Outros datos de interese
- Os períodos de seguro acreditados en calquera dos países antes da data de entrada en vigor do Convenio serán tomados en conta para a determinación do dereito ás prestacións que se recoñezan ao seu amparo.
- No suposto de que se produza unha superposición de períodos de seguro que correspondan a períodos anteriores á entrada en vigor do convenio, cada un dos países tomará en consideración os períodos acreditados na súa lexislación para determinar o dereito á prestación así como a súa contía.
- A aplicación do Convenio permite avaliar o dereito a percibir prestacións por continxencias que tiveran lugar con anterioridade á data da súa entrada en vigor. Porén, o aboamento destas non se efectuará, en ningún caso, por períodos anteriores a esa data.
- As pensións concedidas ou denegadas por un ou ambos os países antes da entrada en vigor do Convenio serán revisadas, a petición dos interesados, sempre que a solicitude de revisión se presente no prazo máximo dun ano a partir da entrada en vigor do Convenio. Non obstante, non se revisarán as prestacións que consistiran nun pagamento único ou que se constituíran en cousa xulgada ou, no caso de Colombia, se acordaran co interesado.