Procedemento de Convenio Especial para a cotización adicional dos traballadores de Axencias de Aduanas afectados pola incorporación de España ao Mercado Único Europeo
A continuación preséntase o procedemento xeral.
Quen pode solicitalo?
Os traballadores que perderon o seu traballo no proceso de reestruturación de empresas do sector de axencias de aduanas como consecuencia da incorporación de España ao Mercado Único Europeo (acontecida o 01-01-1993).
Cando teñen que presentalo?
Antes do 31-01-2010.
Que trámites teñen que realizar?
Deberán presentar o modelo TA-0040 e a acreditación de atoparse en alta nunha axencia de aduanas o 01-01-1992 e ter unha baixa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 1993.
Onde se tramita?
Vía Presencial:
Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.
Vía telemática:
A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.