Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Incapacidade permanente

Tema:

  • Beneficiarios / Requisitos

    • As indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes recoñécense en calquera réxime da Seguridade Social?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:


      Deben estar acollidos á mellora voluntaria da acción protectora derivada das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e, ademais, previa ou simultaneamente, ter optado pola cobertura da prestación económica por incapacidade temporal.

      Deben atoparse ao corrente no pagamento de cotas.

      Accións dispoñibles
    • Que se entende por profesión habitual?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      Hai que distinguir se a incapacidade vén sobrevida como consecuencia dun accidente (laboral ou non) ou enfermidade (común ou profesional):

      • En caso de accidente, considerarase por profesión habitual a desempeñada normalmente polo traballador ao tempo de sufrir o accidente.
      • Nos casos de enfermidade (común ou profesional), é aquela á que o traballador dedicaba a súa actividade fundamental, durante o período de 12 meses anteriores á data na que se iniciase a incapacidade temporal da que derive a incapacidade permanente.

      Accións dispoñibles
    • Que período de cotización se esixe para recoñecer unha incapacidade permanente derivada de accidente ou enfermidade profesional?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      Cando a incapacidade derive de accidente ou enfermidade profesional, non se esixe período de cotización, salvo que se trate dunha incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez por accidente non laboral e o traballador non se encontrase en situación de alta nin asimilada; neste caso, esixiráselle un período xenérico de cotización  de 15 anos e un período específico de cotización de 3 anos cotizados nos últimos 10.

      Para acreditar ou período mínimo de cotización, tanto xenérico como específico, computaranse os "días cota" (pagas extraordinarias).

      Accións dispoñibles
    • Pode declararse a incapacidade permanente aínda no caso de non ter dereito a ela?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      A incapacidade permanente só chega a existir se a constatación das lesións incapacitantes vai acompañada do recoñecemento a percibir a prestación, reunindo con iso os requisitos establecidos (período de cotización...).

      En consecuencia, non procederá a declaración de incapacidade permanente en ningún dos seus graos,  se o traballador non acredita os restantes requisitos para causar dereito á prestación económica.

      Accións dispoñibles
    • Para o cálculo do período mínimo de cotización esixido para o recoñecemento da incapacidade, que acontece se o traballador non esgotou o período máximo de duración de incapacidade temporal?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      Se o traballador non esgotou o prazo máximo de duración da IT  (545 días), asimílanse a cotizados os días que falten para esgotar o devandito período, para os efectos de acreditar o período mínimo de cotización.

      Accións dispoñibles
    • Como se calcula o período de cotización específico, cando se accede á pensión desde unha situación de alta ou asimilada á alta sen a obriga de cotizar?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      O período dos 10 anos, dentro dos que deba estar comprendido, polo menos, unha quinta parte do período de cotización esixible, computarase cara a atrás, desde a data na que cesou a obriga de cotizar.

      Accións dispoñibles
    • Existe dereito a pensión de incapacidade permanente cando o traballador ten feita a idade de acceso á xubilación?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      Un dos requisitos esixidos para ter dereito a esta pensión é non ter feito a idade de acceso á xubilación, non obstante:

      • Se a pensión deriva de accidente de traballo ou enfermidade profesional, si se pode recoñecer pensión de incapacidade permanente aínda que na data do feito causante o traballador, feita a idade de acceso á xubilación, reúna os demais requisitos para acceder á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social.
      • Se a pensión deriva de accidente non laboral ou enfermidade común e, na data do feito causante (extinción da IT, emisión do ditame do EVI ou, se é o caso, a solicitude) non reúne os requisitos para acceder á pensión de xubilación do sistema, o traballador ten dereito á pensión de incapacidade permanente nunha contía equivalente ao resultado de aplicar á base reguladora a porcentaxe que corresponda ao período mínimo de cotización establecida en cada momento para acceder a pensión de xubilación (50%).
      Accións dispoñibles
    • As cotizacións efectuadas con posterioridade a unha resolución denegatoria de incapacidade permanente por non acreditar o período de cotización, serven para acceder a unha pensión de incapacidade?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      Só serán válidas, para estes efectos, as cotizacións efectuadas con motivo da realización dunha actividade laboral e/ou desemprego contributivo.

      Se se formaliza un convenio especial, unha vez ditada a resolución denegatoria inicial, estas cotizacións non se poden computar para acreditar o período de cotización se a situación clínica do traballador é idéntica á que serviu de base á proposta do EVI.

      Accións dispoñibles
    • Que requisitos específicos se esixen para ter dereito á incapacidade permanente total cualificada?
      Categoría: Beneficiarios / Requisitos > Tema:

      A porcentaxe do 55 % da base reguladora pode incrementarse nun 20 % máis, nos casos de traballadores maiores de 55 anos, declarados en situación de incapacidade permanente total, cando se presuma, pola idade, falta de preparación xeral ou especializada e polas circunstancias sociais e laborais do lugar de residencia, que teñen dificultade para obter un emprego nunha actividade distinta da habitual.

