Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral. Así e todo, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social baseándose nos termos e cumprindo os requisitos que se indican a continuación:
Só se aplica aos traballadores españois ou colombianos.
Desprazamento inicial
Para os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada a Colombia para realizar temporalmente a súa actividade alí e para os traballadores por conta propia en España que se trasladan a Colombia para exercer a súa actividade temporalmente alí deben solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Formulario que se debe tramitar
A empresa ou traballador por contra propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e deberán achegar ademais o certificado E/COL.1(Cert.), cuberto por triplicado.
O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á seguridade social colombiana.
Período de autorización
O prazo máximo de duración do desprazamento é de tres anos.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea ou por conta propia teñen que prolongar a súa estadía nese país máis alá dos tres anos inicialmente previstos, o empresario ou traballador por conta propia deberá solicitar con tres meses de antelación á finalización do período mencionado a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".
O prazo máximo da prórroga é de tres anos.
Outros desprazamentos
Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social
Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:
-
O persoal itinerante de empresas de transporte aéreo con sede en España, que exerce a actividade en ambos países.
-
Traballadores asalariados que exercen a súa actividade a bordo dun buque con bandeira colombiana pero son remunerados por unha empresa ou persoa con domicilio en España.
-
Traballadores españois que residen en España e que prestan os seus servizos nunha empresa pesqueira mixta constituída en Colombia e nun buque con bandeira colombiana.
A autorización expedirase a través do modelo E/COL.1(Cert.) "Certificación relativa á lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.
Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.
Para os desprazamentos de:
-
Funcionarios españois destinados en Colombia (agás os membros do persoa das misións diplomáticas e consulares).
-
Persoas enviadas en misións de cooperación.
a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais expedirá o formulario E/COL.1(Cert.) para toda a duración do desprazamento, a petición do Organismo Público, da empresa ou do traballador. A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.
Para os desprazamentos de:
-
Os españois que desempeñan a súa actividade nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España en Colombia e
-
persoal ao servizo privado dos representantes das misións ou oficinas citadas anteriormente, con nacionalidade española,
que opten pola lexislación española de Seguridade Social, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral expedirá o formulario E/COL.3(Cert.) "Exercicio do dereito de opción", para toda a duración do desprazamento, a petición do organismo público ou do traballador, e terá que ser presentado por triplicado.
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos convenios bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Colombia, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/COL.2(Cert.), que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.