Requisitos
Poderán ser beneficiarias do programa as persoas desempregadas que, á data de presentación da solicitude de incorporación a este, reúnan os seguintes requisitos:
- Ter transcorrido polo menos un mes dende o esgotamento dalgunha das seguintes axudas ou prestacións: a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego, a Renda Activa de Inserción (RAI); o Programa Temporal de Protección e Inserción (PRODI); o Programa de Recualificación Profesional das Persoas que Esgoten a súa Protección por Desemprego (PREPARA). Non se considerará esgotamento a extinción derivada dunha sanción ou baixa no dereito por causa imputable ao beneficiario.
- Estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego competente a data 1 de maio de 2017. Este requisito entenderase cumprido nos supostos en que o traballador, aínda non estando inscrito como demandante de emprego na devandita data, teña interrompida a inscrición debido á realización dun traballo por conta allea, sempre que a duración do contrato fose por tempo inferior a 90 días.
- Ter permanecido inscrito como demandante de emprego durante 270 días nos dezaoito meses inmediatamente anteriores á data da solicitude de incorporación ao programa.
- Carecer do dereito á protección contributiva ou asistencial por desemprego, ou á renda activa de inserción.
- Ter cesado involuntariamente nun traballo por conta allea previamente ao esgotamento do último dereito dos considerados no primeiro punto. Ademais, se se tivese traballado tras o esgotamento do devandito dereito, ter cesado de forma involuntaria no último traballo realizado.
- Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, e acreditar responsabilidades familiares. Para estes efectos non se terán en conta as rendas derivadas das actividades compatibles coa axuda.
- No caso de que tras o esgotamento dalgunha das prestacións ou axudas incluídas no primeiro punto se tivese percibido calquera tipo de rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas de asistencia social concedidas por calquera Administración Pública, deberá ter transcorrido como mínimo un mes dende a finalización da percepción destas rendas antes da solicitude deste programa.
- Cumprir coas obrigas de activación.
Para os efectos do acceso ao programa non se considerará desempregado quen na data de solicitude de incorporación a este se encontre traballando por conta allea a tempo parcial.
Para a súa incorporación e mantemento no programa, as persoas desempregadas deberán cumprir as seguintes obrigas