      No caso de traballadores por conta propia, esíxese como requisito adicional que o pensionista non ostente a titularidade dunha explotación agraria ou marítimo-pesqueira ou dun establecemento mercantil ou industrial como propietario, arrendatario, usufrutuario ou outro concepto análogo.

      Accións dispoñibles
      • Contía

        • ¿Pode substituírse o incremento do 50% da grande invalidez polo ingreso nunha institución asistencial?
          Categoría: Contía > Tema:

          A petición do grande inválido ou dos seus representantes legais poderá autorizarse, sempre que se considere conveniente, en beneficio do mesmo, a substitución do incremento polo seu aloxamento e coidado en réxime de internado nunha institución asistencial pública do sistema da Seguridade Social, financiada con cargo aos seus presupostos (|art. 139.4 da LGSS ).

          Esta autorización correrá a cargo da Entidade xestora ou Mutua, no seu caso, que tivera ao seu cargo a protección da incapacidade permanente. A petición desta substitución poderá ser formulada, en calquera momento, polo grande inválido ou os seus representantes legais, que poderán decidir, en calquera momento e con carácter vinculante para a Entidade xestora ou a Mutua que autorizase esta substitución, que esta quede sen efectos.

          Cando o internamento se refira a institucións asistenciais, cuxa xestión estea transferida a unha Comunidade Autónoma, non procederá a substitución. O artigo 69 da Lei 21/2001 dálle unha nova redacción ao artigo 86 da LXSS e prodúcese unha desvinculación do financiamento das institucións públicas asistenciais, cuxa xestión fose transferida ás comunidades autónomas, polo tanto, sen contido a posibilidade de substitución.

          Accións dispoñibles
          • Compatibilidades /Incompatibilidades

            • E compatible o cobro da pensión de incapacidade permanente absoluta ou de grande invalidez co traballo?
              Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:

              Ambas pensións son compatibles co exercicio daquelas actividades, sexan ou non lucrativas, compatibles co estado do inválido, sempre que non representen un cambio na capacidade de traballo do pensionista que poida dar lugar a  revisión por parte da entidade xestora. Se as actividades realizadas exceden as condicións establecidas, serán incompatibles podendo suspenderse a pensión.

              Se se realizan traballos susceptibles de inclusión nalgún Réxime da Seguridade Social, existe obriga de alta e cotización, debendo comunicar ao Instituto Nacional da Seguridade Social o inicio de calquera traballo por conta allea ou propia, agás no caso que derive de enfermidade profesional, en que será necesaria a autorización previa.

              Accións dispoñibles
            • E compatible o cobro da pensión de incapacidade permanente total co traballo?
              Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:

              A percepción dunha pensión de incapacidade permanente total é incompatible co desempeño dun posto da mesma categoría ou grupo profesional, e é compatible con outro tipo de actividade laboral na mesma empresa ou noutra distinta.

              Agora ben, o cobro do incremento do 20% da base reguladora da incapacidade permanente total é incompatible coa realización de traballos por conta allea ou propia, e tamén coas prestacións de Seguridade Social que poidan derivarse deses traballos, como son o subsidio de incapacidade temporal ou de maternidade que persiste máis aló da relación laboral ou da actividade profesional, ou as prestacións de desemprego que puidesen corresponder por estes.

              A realización de calquera traballo polo pensionista debe serlle comunicada ao Instituto Nacional da Seguridade Social, salvo no caso de que derive de enfermidade profesional, no que será necesaria a autorización previa.

              Accións dispoñibles
            • E compatible o cobro da prestación por desemprego e a incapacidade permanente?
              Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:

              Nos supostos nos que ao estar incapacitado, o perceptor dunha incapacidade permanente total perda ou se lle suspenda un traballo compatible coa súa situación de pensionista, terá dereito a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego que lle corresponda, ademais da pensión.

              Accións dispoñibles
            • E compatible a pensión de incapacidade permanente coa xubilación?
              Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:
              • É incompatible coa pensión de xubilación do mesmo réxime, polo que se debe optar por unha delas.

              • A pensión de incapacidade permanente pode ser compatible cunha pensión de xubilación doutro réxime distinto, excepto que, para acreditar o dereito, ou para o perfeccionamento deste, se teña que acudir ao réxime que recoñeza a xubilación (situación de alta ou asimilada, acreditación da carencia, importe da base reguladora). Neste caso hai que optar por unha delas.

