R/ Padre Damián, 4 e 6 - 28036 - MADRID.
Teléfono: 91 568 83 00.
Fax: 91 564 04 84.
Que é o Instituto Nacional da Seguridade Social?
É unha Entidade Xestora da Seguridade Social, con personalidade xurídica propia, adscrita ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a través da Secretaría de Estado de Seguridade Social e Pensións, que ten encomendada a xestión e administración das prestacións económicas do sistema da Seguridade Social, con excepción daquelas cuxa xestión estea atribuída ao IMSERSO ou servizos competentes das Comunidades Autónomas, así como o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, con independencia de que a lexislación aplicable teña natureza nacional ou internacional.
Que competencias ten?
-
O recoñecemento e control do dereito ás prestacións económicas do Sistema da Seguridade Social, na súa modalidade contributiva (sen prexuízo das competencias atribuídas ao SEPE en materia de prestacións por desemprego e ao ISM en relación co Réxime Especial dos Traballadores do Mar):
-
Xubilación.
-
Incapacidade permanente.
-
Morte e supervivencia (viuvez, orfandade, en favor de familiares e auxilio por defunción).
-
Incapacidade temporal.
-
Nacemento e coidado do menor.
-
Risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
-
Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
-
Indemnizacións económicas derivadas de lesións permanentes non invalidantes.
-
Seguro escolar.
-
-
O recoñecemento e control das prestacións familiares (por fillo ou menor acollido a cargo; nacemento ou adopción de fillo, en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas; e por parto múltiple) de modalidade non contributiva.
-
O recoñecemento e control da condición de persoa asegurada e beneficiaria, xa sexa como titular, familiar ou asimilado, para os efectos da súa cobertura sanitaria.
-
No ámbito internacional, a participación, na medida e co alcance que se lle atribúa polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, na negociación e execución dos Convenios Internacionais de Seguridade Social, así como a pertenza a asociacións e Organismos internacionais.
-
A xestión do Fondo Especial de Mutualidades de Funcionarios da Seguridade Social.
-
A xestión e funcionamento do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
-
A xestión das prestacións económicas e sociais da síndrome tóxica.
-
A xestión ordinaria dos seus recursos humanos, na medida e co alcance que determine o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
-
A xestión ordinaria dos medios materiais asignados á súa misión.
-
A realización de cantas outras funcións lle estean atribuídas legal ou regulamentariamente, ou lle sexan encomendadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.