Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Glosario de termos

Sistema de retribución típico na pesca onde dun «monte maior» constituído polo importe bruto da pesca dedúcense os beneficios do empresario e determinados gastos, quedando un «monte menor» que se distribúe entre os pescadores segundo o rol e en proporción á parte acordada.

Os menores de 18 anos, ou maiores con minusvalía igual ou superior ao 65 %, e foran abandonados por seus pais, sempre que non se atopen en réxime de acollemento familiar, poden ser beneficiarios da asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo.

Enténdese por accidente de traballo toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo que execute por conta allea. No traballo por conta propia dos Réximes Especiais Agrario, de traballadores autónomos e de traballadores do Mar, entenderase coma accidente de traballo o ocorrido como consecuencia directa e inmediata do traballo que realiza pola súa propia conta e que determina a súa inclusión no campo de aplicación do réxime especial. A lei establece, ademais, diversas consideracións e presuncións para determinar o concepto de accidente de traballo.

Lesión ou alteración da saúde derivada de accidente sempre que este non sexa consecuencia do traballo realizado. Correspóndelle a acción protectora na mesma forma que na enfermidade común, sen esixencia de período previo de cotización, salvo para acceder a pensións de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, ou de morte e supervivencia, dende situacións de non-alta.

Dereito subxectivo público, anterior ao proceso, a unha tutela xurisdicional específica, e referido a un interese xurídico concreto, que conceden as leis para pedir a intervención dos órganos competentes do Poder Xudicial.

En Dereito comunitario, medidas dirixidas a un grupo determinado, coas que se pretende suprimir e previr unha discriminación ou compensar as desvantaxes resultantes de actitudes, comportamentos e estruturas existentes (denominadas, ás veces, “discriminación positiva”).

Comprende o conxunto de prestacións, en cartos ou en especie, que o Sistema da Seguridade Social establece para prever, reparar ou superar os estados de necesidade nacidos ou derivados das continxencias ou situacións sufridas polos suxeitos protexidos e determinadas na Lei.

Recursos económicos previstos na lei e incluídos nos orzamentos xerais para o sostemento das cargas da Seguridade Social ou para atencións especiais por esixencias da conxuntura.

As que cada mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais efectúa para o sostemento dos servizos comúns e sociais da Seguridade Social e que a Tesourería Xeral da Seguridade Social deduce ao transferir a cada mutua a recadación das cotas mensuais que lle corresponden. Determínase mediante a aplicación a estas cotas dun coeficiente que anualmente fixa o Ministerio de Traballo e Inmigración. As empresas colaboradoras ingresan estas achegas xunto coas cotas.

Institución que ten coma fin a protección necesaria para a garda dos menores en situación de desamparo, ou por solicitude de pais e titores, en circunstancias graves. É unha das situacións protexidas, mediante o subsidio por maternidade, durante os períodos de descanso dos que con motivo do acollemento gozan os traballadores, aboándose o equivalente ao 100% da base reguladora. Protéxese tanto o acollemento preadoptivo coma o permanente, e mesmo o provisional.

Documento segundo modelo oficial que inicia o procedemento sancionador, redactado pola Inspección de Traballo e Seguridade Social, no que se constatan determinados feitos con incumprimentos de normas laborais ou de Seguridade Social.

Documento redactado pola Inspección de Traballo e Seguridade Social que inicia a tramitación de expedientes liquidatorios por débedas de Seguridade Social (faltas de afiliación e alta, diferenzas de cotización, etc.).

Cada un dos distintos códigos representativos da actividade realizada, recollidos na clasificación nacional de actividades económicas (CNAE-93)

Acto xurídico polo que se concede a patria potestade sobre un menor, creando vínculos xurídicos de parentesco análogos á filiación.

Inscrición do traballador no Rexistro da  Seguridade Social, obrigatoria para as persoas incluídas no seu campo de aplicación e única para a vida das mesmas para todo o sistema, sen prexuízo das altas e as baixas nos distintos réximes que a integran.

Persoa identificada cun número de Seguridade Social que iniciou unha actividade encadrable nun réxime do Sistema da Seguridade Social.

Ata que o incapacitado permanente faga os 65 anos, (agás que a causa da incapacidade proveña de enfermidade profesional), a Administración, o interesado, as entidades colaboradoras ou os empresarios responsables das prestacións, poden promover a revisión por agravación do estado incapacitante, conforme ao procedemento establecido.

Comunicación á Tesourería Xeral da Seguridade Social da incorporación dun traballador a unha actividade que o converte nun suxeito protexido do Sistema de Seguridade Social.

