Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

DNI electrónico

Que é o DNI electrónico?

O documento nacional de identidade electrónico é o documento que acredita física e dixitalmente a identidade persoal do seu titular e permite a sinatura electrónica de documentos.
A súa principal vantaxe é que, ademais de identificar ao usuario perante terceiros, permite a sinatura electrónica. O novo DNI achega seguridade, rapidez, comodidade e a inmediata realización de trámites administrativos e comerciais a través de medios telemáticos.

Presenta un chip electrónico que contén os mesmos datos que aparecen impresos na tarxeta (datos persoais, fotografía, sinatura dixitalizada, pegada dactilar dixitalizada) xunto cos certificados de autenticación e de sinatura electrónica.

Os certificados electrónicos recoñecidos incorporados nel terán un período de vixencia de 30 meses. Pasado ese tempo poderase solicitar a expedición de novos certificados recoñecidos mantendo a mesma tarxeta do documento nacional de identidade mentres o devandito documento continúe vixente.

Mediante o DNI electrónico poderemos garantir a identidade dos interlocutores dunha comunicación telemática xa sexa para intercambio de información, acceso a datos, compra por Internet ou realización de trámites coas entidades financeiras e Administracións Públicas. Ademais permite xestionar mellor o acceso ao espazo de traballo, ao ordenador persoal e á información que conteña.

Pódese obter máis información sobre o DNI electrónico a través da seguinte páxina pertencente ao Ministerio do Interior: http://www.dnielectronico.es

Obtención do DNI Electrónico

Solicitude e Obtención do DNI  electrónico

O usuario deberá comparecer fisicamente nunha Comisaría de policía, para a obtención do DNI Electrónico. A través da páxina web do Ministerio do Interior, pode consultarse a oficina máis próxima para a tramitación do documento: http://www.interior.gob.es

Deberán achegar a documentación necesaria para a obtención do DNI  electrónico, tal e como aparece no seguinte enderezo: http://www.dnielectronico.es/

O DNI electrónico expedirase no momento.

Complementary Content
${loading}