Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións asume a Xestión das pensións de clases pasivas a partir do 6 de outubro

A partir do día 6 de outubro de 2020, o réxime de Clases Pasivas do Estado queda integrado no Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións mediante a adscrición provisional  da Subdirección Xeral de Xestión de Clases Pasivas á Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social. A pesar do anterior, nas Delegacións provinciais de Economía e Facenda continuará existindo unha sección de Clases Pasivas para prestar información e atención aos cidadáns con relación a calquera trámite ou xestión en materia de Clases Pasivas.

Igualmente, para calquera cuestión relacionada co Réxime de Clases Pasivas, os cidadáns teñen á súa disposición o portal de Clases Pasivas (www.portalclasespasivas.gob.es). Neste portal pódese consultar información detallada e actualizada dos distintos tipos de prestacións xestionadas pola Subdirección Xeral de Xestión de Clases Pasivas, e  poderá, entre outras cousas, obter os formularios para solicitar tales prestacións e coñecer a normativa que as regula. Igualmente, dentro da lapela “Servizos”,  poderá solicitar cita previa para ser atendido presencialmente,  como tamén formular calquera consulta a través  dun formulario específico que se encontra no apartado “Caixa de correo de consultas”, ou calcular o importe da súa futura pensión, se é un funcionario próximo a xubilarse ou retirarse.

Complementary Content
${loading}