Revalorización das pensións - Complementos por mínimos
Tema:
-
Revalorización das pensións - Complementos por mínimos
-
Que particularidades ten a revalorización das pensións do SOVI cando concorren con outra de viuvez do sistema?
Categoría: > Tema:- A pensión do SOVI absorberá total ou parcialmente o complemento a mínimo que puidera ter a pensión de viuvez do sistema.
- A suma da pensión de viuvez e a do SOVI non poderá ser superior ao dobre da pensión mínima de viuvez dos beneficiarios con 65 ou máis anos, vixente en cada momento, en cómputo anual. De superarse o límite indicado, minorarase a contía da pensión do SOVI no importe necesario.
Accións dispoñibles -
Que tipo de pensións ou os seus conceptos non están suxeitos ao tope máximo de pensión establecido?
Categoría: > Tema:Para os efectos de aplicar o tope máximo de pensión establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado, non se computan:
-
O incremento do 50% da pensión de grande invalidez.
Accións dispoñibles -
Considérase a idade teórica ou a real para o acceso aos complementos por mínimos?
Categoría: > Tema:Como norma xeral, é preciso acreditar a idade real establecida en cada caso. Non obstante, naqueles colectivos que teñan previstos coeficientes redutores da idade de xubilación en función da actividade realizada, a idade de 65 anos, para os efectos de determinación do dereito aos complementos por mínimos, entenderase cumprida cando, por aplicación deses coeficientes, resulte unha idade igual ou superior á de 65 anos. A mesma norma aplicarase nos supostos de xubilación especial aos 64 anos.
Nas pensións de incapacidade permanente, para os efectos dos complementos por mínimos, o requisito de idade aplicarase da seguinte forma:- Cómputo dos 65 anos para as pensións de IP total: terase en conta a idade teórica.
- Cómputo dos 60 anos para as pensións de IP total cualificada: considérase a idade real.
Accións dispoñibles -
Pódese renunciar expresamente aos complementos por mínimos para acceder a outra prestación económica propia ou allea á Seguridade Social?
Categoría: > Tema:Si, nos supostos de opción a favor dun subsidio por desemprego, ademais de para acceder a unha pensión non contributiva por invalidez en grao igual ou superior ao 75%.
Accións dispoñibles -
Cando se suprimen ou se absorben os complementos por mínimos por recoñecemento dunha pensión que ten carácter de concorrente coa Seguridade Social?
Categoría: > Tema:Se se trata de concorrencia cunha pensión contributiva do sistema, a supresión dos efectos económicos dos mínimos recoñecidos realizarase desde o día primeiro do mes seguinte á data da resolución da prestación concorrente, ou de ser o caso, da resolución pola que se incrementa o importe da outra pensión.
Nos casos nos que a pensión fose allea ás xestionadas polas entidades xestoras (INSS e ISM), os efectos serán desde o primeiro día do mes seguinte á data de resolución da prestación allea que figure no Rexistro de Prestacións Públicas.Accións dispoñibles -
Que repercusión ten, nos complementos por mínimos, a variación dos ingresos do pensionista no exercicio actual, se estes exceden o límite establecido?
Categoría: > Tema: A supresión dos mínimos con efectos do 1 de xaneiro, con independencia de que se presentase ou non a declaración de ingresos no primeiro trimestre do ano.Accións dispoñibles -
Para os efectos dos complementos por mínimos, que ingresos derivados do traballo son considerados no caso de realización de actividades empresariais, profesionais ou agrícolas?
Categoría: > Tema:Computaranse os correspondentes aos seus rendementos netos, e quedarán excluídos os gastos deducibles desas actividades conforme a lexislación fiscal.
Nos supostos nos que existisen rendementos procedentes de fondos de pensións, cando estes se perciban en forma de capital, e sempre que transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega ao fondo, unicamente se computará o 60% do capital percibido.
Accións dispoñibles
-