A que se produce como consecuencia dunha actuación inspectora.

A que establece a primeira relación do traballador co Sistema da Seguridade Social.

Declaración médica, mediante o parte médico de alta, nas situacións de incapacidade temporal, tras o recoñecemento do traballador, que establece a plena aptitude para o traballo. Tamén se producen altas médicas de asistencia sanitaria ou ao esgotamento do prazo máximo de duración da incapacidade temporal, aos efectos de iniciar a instrución dun procedemento de incapacidade permanente. O parte médico de alta é expedido polo facultativo do Servizo Público de Saúde, do INSS ou da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.

Comunicación obrigatoria que debe facer o empresario, respecto dos traballadores ao seu servizo ou no seu caso o  traballador, ante a Seguridade Social cando un traballador ingresa na empresa, ou inicia o traballo por conta propia, respectivamente.

A que se produce cada vez que o traballador reinicia a súa actividade laboral nunha ocupación que obriga á inclusión no Sistema da Seguridade Social.

As Entidades xestoras, Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais ou, no seu caso, os Servizos comúns proceden, de acordo coas súas respectivas competencias, ao pagamento das prestacións aos beneficiarios nos casos así determinados regulamentariamente, coa conseguinte subrogación nos dereitos e accións destes beneficiarios; o indicado pagamento procede, aínda cando se trate de empresas desaparecidas ou daquelas que pola súa especial natureza non poidan ser obxecto de procedemento de prema. Igualmente, as mencionadas Entidades, Mutuas e Servizos asumen o pagamento das prestacións, na medida na que se atenúe o alcance da responsabilidade dos empresarios respecto a este pagamento. O anticipo das prestacións, en ningún caso, poderá exceder da cantidade equivalente a dúas veces e media o importe do salario mínimo interprofesional vixente no momento do feito causante ou, no seu caso, do importe do capital custo necesario para o pagamento anticipado, co límite indicado polas Entidades xestoras, Mutuas ou Servizos.

Aprazamento de Pagamento: É un sistema de pagamento das débedas da Seguridade Social fóra do prazo regulamentario de ingreso, suxeito a intereses, e que permite considerar aos interesados, en tanto cumpran as condicións para a súa efectividade, ao corrente respecto das mesmas.

Prestación familiar, de modalidade non contributiva, de carácter económico, que se recoñece en determinadas condicións, por cada fillo menor de 18 anos ou, cando sendo maior desta idade, está afectado por unha minusvalía, nun grao igual ou superior ao 65 por 100, a cargo do beneficiario, calquera que sexa a natureza legal da filiación daquel, así como polos menores acollidos, en acollemento familiar, permanente ou preadoptivo.

Resolución contida na Orde de 25-6-63 pola que se asimilaron as categorías profesionais existentes naquela data nas distintas Regulamentacións de Traballo aos Grupos de Cotización establecidos no Decreto 56/1963, de 17 de xaneiro (BOE nº 17). Cando por convenio colectivo ou por norma se crea unha categoría profesional solicítase e obtense desta Tesourería Xeral a asimilación adecuada.

Dereito dos traballadores e pensionistas e dos seus familiares a cargo, incluídos, no seu caso, os acollidos de feito, a recibir tratamento médico e farmacéutico, coas condicións, contido, modalidades e duración que establecen as normas. É dispensada polos correspondentes Servizos Públicos de Saúde das Comunidades Autónomas e polo Instituto Nacional de Xestión Sanitaria en Ceuta e Melilla. Tamén teñen dereito á asistencia sanitaria as persoas sen recursos suficientes e os estranxeiros, neste último caso coas condicións establecidas na Lei reguladora dos dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

Asistencia Sanitaria prestada por entidades públicas ou privadas en virtude de concerto cos Organismos da Administración de Seguridade Social e aprobados polos Departamentos Ministeriais competentes.

Dereito a participar gratuitamente nos preitos laborais e de Seguridade Social por parte dos traballadores, beneficiarios, Entidades Xestoras e outras persoas, nos termos recoñecidos polas leis.

Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, ponse de manifesto ao interesado para que poida efectuar as súas alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estime pertinentes, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince. Nalgúns casos, o dereito a determinadas informacións ou datos contidos no expediente non pode ser exercido. Considérase realizado o trámite se, antes do vencemento do prazo, o interesado manifesta a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións e, así mesmo, poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións e probas máis que as aducidas polo interesado.

Resolución dos Xuíces ou Tribunais que decide recursos contra providencias, cuestións incidentais, orzamentos procesuais, nulidade do procedemento ou cando as leis procesuais o establezan. Serán sempre fundados e conterán en parágrafos separados e numerados os feitos e fundamentos de dereito e a parte dispositiva, debendo firmalos o Xuíz ou o Maxistrado ou Maxistrados que o diten.