                Non obstante, se as cotizacións do réxime polo que se recoñece a xubilación serviron unicamente para cuantificar o importe da incapacidade permanente e pode prescindirse delas para xerar o dereito, é posible o recoñecemento de dúas pensións compatibles entre si, calculando cada unha delas coas cotizacións de cada un dos réximes. Para iso, sería necesario recalcular a pensión de incapacidade, sen ter en conta as cotizacións do réxime que recoñece a xubilación. 

              • No caso de que se tratase dunha pensión de incapacidade derivada de AT  concedida ao amparo do antigo Regulamento de accidentes de traballo do 22-06-1956, sería compatible con calquera outra pensión.
              Accións dispoñibles
            • E compatible o cobro dunha indemnización por lesións permanentes non invalidantes coa pensión de incapacidade permanente en calquera dos seus graos?
              Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:
              • É incompatible coas prestacións económicas establecidas para a incapacidade permanente, agás que as lesións, mutilacións ou deformidades sexan totalmente independentes das tomadas en consideración para declarar a incapacidade permanente e o seu grao.

              • É compatible co traballo na mesma empresa.
                Accións dispoñibles
              • E necesaria a autorización expresa por parte do INSS para compatibilizar o cobro da pensión de incapacidade permanente co exercicio dunha actividade laboral?
                Categoría: Compatibilidades /Incompatibilidades > Tema:

                Con independencia da compatibilidade ou incompatibilidade que, de ser o caso, poida producir o exercicio dunha actividade, só se require, en principio, a comunicación da actividade laboral á entidade xestora competente.

                Con todo, os pensionistas de incapacidade permanente derivada de enfermidade profesional só poderán realizar traballos por conta allea se obtiveron, previamente, a autorización do INSS.

                Accións dispoñibles
                • Avaliación / Cualificación / Revisión

                  • Ao residir no estranxeiro, a que dirección provincial lle corresponde cualificar a incapacidade?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    Nos supostos de que o solicitante resida fóra do territorio nacional, a competencia para a cualificación e revisións corresponderalle á Dirección Provincial do INSS da provincia na que o causante acredite ou alegue as últimas cotizacións.

                    Accións dispoñibles
                  • Nos supostos de ter a correspondente continxencia cuberta por unha mutua Colaboradora coa Seguridade Social, quen é o responsable da cualificación e revisión dunha incapacidade permanente?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    O artigo 1 do Real Decreto 1300/95 establece que será competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social a avaliación, cualificación e revisión, calquera que sexa a Entidade Xestora (INSS ou ISM ) ou colaboradora que cubra a continxencia da que se trate.

                    Accións dispoñibles
                  • Quen recoñece o dereito ás prestacións por lesións permanentes non invalidantes?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    Correspóndelle ao INSS verificar a existencia destas lesións e recoñecer o dereito ás prestacións correspondentes.

                    Accións dispoñibles
                  • Pode unha empresa iniciar o procedemento do recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    As empresas, por si mesmas, só están lexitimadas para iniciar o procedemento se son colaboradoras na xestión. Noutro caso, soamente están lexitimadas, sempre que sexan responsables das prestacións, para instar o procedemento da revisión pero non o da declaración inicial.

                    As tres vías para iniciar ese recoñecemento son: de oficio, por solicitude do propio traballador ou do seu representante, e a instada por solicitude das entidades colaboradoras (Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais ou empresa colaboradora).

                    Independentemente, na vía exposta como de oficio contémplanse, entre outros supostos, as peticións razoadas da Inspección de Traballo e Seguridade Social á que a empresa podería dirixirse para o efecto.

                    Accións dispoñibles
                  • ¿Pódese considerar a renuncia como unha forma de poñer fin ao procedemento no trámite iniciado para recoñecer unha pensión de incapacidade permanente?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    A renuncia formulada polo propio traballador considérase excluída do ámbito da acción protectora da Seguridade Social, xa que as prestacións económicas do sistema teñen a consideración de irrenunciables.

                    Segundo o |art.  4 do R.D.  1300/1995, do 21-07, o procedemento da incapacidade laboral é impulsado de oficio en todos os trámites ata o seu remate.

                    Accións dispoñibles
                  • Pódese revisar unha incapacidade dunha persoa con máis de 65 anos?
                    Categoría: Avaliación / Cualificación / Revisión > Tema:

                    A incapacidade pode ser revisada en calquera momento e mentres o incapacitado non fixese a idade establecida para acceder á pensión de xubilación (nestes momentos 65 anos).

                    Como excepción a este principio, a entidade xestora poderá revisar o grao de incapacidade permanente e, polo tanto, a prestación económica inicialmente recoñecida, no suposto de que esa incapacidade derive de enfermidade profesional, aínda que teña máis de 65 anos.

                    Accións dispoñibles
    Complementary Content
    ${loading}