Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Prestacións incluídas no Convenio

Prestacións incluídas no Convenio

Información xeral

O Convenio aplícase ás seguintes prestacións:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións de carácter contributivo do sistema da Seguridade Social:

  • Prestacións económicas por maternidade
  • Prestacións por invalidez, vellez, morte e supervivencia.
  • Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.
En relación coa Arxentina:

Ás lexislacións relativas ás prestacións contributivas da Seguridade Social:

  • O réxime de Asignacións Familiares no que se refire exclusivamente á Asignación por Maternidade.
  • Os réximes de Xubilacións e Pensións baseadas no Sistema de Repartición ou na Capitalización Individual
  • O réxime de Riscos do Traballo.
Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:
  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e na Arxentina.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que se resida o se atope en España ou na Arxentina.
  • Cada país aboará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibila de cada un deles.

Maternidade

Para o recoñecemento destas prestacións sumaranse, se é necesario, os períodos de seguro acreditados en ambos os dous países.

Invalidez, Vellez e Supervivencia

1. Pensións da Seguridade Social española e xubilacións e pensións do sistema de repartición da Arxentina.Cada país examinará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:

  • Comprobarase se o interesado alcanza dereito á pensión tendo en conta unicamente os períodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.
  • Así mesmo, calcularase a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país. Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que a outorgue e a suma dos períodos de España e a Arxentina.
  • Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e aboará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.
  • No suposto de pensión de xubilación da Seguridade Social española para a que se totalizasen períodos de seguro arxentinos, a devandita totalización utilizarase igualmente para determinar a idade na que se pode acceder á pensión.

2. Xubilacións e pensións do sistema de capitalización individual arxentino:

  • Os traballadores afiliados a unha Administradora de Fondos de Xubilacións e Pensións terán dereito a prestacións con cargo ao importe acumulado nas súas contas de capitalización individual.
  • Estas prestacións engadiranse ás prestacións a cargo do Réxime Previsional Público ou de Repartición arxentino, se reúne os requisitos esixidos na lexislación arxentina.

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional

A prestación será determinada polo país a cuxa lexislación estivese suxeito o traballador na data na que se produciu o accidente ou na que contraeu a enfermidade.

Complementary Content
${loading}