Pensionistas e pensións nacionais
Tema: Beneficiarios / Requisitos
-
Beneficiarios / Requisitos
-
Cal é a idade esixida para acceder á xubilación?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosA idade de acceso á pensión de xubilación depende da idade do interesado e das cotizacións acumuladas ao longo da súa vida laboral.
As idades de xubilación e os períodos de cotización aplicaranse de forma gradual ata o 2027.
A idade mínima pode ser rebaixada ou anticipada, só para traballadores en alta ou en situación asimilada á de alta, en determinados supostos especiais.Accións dispoñibles -
Se se cotizou a varios réximes, cal deles recoñecerá a pensión de xubilación?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosEn primeiro lugar, recoñecerá a pensión o réxime no que o interesado estea en alta no momento do feito causante ou o último no que se produciu esa circunstancia, sempre que reúna todos os requisitos. En caso de non corresponder o dereito, aplicarase a mesma fórmula nos réximes anteriores.
Se en ningún deles se acreditan os requisitos necesarios, resolverá o réxime no que o interesado acredite maior número de cotizacións, previa totalización de todas as que acredite o interesado.
Se o traballador non acredita o requisito da idade esixido no réxime no que acredite o maior número de cotizacións, poderá recoñecerse a pensión por ese réxime sempre que cumpra o requisito de idade nalgún dos demais réximes que se tivesen en conta para a totalización de períodos de cotización, ademais do resto de requisitos esixibles para iso (5 anos ou 1/4 das cotizacións no réxime que permite a xubilación anticipada).
Accións dispoñibles -
Poden xubilarse os traballadores autónomos antes da idade regulamentaria de xubilación?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosSe o traballador "ten a condición de mutualista", podería xubilarse a partir dos 60 anos sempre que cumpra determinados requisitos.
Se o traballador "non ten a condición de mutualista" e cesa como Autónomo, podería xubilarse a unha idade inferior en dous anos, como máximo, á idade que regulamentariamente lle sería de aplicación, sempre que alcance o resto dos requisitos esixidos.
Accións dispoñibles -
En que consiste a bonificación de idade por discapacidade?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosOs períodos efectivamente traballados (como traballador por conta allea incluído no Réxime Xeral, así como nos réximes especiais de Traballadores do Mar e da Minaría do Carbón), nos que o traballador acredite unha discapacidade igual ou superior ao 65%, multiplícanse polo coeficiente redutor que corresponda:
-
O coeficiente do 0,25, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
-
O coeficiente do 0,50, nos casos en que o traballador teña acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% e acredite a necesidade do concurso doutra persoa para a realización dos actos esenciais da vida ordinaria.
O resultado en días súmase á idade real do traballador e obtense a idade ficticia que será a tida en conta para os efectos da pensión de xubilación.
Accións dispoñibles -
-
A que traballadores se lles aplica a xubilación parcial?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosA xubilación parcial é aplicable aos traballadores por conta allea, a tempo completo, integrados en calquera réxime por conta allea da Seguridade Social. Non é aplicable ao persoal con relación funcionarial ou estatutaria, conselleiros ou administradores asimilados a traballadores por conta allea, representantes de comercio e artistas.
Respecto dos traballadores por conta propia, o artigo 318 do Texto Refundido da LGSS, dispón que a xubilación parcial resultará de aplicación aos traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e de Traballadores Autónomos, nos termos e condicións que se establezan regulamentariamente. Dado que non tivo lugar este desenvolvemento regulamentario, estes traballadores non poden causar, na actualidade, este tipo de xubilación.
Accións dispoñibles -
Pódese xubilar unha persoa que está inscrita como demandante de emprego, pero que non ten dous anos de cotización dentro dos últimos 15?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosSe accede á pensión dende unha situación asimilada á de alta sen obriga de cotizar, (por exemplo, está no paro involuntario con demanda de emprego ininterrompida dende que finalizou a prestación por desemprego), o período específico de cotización de 2 anos deberá estar comprendido dentro dos últimos 15 anteriores á data en que cesou a obriga de cotizar (finalización da prestación por desemprego).
Accións dispoñibles -
Pode xubilarse anticipadamente o traballador que cesou voluntariamente no traballo?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosSe o traballador "ten a condición de mutualista", si podería xubilarse a partir dos 60 anos sempre que cumpra os requisitos esixidos.
Se o traballador "no ten a condición de mutualista" e o cesamento no último traballo se produce pola libre vontade do traballador, podería xubilarse a unha idade inferior a dous anos, como máximo, á idade que regulamentariamente lle sería de aplicación, sempre que alcance o resto de requisitos esixidos.
Accións dispoñibles -
É posible xubilarse cunha idade inferior á regulamentaria sen a aplicación de coeficientes redutores?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosSi, en determinados supostos con regulación específica como son determinados artistas e profesionais taurinos.
Tampouco se aplicarán coeficientes redutores naqueles casos en que, por aplicación de bonificacións por traballos penosos ou por discapacidade, se alcancen os anos ficticios regulamentarios.Accións dispoñibles -
Se o traballador solicita a xubilación parcial, ten que traballar ata a idade regulamentaria para logo ter dereito á pensión normal?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosNon é necesario esperar á idade regulamentaria de xubilación. O traballador que se acolle á xubilación parcial poderá solicitar a pensión de xubilación ordinaria ou anticipada, en calquera das súas modalidades, sempre que reúna todos os requisitos para iso.
Accións dispoñibles -
Pode solicitar a xubilación parcial quen fixo xa a idade ordinaria de xubilación?
