Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Extinción

Pódese manter o dereito á pensión de viuvez se se contrae novo matrimonio?

Poderase manter o dereito da pensión de viuvez, aínda que o pensionista contraia un novo matrimonio, sempre que se acrediten os requisitos seguintes:

  • Ter máis de 61 anos ou ter menos e ter tamén recoñecida unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez ou acreditar unha minusvalía en grao superior ao 65%.

  • A pensión de viuvez  debe constituír a principal ou única fonte de ingresos do pensionista. Enténdese que constitúe a principal fonte de ingresos cando o seu importe represente, como mínimo, o 75% do total de ingresos daquel, en cómputo anual.

  • Ter o matrimonio uns ingresos anuais, de calquera natureza, incluída a pensión de viuvez, que non superen dúas veces o importe, en cómputo anual, do SMI  vixente en cada momento.

Cando se extingue a pensión en favor de familiares?

  • No caso de pensión dos netos e irmáns, polas mesmas causas ca a orfandade.

  • Se se trata de ascendentes, fillas/os e irmáns/ás de máis de 45 anos:
    • Ao contraer matrimonio.
    • Falecemento.
    • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
Complementary Content
${loading}