Procedemento de Prestación por Desemprego de Nivel Contributivo
A continuación preséntase o procedemento xeral.
Que é a Prestación por Desemprego de Nivel Contributivo?
É unha prestación económica que se outorga a aqueles traballadores que podendo e querendo traballar, perden o seu emprego ou ven reducida temporalmente a súa xornada ordinaria de traballo.
Quen pode solicitalo?
Todos os traballadores do mar por conta allea, tanto os retribuídos a salario como os retribuídos á parte, que teñan previsto cotizar pola continxencia de Desemprego.
Que trámites se teñen que realizar?
Deberase encher a Solicitude de Prestación por Desemprego, achegando a documentación indicada no modelo.
Onde se tramita?
No Centro do Instituto Social da Mariña que lle corresponda polo seu domicilio ou por Internet a través da sede electrónica do SEPE.