Requisitos técnicos
Soporte físico
Ordenador: RED Directo require a utilización dun ordenador coas seguintes características mínimas:
- Procesador tipo Core 2 1,06 Ghz.
- 1 GB de memoria RAM.
- 60 Mb dispoñibles de disco duro.
- Pantalla VGA ou superior.
- Teclado estándar 101/102.
Conexión a Internet mediante ADSL, WIFI.
Soporte lóxico
RED Directo é compatible cos seguintes sistemas operativos:
- Sistema Operativo Windows de 32 Bits / 64 Bits
- Windows 7 ou superior. A TGSS non garante un correcto funcionamento con outras versións anteriores de Windows.
- Windows 7 ou superior. A TGSS non garante un correcto funcionamento con outras versións anteriores de Windows.
- Sistemas operativos LINUX actualizados e con Adobe Reader instalado (para visualizar determinados informes, con outros visores, poden saír en branco).
- Outros sistemas operativos Android/IOS sempre que a súa versión permita a instalación de certificados dixitais e se usen navegadores compatibles (consultar provedor do certificado para compatibilidade, instalación e uso do certificado), na Unidade de Atención ao Usuario do Sistema RED non se poderá facilitar soporte de instalación de certificados nestes sistemas operativos.
Navegador de Internet: programa que permite transitar pola rede. Fornece unha interface gráfica interactiva para buscar, localizar, ver e administrar a información a través do web. O navegador é indispensable á hora de conectarse, pois funcionan como ventás que amosan a información contida nas páxinas dun servidor web.
Os navegadores compatibles actualmente son:
- Internet Explorer 8 ou superior
- Mozilla Firefox
- Google Crhome
- Edge