Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Outros datos de interese

  • Os períodos de seguro acreditados en calquera dos dous países, antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito ás prestacións que se recoñezan ao seu amparo.
  • As pensións que fosen concedidas por un ou  ambos os países ou os dereitos a prestacións ou rendas que fosen denegados ou suspendidos antes da entrada en vigor do convenio, serán revisadas ou restablecidas, a petición dos interesados, sempre que a solicitude de revisión ou de restablecemento dos dereitos se presente nun prazo máximo dun ano a partir da entrada en vigor do Convenio. Non obstante, non se revisarán as prestacións aboadas que consistisen nun pagamento único.
  • A aplicación do convenio permite o exame do dereito a prestacións por continxencias que tivesen lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor, se ben, o aboamento destas non se efectuará en ningún caso por períodos anteriores a súa vixencia.
  • O presente convenio garante os dereitos adquiridos ao abeiro do Convenio do 14 de abril de 1978.
Complementary Content
${loading}