Categoría:
> Tema:
Seguirase o procedemento xeral, polo que debe ser declarado por resolución ou acordo da entidade ou organismo competente, procedéndose a revisar os actos nos que se declarase con anterioridade, comunicándose aos obrigados ao reintegro e demais interesados.
Cando a resolución sexa firme por esgotamento da vía administrativa, remíteselle á TXSS para que inste aos suxeitos responsables do pago o importe que haxa que reintegrar mediante a correspondente reclamación de débeda.
Non se lle remitirán á TXSS para a súa reclamación as resolucións definitivas en vía administrativa nas que se declare a procedencia de reintegros cuxa contía non exceda do 20% do IPREM mensual, ao tratarse de responsabilidade por sucesión "mortis causa".