Entrada en vigor
O Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social constitúe un instrumento de coordinación das lexislacións de Seguridade Social, en materia de pensións dos diferentes Estados Iberoamericanos que o ratifiquen e que, ademais, subscriban o Acordo de Aplicación.
O Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social asinouse o 10 de novembro de 2007. A súa entrada en vigor produciuse o 1 de maio de 2011, tras a súa ratificación por sete Estados. Non obstante, para que a entrada en vigor nos Estados Parte que o ratificado teña efectividade é necesario que estes Estados Parte subscriban o Acordo de Aplicación que o desenvolve.
Ata o momento, as dúas condicións salientadas no apartado anterior, foron satisfeitas por España, A Arxentina, Bolivia, O Brasil, Chile, O Salvador, O Ecuador, O Paraguai, Portugal, O Uruguai e República Dominicana. En España e Bolivia o Convenio ten efectividade dende o 1 de maio de 2011, no Brasil dende o 19 de maio de 2011, no Ecuador dende o 20 de xuño de 2011, en Chile dende o 1 de setembro de 2011, no Uruguai dende o 1 de outubro de 2011, no Paraguai dende o 28 de outubro de 2011, no Salvador dende o 17 de novembro de 2012, en Portugal dende o 21 de xullo de 2014 e na Arxentina dende o 1 de agosto de 2016, en Perú desde o 20 de outubro de 2016, en República Dominicana dende o 14 de xullo de 2020 e en Colombia dende o 1 de agosto de 2023.
Se existen Convenios bilaterais de Seguridade Social entre dous Estados Parte, aplicaranse as disposicións que resulten máis favorables ao interesado. No caso de España existen Convenios bilaterais coa Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, O Paraguai, O Uruguai, Perú e República Dominicana.
Os textos do Convenio Multilateral Iberoamericano de Seguridade Social e do seu Acordo de Aplicación foron publicados no Boletín Oficial del Estado do 8 de xaneiro de 2011.