Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
A alta, a baixa e as variacións de datos son comunicacións obrigatorias que deben facerse á Seguridade Social para informar sobre o comezo da actividade laboral dun traballador, sobre o cesamento nesta ou sobre as modificacións de datos identificativos e laborais dos traballadores afiliados á Seguridade Social.
Suxeitos:
Está obrigado o empresario a solicitar a alta, a baixa e a comunicar as variacións de datos de todos os seus traballadores. Esta obriga pódea asumir, de mutuo acordo, o traballador que realice unha actividade laboral inferior a 60 horas ao mes por empregador.
Previa ao inicio da relación laboral ata 60 días antes.
Solicitude da Baixa:
3 días naturais dende o cesamento da actividade laboral.
Variación de datos:
3 días naturais.
Efectos:
Alta:
As altas presentadas con carácter previo producen efectos a partir do día en que se inicie a actividade.
As altas presentadas fóra de prazo terán efectos dende o día en que se presente a solicitude, agás que o ingreso das cotas se tivese producido no prazo regulamentario, en cuxo caso a alta retrotraerá os seus efectos á data en que se ingresasen as primeiras cotas correspondentes ao traballador de que se trate.
As altas realizadas de oficio retrotraerán os seus efectos á data en que os feitos que as motiven fosen coñecidos.
Baixa:
A baixa do traballador producirá efectos dende o cesamento na prestación dos servizos.
A solicitude de baixa do traballador extinguirá a obriga de cotizar dende o cesamento no traballo.
Se a baixa se solicita fóra de prazo, a obriga de cotizar extínguese o día en que a Tesouraría Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo.
Cando a Tesouraría Xeral da Seguridade Social curse a baixa de oficio, a obriga de cotizar extinguirase dende o mesmo día en que se levase a cabo a actuación inspectora, ou se recibisen os datos ou documentos que acrediten o cesamento no traballo.
Outros datos de interese:
Os empresarios están obrigados a comunicar a alta, a baixa ou a variación de datos dos traballadores que presten servizos na súa empresa. En caso de non facelo poderá facelo o traballador directamente na Tesourería Xeral da Seguridade Social. As altas, baixas ou variacións de datos poderán realizalas a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social e Administración da provincia cando non o efectuasen nin a empresa nin o traballador.