incidencia CASIA emendada

Incidencia CASIA emendada

A incidencia producida no acceso a determinados servizos da Oficina Virtual quedou solucionada a partir das 13:30.

13/05/2022- Aviso Servizo telefónico

Aviso Servizo telefónico
Debido a circunstancias alleas a esta Tesouraría Xeral, é posible que durante o venres 13 de maio o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

13 de maio de 2022- Boletín de Noticias RED 6/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 6/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Sistema de Liquidación Directa: Ampliación ao Réxime Especial de Minería do Carbón.
  • Cálculo dos beneficios na cotización á Seguridade Social aplicables aos expedientes de Regulación de Emprego e ao mecanismo RED.
  • Sistema Especial de Empregados de Fogar. Admisibilidade contrato 300 -Indefinido fixo descontinuo.
  • Lei orgánica de Universidades. Identificación de contratos temporais. Contratos de traballo.
  • Contratos de Substitución. Actuacións en determinados supostos

26/05/2022- Aviso Servizo telefónico

Aviso Servizo telefónico
Debido a circunstancias alleas a esta Tesouraría Xeral, é posible que durante o xoves 26 de maio o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas

01/06/2022- Aviso peche de Servizos

Aviso peche de servizos.

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que se van pechar, dende o día de hoxe, 1 de xuño, os servizos de RED Directo e SLD, previsiblemente durante dous días. Durante este tempo non se procesarán ficheiros. Esta parada non afecta os ficheiros nin os servizos de afiliación, que permanecerán abertos. Informarase por esta mesma vía da apertura dos servizos.


03/06/2022- Apertura RED Directo e SLD

Apertura RED Directo e SLD

Esta mañá abriranse os servizos de RED Directo e SLD e comezaranse a procesar os ficheiros.

13/06/2022- Aviso Servizo telefónico

Aviso Servizo telefónico

Debido a circunstancias alleas a esta Tesouraría Xeral, é posible que durante o luns 13 de xuño o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

24/06/2022-Transformación de contratos con colectivo de traballador

Dende a posta en funcionamento dos valores do campo COLECTIVO DE TRABALLADOR 967 – Circunstancias produción imprevisibles e 968 – circunstancias produción previsibles, na anotación dos contratos 402 e 502, no caso de realizar a transformación dos devanditos contratos en indefinidos (x09 e x89), era necesario realizar movementos de baixa e alta.

Realizáronse as modificacións necesarias para que a devandita transformación se poida realizar mediante unha variación de contrato.

Polas particularidades do campo COLECTIVO DE TRABALLADOR, unha vez realizada a transformación, o novo contrato indefinido manterá o valor do devandito campo que tivese anotado o contrato temporal, circunstancia que deberá terse en conta para calquera modificación posterior que se realice no contrato indefinido.


08/07/2022- Corte Procesado Ficheiros de Afiliación

CORTE PROCESADO FICHEIROS DE AFILIACIÓN

Infórmase que, por problemas técnicos, non se procesarán ficheiros de afiliación (AFI) nin no día de hoxe 08.07.2022, nin durante a fin de semana.

Os ficheiros poderán ser enviados a esta TXSS, pero non se procesarán ata o luns.


14/07/2022- Non envío de Resposta Automática polas Caixas de Correo Acredita

Non envío de Resposta Automática polas Caixas de Correo Acredita

Como consecuencia dun problema informático, as Caixas de Correo Acredita estaban a xerar respostas automáticas en bucle. Por esta razón, o procedemento de Resposta Automática das Caixas de Correo Acredita, paralizouse polo de agora. Cando se solucione a incidencia, comunicarase por esta mesma vía. Namentres, os usuarios das autorizacións RED poden continuar enviando incidencias ás Caixas de Correo Acredita e estas serán solucionadas pola Dirección Provincial correspondente con normalidade.

14 de xullo de 2022- Boletín de Noticias RED 7/2022

Atópase dispoñible, na área de Noticias RED, o Boletín de Noticias RED 7/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Contratos fixos periódicos. Información do SEPE e da Dirección Xeral de Traballo.
  • Traballadores relevistas. Modificacións no ámbito de cotización.
  • Oficina virtual do Sistema Red. Acceso a Servizos de verificación de documentos.