Categoría: Xubilación > Tema: Beneficiarios / RequisitosSi. Neste caso, non será necesario que se teña simultaneamente un contrato de remuda.
Accións dispoñibles -
As indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes recoñécense en calquera réxime da Seguridade Social?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / Requisitos-
Esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Réxime Xeral da Seguridade Social e dos Réximes Especiais Agrario de Traballadores do Mar, Traballadores Autónomos e da Minaría do Carbón Particularidades dos traballadores autónomos:
Deben estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e, ademais, previa ou simultaneamente, ter optado pola cobertura da prestación económica por incapacidade temporal.
Deben atoparse ao corrente no pagamento de cotas.Accións dispoñibles -
-
Que se entende por profesión habitual?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosHai que distinguir se a incapacidade vén sobrevida como consecuencia dun accidente (laboral ou non) ou enfermidade (común ou profesional):
- En caso de accidente, considerarase por profesión habitual a desempeñada normalmente polo traballador ao tempo de sufrir o accidente.
- Nos casos de enfermidade (común ou profesional), é aquela á que o traballador dedicaba a súa actividade fundamental, durante o período de 12 meses anteriores á data na que se iniciase a incapacidade temporal da que derive a incapacidade permanente.
Accións dispoñibles -
Que período de cotización se esixe para recoñecer unha incapacidade permanente derivada de accidente ou enfermidade profesional?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosCando a incapacidade derive de accidente ou enfermidade profesional, non se esixe período de cotización, salvo que se trate dunha incapacidade permanente absoluta ou grande incapacidade por accidente non laboral e o traballador non se atopase en situación de alta nin asimilada, nese caso, esixiráselle un período xenérico de cotización de 15 anos e un período específico de cotización de 3 anos cotizados nos últimos 10.
Para acreditar o período mínimo de cotización esixido, tanto xenérico como específico, computaranse os "días cota" (pagas extraordinarias).Accións dispoñibles -
Pode declararse a incapacidade permanente aínda no caso de non ter dereito a ela?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosA incapacidade permanente só chega a existir se a constatación das lesións incapacitantes vai acompañada do recoñecemento a percibir a prestación, reunindo con iso os requisitos establecidos (período de cotización...).
En consecuencia, non procederá a declaración de incapacidade permanente en ningún dos seus graos, se o traballador non acredita os restantes requisitos para causar dereito á prestación económica.Accións dispoñibles -
Para o cálculo do período mínimo de cotización esixido para o recoñecemento da incapacidade, que acontece se o traballador non esgotou o período máximo de duración de incapacidade temporal?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosSe o traballador non esgotou o prazo máximo de duración da IT (545 días), asimílanse a cotizados os días que falten para esgotar o devandito período, para os efectos de acreditar o período mínimo de cotización.
Accións dispoñibles -
Como se calcula o período de cotización específico, cando se accede á pensión desde unha situación de alta ou asimilada á alta sen a obriga de cotizar?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosO período dos 10 anos, dentro dos que deba estar comprendido, polo menos, unha quinta parte do período de cotización esixible, computarase cara a atrás, desde a data na que cesou a obriga de cotizar.
Accións dispoñibles -
Existe dereito a pensión de incapacidade permanente cando o traballador ten feita a idade de acceso á xubilación?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosUn dos requisitos esixidos para ter dereito a esta pensión é non ter feito a idade de acceso á xubilación, non obstante:
- Se a pensión deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional, si se pode recoñecer pensión de incapacidade permanente aínda que na data do feito causante o traballador, feita a idade de acceso á xubilación, reúna os demais requisitos para acceder á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social.
- Se a pensión deriva de accidente non laboral ou enfermidade común e, na data do feito causante (extinción da IT, emisión do ditame do EVI ou, se é o caso, a solicitude) non reúne os requisitos para acceder á pensión de xubilación do sistema, o traballador ten dereito á pensión de incapacidade permanente nunha contía equivalente ao resultado de aplicar á base reguladora a porcentaxe que corresponda ao período mínimo de cotización establecida en cada momento para acceder a pensión de xubilación (50%).
Accións dispoñibles - Se a pensión deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional, si se pode recoñecer pensión de incapacidade permanente aínda que na data do feito causante o traballador, feita a idade de acceso á xubilación, reúna os demais requisitos para acceder á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social.
-
As cotizacións efectuadas con posterioridade a unha resolución denegatoria de incapacidade permanente por non acreditar o período de cotización, serven para acceder a unha pensión de incapacidade?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosSó serán válidas, para estes efectos, as cotizacións efectuadas con motivo da realización dunha actividade laboral e/ou desemprego contributivo.
Se se formaliza un convenio especial, unha vez ditada a resolución denegatoria inicial, estas cotizacións non se poden computar para acreditar o período de cotización se a situación clínica do traballador é idéntica á que serviu de base á proposta do EVI.Accións dispoñibles -
Que requisitos específicos se esixen para ter dereito á incapacidade permanente total cualificada?
Categoría: Incapacidade permanente > Tema: Beneficiarios / RequisitosA porcentaxe do 55 % da base reguladora pode incrementarse nun 20 % máis, nos casos de traballadores maiores de 55 anos, declarados en situación de incapacidade permanente total, cando se presuma, pola idade, falta de preparación xeral ou especializada e polas circunstancias sociais e laborais do lugar de residencia, que teñen dificultade para obter un emprego nunha actividade distinta da habitual.
No caso de traballadores por conta propia, esíxese como requisito adicional que o pensionista non ostente a titularidade dunha explotación agraria ou marítimo-pesqueira ou dun establecemento mercantil ou industrial como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro concepto análogo.Accións dispoñibles
-