ACGISS. Tipos de Certificado e Políticas de certificación
Ata o momento a ACGISS emite catro tipos de certificados:
- Certificados de Empregado Público, que son emitidos a empregados públicos (persoal funcionario, laboral e eventual) da Seguridade Social e teñen con propósito de identificación, sinatura electrónica recoñecida e cifrado de datos, para o desempeño das funcións propias do posto que ocupen ou para relacionarse con outras Administracións Públicas cando estas o admitan.
- Certificados de Persoal Externo, que son emitidos a traballadores externos que prestan os seus servizos nas oficinas da Seguridade Social. Comparten funcionalidade e propósito cos certificados de Empregado Público.
- Certificados de selo. Emitidos a organismos da Seguridade Social con propósito de sinatura de documentos administrativos no ámbito das súas funcións.
- Certificados de sede. Emitido á Seguridade Social e con propósito da súa autenticación e cifrado das canles de comunicación coa futura Sede Electrónica da Seguridade Social.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
Declaración de Prácticas de Certificación da Xerencia de Informática da Seguridade Social |
|
22/03/2010 |
Certificados de Empregado Público e de Persoal Externo. Políticas de certificación |
|
22/03/2010 |
Certificados de selo electrónico. Políticas de certificación. Xaneiro 2011 |
|
13/04/2011 |
Certificados de sede electrónica. Políticas de certificación |
|
22/03/2010 |