Valore este contenido
Outros datos de interese
- Os períodos de seguro acreditados en calquera dos dous países antes da data de entrada en vigor do Convenio, serán tomados en conta para a determinación do dereito e a contía das prestacións que se recoñezan ao amparo deste.
- A aplicación deste Convenio outorgará dereito a prestacións por continxencias acaecidas con anterioridade á data da súa entrada en vigor. Con todo, o aboamento destas non se efectuará, en ningún caso, por períodos anteriores á entrada en vigor do presente Convenio.
- As pensións que fosen concedidas por unha ou ámbalas Partes ou os dereitos a pensións que fosen denegados antes da entrada en vigor deste Convenio, poderán ser revisados ao amparo deste e de acordo co procedemento legal establecido en cada Parte, a petición dos interesados.
- Non se revisarán as prestacións aboadas que consistisen nunha indemnización ou pagamento único.