Procedemento do Convenio especial para a formación. Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro
A continuación preséntase o procedemento xeral
Quen pode solicitalo?
- Persoas que o día 1.11.2011 estean a recibir cursos de formación con prestación económica ou os recibisen con anterioridade.
- Persoas que participasen en programas de formación investigadora antes do 4 de novembro de 2003.
Cando ten que presentalo?
Dende o 1.11.2011 e ata o 31.12.2014. (*)
(*) Recoñeceranse como asimilados á alta os períodos de formación realizados anteriores ao 01/11/2011 e ata 2 anos como máximo.
Que trámites se teñen que realizar?
Presentar o modelo |TA-0040 Formación e os certificados acreditativos dos períodos de formación.
Onde se tramita?
Vía Presencial:
Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante.
Vía telemática:
A través da Sede Electrónica, se dispón dun certificado dixital.