Suíza
Entrada en vigor
Este convenio, publicado no Boletín Oficial do Estado do 1 de setembro de 1970, entrou en vigor desde esta mesma data.
Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación do país en cuxo territorio están exercendo a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación.
Só é aplicable a traballadores que non sexan nacionais da Unión Europea, nin suízos.
Desprazamento inicial
Para os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española e son desprazados por esta para realizar temporalmente a súa actividade en Suíza, solicitarase ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións desta, a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Os traballadores por conta propia non poden acollerse ao disposto neste apartado, para que nos seus desprazamentos a Suíza poidan manter a lexislación española de Seguridade Social. Así e todo, poden realizar a súa solicitude de acordo co establecido no apartado "Outras excepcións".
Formulario que se debe tramitar
A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e xuntaralle o formulario CH/E.1 "Certificado de desprazamento", cuberto en triplicado exemplar.
O formulario expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente, certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país. En consecuencia está exento de cotizar á Seguridade Social suíza.
Período de autorización
O prazo máximo de duración do desprazamento é de 24 meses.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea deben prolongar a súa estadía nese país máis alá dos dous anos inicialmente previstos, o empresario deberá solicitar, cunha antelación suficiente á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Suíza, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario CH/E., que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.
Período de autorización
O prazo máximo da prórroga non está especificado.
Outros desprazamentos
Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social
Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:
- persoal itinerante das empresas de transporte con sede en España
- Membros da tripulación de buques con bandeira española.
A autorización expedirase a través do modelo CH/E-1 "Certificado de desprazamento". A empresa, canda este formulario cuberto en triplicado exemplar, enviará a solicitude TA-200.
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española da Seguridade Social en aplicación do art. 17 do regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos convenios bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Suíza, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario CH/E.1, que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.
A tramitación das solicitudes relativas aos traballadores das liñas aéreas que se despracen a Suíza realízase na Tesourería Xeral da Seguridade Social (Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais), emitindo, a petición da empresa, o formulario CH/E-1, "Certificado de desprazamento", con validez para todo o período que dure o desprazamento.
Asistencia sanitaria
O convenio só recolle a prestación de asistencia sanitaria causada por accidente de traballo ou enfermidade profesional. Por solicitude do organismo suízo, a Dirección Provincial do Instituto Nacional de Seguridade Social emite os certificados correspondentes.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
39919 CH-E.1.-(SUIZA) |
|
16/04/2008 |