Procedemento de prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares
A continuación preséntase o procedemento xeral
Que é a prestación non económica?
É unha prestación familiar contributiva que consiste en considerar efectivamente cotizados:
-
Os períodos de ata tres anos de excedencia que os traballadores gocen por coidado de cada fillo ou menor acollido.
-
Os tres primeiros anos do período de excedencia que os traballadores gocen por coidado doutros familiares.
-
O incremento, ata o 100 por cento, das cotizacións realizadas en determinados supostos de redución de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade.
Que trámites se deben de realizar?
A empresa deberá comunicar á Tesouraría Xeral da Seguridade Social o inicio e a finalización da excedencia con reserva do posto de traballo.
Onde se tramita?
A través do sistema RED ou en calquera Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS).
O recoñecemento das cotizacións realízao a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS).
Que prazo hai para solicitar a prestación?
O dereito ao recoñecemento desta prestación non prescribe, polo que se poderá solicitar en todo momento.