18/07/2022- Novos Trámites Casia

Novos Trámites Casia

No servizo para a atención ao Autorizado RED “CASIA (Coordinación, Atención e Soporte Integral ao Autorizado RED)” incluíronse os seguintes trámites novos:

  • Materia Afiliación, altas e baixas: as variacións de datos indicadas poderanse solicitar mediante Casia unha vez transcorrido o prazo dispoñible en RED para a súa comunicación:
    • Grupo de cotización
    • Categoría Profesional
    • Relación Laboral de Carácter Especial
    • Exclusión cotización
    • Relevo
    • Causa substitución
    • Inactividad_CTP_Actividad Huelga/ERE
    • Situacións Adicionais de Afiliación
    • Perda de Beneficios
    • Outros Datos da Relación Laboral
    • Solicitude de Comunicación de ERTE Fóra de Prazo RED.
  • Amplíase tamén o catálogo Casia aos seguintes trámites que non se poden realizar a través das funcionalidades do Sistema RED:
    • Solicitude de Anotación de Salarios de Tramitación
    • Solicitude de Distribución de topes de cotización en pluriemprego
  • Suprimíronse os seguintes Trámites relativos a ERTE existentes ata agora:
    • ERTE e situacións Especiais 406
    • Achegar documentación da Existencia de ERTE

31/08/2022- Aviso peche de servizos.

Aviso peche de servizos.

Con motivo da implantación de novas funcionalidades no Sistema de Liquidación Directa, comunícase que se van pechar, dende mañá día 1 de setembro, os servizos de RED Directo e SLD, previsiblemente durante dous días. Durante este tempo non se procesarán ficheiros. Esta parada non afecta os ficheiros nin os servizos de afiliación, que permanecerán abertos. Informarase por esta mesma vía da apertura dos servizos.


01/09/2022- Novo servizo en SEDESS - Solicitude de reintegro de prestación por IT aboada en réxime de pagamento delegado e non deducida nos boletíns de cotización

Novo servizo en SEDES - Solicitude de reintegro de prestación por IT aboada en réxime de pagamento delegado e non deducida nos boletíns de cotización

Infórmase da creación dun novo servizo na Sede Electrónica da Seguridade Social para a tramitación a través de rexistro electrónico. Trátase do trámite Solicitude de reintegro de prestación por incapacidade temporal aboada en réxime de pagamento delegado e non deducida nos boletíns de cotización que se encontra situado no apartado “Empresas” dentro do subapartado “Prestacións”.
A través do citado servizo, as empresas que colaboran obrigatoriamente no pagamento delegado da prestación de incapacidade temporal segundo o artigo 102.1.b do TRLGSS, poderán anexar a solicitude de reintegro da prestación de incapacidade temporal aboada en pagamento delegado que non fose deducida nos boletíns de cotización. A provincia de trámite será aquela onde teña o seu domicilio a empresa que solicita o reintegro.


02/09/2022- Servizos SLD

Servizos SLD

Infórmase que, tras o peche iniciado onte, día 1 de setembro, xa están de novo abertos os servizos RED Directo e SLD e estanse a procesar os ficheiros.

25 de outubro de 2022- Boletín de Noticias RED 9/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 9/2022, que contén os seguintes puntos

  • Contratos de substitución bonificados RDL 11/1998. Aclaración Declaración Responsable Relación Familiar.
  • Contratos deportistas profesionais.
  • Contratos de acceso de persoal investigador doutor Lei 17/2022.
  • Novos trámites dispoñibles en CASIA.
  • Publicación nova versión SILTRA 3.1.4.


21/10/2022- Nova versión de SILTRA 3.1.4

Nova versión de SILTRA 3.1.4

Infórmase que o vindeiro día 25 de outubro se vai publicar unha nova versión de SILTRA (versión 3.1.4).
Esta versión contén as mesmas funcionalidades que a 3.1.3 pero incorpora unha corrección que soluciona un problema de conexión coa TGSS se se utiliza a versión de Java 8 update 351.

Os usuarios que xa actualizaron as súas instalacións a esta versión da máquina virtual de Java (update 351) e teñen instalada a versión 3.1.3 ou anterior, deberán descargar manualmente a versión 3.1.4.

Os usuarios coa versión 3.1.3 e versión da máquina virtual de Java anterior ao update 351 poderán actualizarse automaticamente.

