Ingreso Mínimo Vital

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou están integradas nunha unidade de convivencia e carecen de recursos económicos básicos para cubrir as súas necesidades básicas.

Configúrase como dereito subxectivo a unha prestación económica, que forma parte da acción protectora da Seguridade Social, e garante un nivel mínimo de renda aos que se encontren en situación de vulnerabilidade económica.  Persegue garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.

Opera como unha rede de protección dirixida a permitir o tránsito dende unha situación de exclusión a unha participación na sociedade. Conterá para iso no seu deseño incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións.


Contías

    1. Determinación da contía

A contía do ingreso mínimo vital para o beneficiario individual ou a unidade de convivencia será a diferenza entre a renda garantida e o conxunto de rendas e ingresos de tales persoas, sempre que a contía resultante sexa igual ou superior a 10 euros mensuais.

A contía mensual da renda garantida é:

  • Para un beneficiario individual: o 100 por 100 do importe anual das pensións non contributivas dividido entre doce. En 2020 son 461,53 euros.  
  • Para a unidade de convivencia a contía anterior incrementada nun 30 por 100 por membro adicional a partir do segundo, cun máximo do 220 por 100. Para 2020 os importes son:

    • 599,99 euros para unha unidade de convivencia formada por dous adultos.         
    • 738,45 euros para unha unidade de convivencia formada por dous adultos e un menor ou tres adultos.
    • 876,91 euros para unha unidade de convivencia formada por dous adultos e dous menores ou tres adultos e un menor ou por catro adultos.  
    • 1.015,37 euros para unha unidade de convivencia formada por dous adultos e tres ou máis menores ou tres adultos e dous ou máis menores ou por catro adultos e un menor.

  • A contía sinalada no punto anterior increméntase cun complemento do 22 por 100 do importe anual das pensións non contributivas dividido entre doce, cando se trate de unidade de convivencia monoparental (un só adulto cun ou máis fillos menores cos que conviva, ou un ou máis menores en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción ao seu cargo, cando sexa o sustentador único da unidade de convivencia). Para 2020 os importes son:

    • 701,53 euros para unha unidade de convivencia monoparental formada por un adulto e un menor.
    • 839,98 euros para unha unidade de convivencia monoparental formada por un adulto e dous menores.
    • 978,44 euros para unha unidade de convivencia monoparental formada por un adulto e tres ou máis menores.

Para a determinación da contía, os fillos ou menores ou maiores con discapacidade que formen parte de distintas unidades familiares en supostos de custodia compartida establecida xudicialmente, considerarase que forman parte da unidade onde se encontren domiciliados.

As persoas beneficiarias do ingreso mínimo vital encóntranse exentas da achega dos usuarios á prestación farmacéutica ambulatoria.

CONTÍAS DA RENDA GARANTIDA EN 2020
                                                         
Euros ano
Un adulto
5.538
Un adulto e un menor
8.417,76
Un adulto e dous menores
10.079,16
Un adulto e tres ou máis menores
11.740,56
Dous adultos
7.199,4
Dous adultos e un menor
8.860,8
Dous adultos e dous menores
10.522,2
Dous adultos e tres ou máis menores
12.183,6
Tres adultos
8.860,8
Tres adultos e un menor
10.522,2
Tres adultos e dous ou máis menores
12.183,6
Catro adultos
10.522,2
Catro adultos e un menor
12.183,6
Outros
12.183,6

2. Modificación da contía

O cambio nas circunstancias persoais, económicas ou patrimoniais da persoa beneficiaria do ingreso mínimo vital, ou dalgún dos membros da unidade de convivencia, poderá supoñer a modificación da contía da prestación económica mediante a revisión correspondente pola entidade xestora.

A modificación terá efectos a partir do día primeiro do mes seguinte ao da data en que se tivese producido o feito causante da modificación.

En todo caso, a contía da prestación actualizarase con efectos do día 1 de xaneiro de cada ano, tomando como referencia os ingresos anuais computables do exercicio anterior. Cando a variación dos ingresos anuais computables do exercicio anterior motivase a extinción da prestación, esta producirá igualmente efectos a partir do día 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel ao que correspondan os devanditos ingresos.

Reintegro de prestacións indebidamente percibidas

O Instituto Nacional da Seguridade Social poderá revisar de oficio, en prexuízo dos beneficiarios, os actos relativos á prestación de ingreso mínimo vital, sempre que a devandita revisión se efectúe dentro do prazo máximo de catro anos dende que se ditou a resolución administrativa que non fose impugnada. Así mesmo, en tal caso poderá de oficio declarar e esixir a devolución das prestacións indebidamente percibidas.

A entidade xestora, poderá proceder en calquera momento á rectificación de erros materiais ou de feito e os aritméticos, así como as revisións motivadas pola constatación de omisións ou inexactitudes nas declaracións do beneficiario, así como á reclamación das cantidades que, no seu caso, se tivesen percibido indebidamente por tal motivo.

En supostos distintos aos indicados nos parágrafos anteriores, a revisión en prexuízo dos beneficiarios efectuarase de conformidade coa Lei 36/2011, do 10 de outubro, Reguladora da Xurisdición Social.

