Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Convenio especial para deportistas de alto nivel

Procedemento

Procedemento do Convenio especial para deportistas de alto nivel

Información Xeral


Obxecto:

O obxecto deste convenio especial é a cobertura da Xubilación, Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia, Servizos Sociais e Asistencia Sanitaria derivadas de continxencias comúns

Beneficiarios:

Os deportistas de alto nivel, maiores de dezaoito anos que, en razón da súa actividade deportiva ou de calquera outra actividade profesional que realicen non estean xa incluídos en calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:
  • Do Documento Nacional de Identidade, Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo o caso.
  • Acreditación de ser deportista de alto nivel.
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial.

Prazos:

Nos 90 días naturais contados desde o seguinte á publicación no BOE da relación en que figure como deportista de alto nivel.

Máis información sobre prazos

Efectos:

Producirá efectos dende o día primeiro do mes en que adquirise a condición de deportista de alto nivel.

Máis información sobre efectos

Requisitos:
  • Ser maior de 18 anos.
  • Ter recoñecida a condición de deportista de alto nivel.

Máis información sobre requisitos

Extinción:

Causas de extinción:

  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.
  • Por falta de aboamento de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Por falecemento do interesado.
  • Por decisión do interesado debidamente comunicada á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}