A versión 3.1.4 pode descargarse manualmente da web da Seguridade Social na seguinte ruta:
Sistema RED/Sistema de Liquidación Directa/Software/SILTRA

Para información sobre a instalación de actualizacións, pode acudir á web da Seguridade Social na seguinte ruta:
Sistema RED/Sistema de Liquidación Directa/Documentación/Manuais de Usuario/Manuais SILTRA

As posibles casuísticas que se poden producir nas instalacións dos autorizados recóllense na seguinte táboa:

Versión de SILTRA Versión máquina virtual de Java
Pódese actualizar automaticamente
Acción a realizar
3.1.2 ou anterior Java 8 update 341 ou anterior Non
(problema das descargas automáticas resolto na versión 3.1.3)
Descargar manualmente a versión 3.1.4 da web da Seguridade Social na seguinte ruta:
Sistema RED/Sistema de Liquidación Directa/Software/SILTRA
3.1.2 ou anterior Java 8 update 351
Non
3.1.3 Java 8 update 351
Non
3.1.3
Java 8 update 341 ou anterior
SI Poden optar por actualizar a versión 3.1.4 de xeito automático ou manual

28/11/2022- Novo servizo de “Consulta/Modificación delegación recepción comunicacións de oficio” en Xestión de Usuarios de Autorizacións Red

Infórmase que, de cara a facilitar a xestión das mensaxes depositadas na caixa de correo RED do usuario principal, se creou na Oficina Virtual do Sistema RED, dentro do apartado “Xestión de Usuarios"Situado na pestana de “Xestión de Autorizacións”, un novo servizo denominado “Consulta/Modificación delegación recepción comunicacións de oficio”. Mediante este novo servizo o usuario principal poderá delegar nas caixas de correo RED de calquera dos seus usuarios secundarios a recepción das mensaxes que se lle remitan de oficio a través do devandito sistema dende os organismos e entidades da Administración da Seguridade Social; o usuario principal continuará recibindo na súa propia caixa de correo RED e non poderá delegar a recepción das mensaxes que se produzan como resposta a unha acción realizada previamente por el neste sistema.

Para iso as mensaxes de oficio cuxa recepción se definiu como delegable, agrupáronse nas seguintes materias:

  • AFI: comunicacións emitidas pola TGSS en materia de Afiliación.

  • COT: comunicacións emitidas pola TGSS en materia de Cotización.

  • INSS: comunicacións emitidas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) sobre procesos de IT.

  • FIEI: remisión do Ficheiro do INSS para a Empresa.

O usuario principal poderá delegar a recepción das mensaxes de todas ou dalgunhas das materias, de forma independente, e a este ou a distintos usuarios secundarios, baixo o principio de que só se permitirá un único receptor por cada materia, e que a delegación afectará todas as mensaxes clasificadas dentro de cada unha das materias nas que se estableceron as comunicacións delegables; o cambio de usuario receptor terá efectos dende as 0 horas do día seguinte ao da solicitude.

A táboa de relación entre mensaxes e materias pode consultarse en menús despregables accesibles dende o propio servizo, e na descrición deste que se incluíu na nova versión do “Manual Xestión Autorizacións” que se encontra actualizado e a disposición dos usuarios na seguinte ruta da páxina web: Inicio/Información útil /Sistema RED /Incorporación Sistema RED. Autorizacións /Documentación /Manuais Usuario

22/11/2022- Nova aplicación xestión online de Partes de Incapacidade Temporal (INCAWEB)

NOVA APLICACIÓN XESTIÓN ONLINE DE PARTES DE INCAPACIDADE TEMPORAL (INCAWEB)

Infórmase de que, a partir do 23 de novembro de 2022, estará dispoñible unha nova versión da aplicación “XESTIÓN ONLINE DE PARTES DE INCAPACIDADE TEMPORAL” (INCAWEB), situada no sistema RED Online. Esta nova versión:

  • É compatible con todos os navegadores de internet.
  • Permite a descarga en formato PDF dos informes xerados pola gravación de partes de baixa, confirmación e alta de Incapacidade Temporal.

Así mesmo, elaborouse un novo Manual de Usuario titulado “Manual de Usuario da nova aplicación de Xestión Online de Partes de Incapacidade Temporal”, no que se explican as funcionalidades desta nova versión, e que está dispoñible no apartado Sistema Red/ INSS/ Manuais de usuario.



