Instituto Social da Mariña (ISM)
|R/ Génova, 24 - 28004 - MADRID.
Teléfono: 91 700 66 00.
Que é o Instituto Social da Mariña?
O Instituto Social da Mariña é unha Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, de ámbito nacional, que actúa baixo a dirección e tutela do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, adscrita á Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións.
Que competencias ten?
-
A xestión, administración e recoñecemento do dereito ás prestacións do Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.
-
En colaboración coa Tesourería Xeral, a inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores, recadación e control de cotizacións.
-
A asistencia sanitaria dos traballadores do mar e dos seus beneficiarios dentro do territorio nacional. - A asistencia sanitaria dos traballadores do mar a bordo e no estranxeiro, utilizando os seus propios medios, tales como Centro Radio-Médico, Banco de Datos, Centros no Estranxeiro, Buques Sanitarios e outros que poidan implantarse, ou acordando a evacuación e repatriación de traballadores enfermos ou accidentados.
-
A información sanitaria aos traballadores do mar, a educación e distribución da Guía sanitaria a bordo, a práctica dos recoñecementos médicos previos ao embarque, a inspección e control dos medios sanitarios a bordo e das condicións hixiénicas das embarcacións e calquera outra función de medicina preventiva e educación sanitaria que lle poidan ser delegadas.
-
A formación e promoción profesional dos traballadores do mar, así como a atención ao seu benestar a bordo ou en portos (nacionais ou estranxeiros) e ao das súas familias, en cumprimento da Recomendación 138 da Organización Internacional do Traballo.
-
En cumprimento do Convenio n.º 9 da Organización Internacional do Traballo, promover en colaboración co Instituto de Emprego, Servizo Público de Emprego Estatal, as accións que competen a este cando se refiran aos traballadores do mar, tanto na xestión das prestacións de desemprego coma no relativo á colocación da xente do mar.
-
Realizar estudos, informar ou propor proxectos de normas ou programas e a participación na elaboración de convenios internacionais que afecten ao sector marítimo-pesqueiro.