Cando mediante resolución se acorde a extinción ou a modificación da contía da prestación como consecuencia dun cambio nas circunstancias que determinaron o seu cálculo e non exista dereito á prestación ou o importe a percibir sexa inferior ao importe percibido, os beneficiarios da prestación virán obrigados a reintegrar as cantidades indebidamente percibidas, mediante o procedemento establecido no Real Decreto 148/1996, do 5 de febreiro, polo que se regula o procedemento especial para o reintegro das prestacións da Seguridade Social indebidamente percibidas e no Real Decreto 1415/2004, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social.

Serán responsables solidarios do reintegro das prestacións indebidamente percibidas os beneficiarios e todas aquelas persoas que en virtude de feitos, omisións, negocios ou actos xurídicos participen na obtención dunha prestación de forma fraudulenta. Aos responsables solidarios poderáselles esixir o principal, as recargas e xuros que se deban esixir ao primeiro responsable, e todas as costas que se xeren para o cobramento da débeda.

Nos supostos anteriores, transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario sen pagamento da débeda, aplicaranse as correspondentes recargas e comezará a devindicación de xuros de mora, sen prexuízo de que estes últimos só sexan esixibles respecto do período de recadación executiva. Nos supostos que se determinen regulamentariamente, a entidade xestora poderá acordar compensar a débeda coas mensualidades do ingreso mínimo vital ata unha determinada porcentaxe máxima de cada mensualidade.

Duración

O dereito á prestación nace a partir do primeiro día do mes seguinte ao da data de presentación da solicitude.
Manterase mentres subsistan os motivos que deron lugar á súa concesión e se cumpran os requisitos e obrigas previstos na Lei.

  • Suspensión do dereito

O dereito á prestación por desemprego suspenderase polas causas seguintes:

a) Perda temporal dalgún dos requisitos esixidos para o seu recoñecemento.

b) Incumprimento temporal por parte da persoa beneficiaria, do titular ou dalgún membro da súa unidade de convivencia das obrigas asumidas ao acceder á prestación.

c) Preventivamente en caso de indicios de incumprimento por parte da persoa beneficiaria, do titular ou dalgún membro da súa unidade de convivencia dos requisitos establecidos ou as obrigas asumidas ao acceder á prestación, cando así se resolva por parte da entidade xestora.

En todo caso, procederase á suspensión preventiva no caso de traslado ao estranxeiro por un período continuado ou non superior a 90 días naturais ao ano, sen comunicar á entidade xestora con antelación este nin estar debidamente xustificado.

d) Incumprimento das condicións asociadas á compatibilidade do ingreso mínimo vital con rendas de traballo ou actividade económica por conta propia.

e) Calquera outra causa que se determine regulamentariamente.

A suspensión do dereito ao ingreso mínimo vital implicará a suspensión do pagamento da prestación a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que se produzan as causas de suspensión ou a aquel no que se teña coñecemento pola entidade xestora competente e sen prexuízo da obriga de reintegro das cantidades indebidamente percibidas. A suspensión manterase mentres persistan as circunstancias que tivesen dado lugar a esta.

Se a suspensión se mantén durante un ano, o dereito á prestación quedará extinguido.

Se desaparece as causas que motivaron a suspensión do dereito, procederase de oficio ou a instancia de parte a continuar o dereito sempre que se manteñan os requisitos que deron lugar ao seu recoñecemento, devindicándose a prestación a partir do día 1 do mes seguinte á data en que tivesen decaído as causas que motivaron a suspensión.

Se as causas de suspensión se manteñen procederase á modificación ou extinción do dereito, segundo proceda.

  • Extinción do dereito

O dereito á prestación de ingreso mínimo vital extinguirase polas seguintes causas:

a) Falecemento da persoa titular. Non obstante, cando se trate de unidades de convivencia, calquera outro membro que cumpra os requisitos, poderá presentar unha nova solicitude. Se a solicitude se presenta  no prazo de tres meses a contar dende o día seguinte á data do falecemento os efectos económicos do dereito que poida corresponder á unidade de convivencia en función das súas novas circunstancias produciranse a partir do día primeiro do mes seguinte á data do falecemento, sempre que se solicite dentro do prazo sinalado.    

b) Perda definitiva dalgún dos requisitos esixidos para o mantemento da prestación.

c) Resolución recaída nun procedemento sancionador que así o determine.      

d) Saída do territorio nacional sen comunicación nin xustificación á entidade xestora durante un período, continuado ou non, superior a 90 días naturais ao ano.

e) Renuncia do dereito.

f) Suspensión da prestación por tempo superior a un ano.

g) Incumprimento reiterado das condicións asociadas á compatibilidade do ingreso mínimo vital coas rendas do traballo ou a actividade económica por conta propia.

h) Calquera outra causa que se determine regulamentariamente.

A extinción do dereito á prestación producirá efectos dende o primeiro día do mes seguinte á data en que concorran as causas extintivas.

Simulador do Ingreso Mínimo Vital

Este simulador faralle unha serie de preguntas sobre a súa situación e, segundo as respostas, poderá comprobar se cumpre os requisitos para recibir a prestación do Ingreso Mínimo Vital e poderá saber o importe aproximado que lle correspondería.

Teña en conta que esta simulación non tramita a prestación, e o resultado só ten valor informativo.

Pode acceder ao simulador na seguinte ligazón: simulador do Ingreso Mínimo Vital.


Preguntas Frecuentes

En Preguntas Frecuentes hai publicadas unha serie de cuestións sobre o Ingreso mínimo vital que poderán aclarar as dúbidas máis comúns sobre esta nova prestación. Iranse actualizando para incluír aquelas que se vaian producindo.

Complementary Content
${loading}