28/11/2022- Aviso Servizo telefónico

Aviso Servizo telefónico
Debido a circunstancias alleas a esta Tesouraría Xeral, é posible que durante o luns 28 de novembro o servizo de atención telefónica poida non ser prestado con normalidade. Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

12/12/2022- Corrección incidencias nova aplicación xestión online de partes de incapacidade temporal (INCAWEB)

Corrección incidencias nova aplicación xestión online de partes de incapacidade temporal (INCAWEB)

Infórmase que, dende esta mañá, está en funcionamento unha nova versión a aplicación “XESTIÓN ONLINE DE PARTES DE INCAPACIDADE TEMPORAL” (INCAWEB) que corrixe todas as incidencias detectadas ata o momento. Co fin de que esta nova versión funcione correctamente, recoméndase aos usuarios das autorizacións RED que limpen a caché dos navegadores que utilicen.

Aqueles usuarios que detecten novas incidencias na aplicación deben comunicarllas ao Instituto Nacional da Seguridade Social a través da caixa de correo it.inss-sscc.area-pago-delegado@seg-social.es ou a través da liña telefónica 901 50 20 50 e 91 541 02 91 marcando a opción 1.2 “Para incidencias con partes médicos de IT no Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa”.

15/12/2022- Aviso Peche de Servizos

Aviso peche de Servizos 

Infórmase de que, como consecuencia dunha incidencia sobrevida nos programas informáticos, se vai producir unha interrupción temporal nos servizos online do Sistema RED, RED Directo e Sistema de Liquidación Directa. Informarase oportunamente do momento do restablecemento do servizo.


28/12/2022- Boletín de Noticias RED 10/2022

Atópase dispoñible na área de Noticias RED o Boletín de Noticias RED 10/2022, que contén os seguintes puntos:

  • Lei 12/2022. Reducións de cotas polas contribucións empresariais aos plans de emprego.
  • Lei 31/2022. Mecanismo de equidade interxeracional -MEI-.
  • Lei 31/2022. Redución de cotas da Seguridade Social nas provincias de Cuenca, Soria e Teruel. Traballadores por conta allea.
  • Lei 31/2022. Cotización reducida á Seguridade Social nas provincias de Cuenca, Soria e Teruel. Traballadores por conta propia.
  • Real Decreto-Lei 16/2022. Sistema Especial para empregados do fogar.
  • Real Decreto-Lei 20/2022, do 27 de decembro.
  • Actualización bases normalizadas de minería do carbón exercicio 2022.
  • Real Decreto 504/2022. Clasificación nacional de ocupacións.
  • Instrucións para a asignación do número de Seguridade Social e alta de investigadores de nacionalidade estranxeira que sexan contratados sobre a base dos tipos de contrato regulamentados na Lei 14/2011, da 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.
  • Contrato formativo en alternancia (art. 11.2 RDL 2/2015)
  • Mecanismo de equidade interxeracional -MEI-. Actuacións específicas para realizar polas mutuas colaboradoras.

16/12/2022 - Apertura servizos

Unha vez emendada a incidencia procedeuse no día de hoxe, 16 de decembro, á apertura dos servizos on-line do Sistema RED, RED Directo e Sistema de Liquidación Directa.

29/12/2022- Corrección incidencias detectadas na aplicación xestión online de partes de incapacidade temporal (INCAWEB)

Corrección incidencias detectadas na aplicación xestión online de partes de incapacidade temporal (INCAWEB)

Infórmase que dende hoxe xa están corrixidas todas as incidencias detectadas ata o momento na aplicación de “XESTIÓN ONLINE DE PARTES DE INCAPACIDADE TEMPORAL” (INCAWEB).
En calquera caso, recórdase que aqueles usuarios que detecten novas incidencias na aplicación deben comunicarllas ao Instituto Nacional da Seguridade Social a través da caixa de correo it.inss-sscc.area-pago-delegado@seg-social.es ou a través da liña telefónica 901 50 20 50 e 91 541 02 91 marcando a opción 1.2 “Para incidencias con partes médicos de IT no Sistema RED ou Sistema de Liquidación Directa”.


30/12/2022- Fe de erratas do Boletín de Noticias RED 10/2022.

Encóntrase dispoñible na área de Noticias RED unha Fe de erratas do Boletín de Noticias RED 10/2022.

Complementary Content
${loading}