Categoría:
> Tema:
Os traballadores por conta propia ou autónomos teñen a obriga de presentar no INSS, nun prazo de 15 días desde o inicio da situación de IT, a declaración sobre a persoa que xestiona directamente o establecemento mercantil, industrial ou doutra natureza ou, no seu caso, de cesamento temporal ou definitivo da actividade co fin de que a Administración poida verificar a situación na que queda o establecemento do que é titular durante a situación de IT.
Non obstante, só procede iniciar un expediente sancionador se a presentación da declaración se produce transcorridos 45 días desde a baixa médica.
A non presentación da declaración ou a declaración extemporánea, considérase unha infracción leve e por conseguinte sanciónase coa perda da prestación durante un mes.
Non é un documento preceptivo, senón obrigatorio, polo que se poderá tramitar o expediente aínda que non se dispoña da declaración. Se o traballador reúne todos os requisitos, resolverase o expediente aprobándoo pero non se pagará o subsidio e manterase a suspensión no pagamento ata que se presente a declaración.