Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Suspensión dos procedementos recadatorios

Ata o 28 de febreiro de 2025 quedarán suspendidos todos os procedementos recadatorios de cotas de Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, así como de calquera outro recurso do sistema de Seguridade Social, respecto a empresas con domicilio de actividade nas localidades afectadas, así como dos traballadores por conta propia e traballadores autónomos do Réxime Especial de Traballadores do Mar, con domicilio de residencia ou de actividade nas referidas localidades.

Debe realizarse algún tipo de actuación para que se aplique esta medida?

Esta medida aplícase de forma automática pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sen que se deba efectuar ningún tipo de solicitude ao respecto.


Tanto o inicio dos procedementos de recadación das cotas de Seguridade Social e conceptos de recadación conxunta, como a continuación das súas actuacións, dirixidas tanto ás empresas afectadas pola DINA, como aos traballadores autónomos incluídos en calquera dos réximes da Seguridade Social afectados pola emerxencia de protección civil, quedan suspendidos desde o 7 de novembro de 2024 ata o 28 de febreiro de 2025. A partir da finalización deste prazo poderán iniciarse ou proseguirse as actuacións do procedemento recadatorio da Seguridade Social.

Esta suspensión será de aplicación igualmente aos recursos obxecto da xestión recadatoria da Seguridade Social distintos a cotas.


Complementary Content
${loading}