Como acceder
Cl@ve permanente
Cl@ve permanente é un contrasinal que poderás definir no momento de activación e que ten unha validez de 1 ano. Unha vez activada, poderás acceder aos servizos da administración co número do teu documento de identidade e o contrasinal que estableceses.
Para activar a túa Cl@ve permanente precisarás o código de activación que obtiveches ao rexistrarte en Cl@ve. Unha vez activado en clave permanente podes cambiar o teu contrasinal ou, se non o lembras, volver activalo dende os servizos de Cl@ve: xestión de contrasinais. No caso de volver activalo por esquecemento, precisarás de novo o código de activación.
Unha vez rexistrado se non atopas ou non lembras o código de activación podes solicitalo dende rexenerar código de activación.
Ao seleccionar Cl@ve Permanente como modo de acceso para acceder a un servizo de administración electrónica, o sistema pedirache que introduzas o teu documento de identidade e o teu contrasinal.
Se o contrasinal introducido é correcto, e o servizo non require un nivel de seguridade máis elevado, permitirache o acceso a este.
Para os servizos de administración electrónica que requiran un nivel de seguridade elevado, o sistema reforza a autenticación coa solicitude de introdución dun código numérico dun só uso (One Time Password, OTP) que se envía previamente por mensaxe SMS ao teléfono móbil que rexistraches en Cl@ve.
O sistema Cl@ve por rexistro avanzado incorpora a posibilidade de realizar sinatura electrónica mediante certificados electrónicos centralizados, é dicir certificados electrónicos almacenados e custodiados pola Administración Pública.