Traballadores por conta propia, sexan ou non titulares de empresas individuais, ou familiares dos mesmos maiores de 18 anos, que reúnan os requisitos que de modo expreso se determinan regulamentariamente.

Designa, para cada Estado membro, o ministro, os ministros ou calquera outra autoridade correspondente da cal dependan, para o conxunto do territorio do Estado de que se trate, os réximes de Seguridade Social.

É unha das prestacións por morte e supervivencia, consistente nunha cantidade a tanto alzado de 30,05 euros, para facer fronte aos gastos de enterro a quen os soportase. Presúmese, agás proba en contrario, que estes gastos foron satisfeitos por esta orde: polo cónxuxe supervivente, fillos e parentes do falecido que convivisen con el habitualmente.

Ten por obxecto permitir ao traballador, aínda sen ter feito a idade ordinaria para acceder á pensión de xubilación, percibir unha contía igual á pensión que lle correspondería se tivese a idade para obtela ao producirse a situación de desemprego. Concédese nos supostos de regulación de emprego levados a cabo en empresas sometidas a plans de reconversión. Teñen natureza colectiva e son de financiamento mixto.

Auxilios económicos en atención a estados ou situacións de necesidade.

Declaración médica, mediante o parte médico de baixa, expedido polo facultativo do Servizo Público de Saúde, ou da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais, que determina a baixa no traballo, e no seu caso, o dereito á prestación económica por incapacidade temporal.

Comunicación obrigatoria que debe facer o empresario cando un traballador cesa na empresa ou o traballador por conta propia cando este cesa na súa actividade profesional.

Cadro que recolle tanto as lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidente de traballo ou enfermidade profesional que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñen unha diminución ou alteración da integridade física do traballador, como as indemnizacións a tanto alzado que corresponden a cada unha delas.

Cadro de valoracións de factores físicos, psíquicos ou sensoriais para a determinación dos graos de minusvalía ou enfermidade crónica, a efectos da pensión de invalidez (modalidade non contributiva), da asignación económica por fillo ou menor a cargo e doutras medidas de protección.

Contía establecida pola lei, que, agás excepcións, debe coincidir co salario real, sobre a que se aplica a porcentaxe ou tipo de cotización e, como resultado, obtense a cota a ingresar á Seguridade Social.

É un dos factores que interveñen no cálculo das prestacións económicas da Seguridade Social e consiste en fixar unha contía ou obter un resultado a través dunha fórmula de cálculo, -determinada en función das bases polas que se efectuasen as cotizacións durante os períodos que se sinalan para cada prestación,- á que se aplican as porcentaxes sinaladas para cada unha das prestacións económicas, obtendo así o importe final a percibir polo beneficiario.

Importes mínimos e máximo entre os que han de estar, en todo caso, as bases de cotización para Continxencias Comúns, en función do grupo de cotización ao que corresponda a categoría profesional do traballador.

Traballadores, familiares dos mesmos, ou outras persoas determinadas na Lei ou nas normas regulamentarias, a quen corresponde unha prestación da Seguridade Social.

Principio xeral do Dereito que debe rexer a actuación da Administración Pública e as relacións laborais de empresarios e traballadores. En xeral, os dereitos deben exercitarse conforme ás esixencias da boa fe.

A idade de xubilación rebáixase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao período de tempo efectivamente traballado en determinadas categorías e especialidades profesionais (pola súa perigosidade, toxicidade, insalubridade, etc.), uns coeficientes conforme a escalas establecidas. (por exemplo, 10 anos como picador de minería do carbón permitirían rebaixar 5 anos, -coeficiente de 0,50-, a idade de 65 para poder xubilarse e, polo tanto, o traballador causaría a pensión aos 60 anos reais ou 65 ficticios).
Ademais, o período de tempo no que resulte rebaixada a idade do traballador, compútase como cotizado a efectos de determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión.

Expresión en desuso, pola que se designa ao empregador, titular ou persoa física que ostenta a representación do fogar no que presta servizos remunerados, con carácter exclusivo e permanente, o traballador que resulta incluído no campo de aplicación do Réxime Especial de Empregados de Fogar.

Decadencia ou perda do dereito á percepción das prestacións no prazo previsto ao efecto (un ano dende a notificación da concesión nas prestacións a tanto alzado e un ano nas prestacións periódicas dende o vencemento da mensualidade). O prazo non admite interrupción.

Principio básico do sistema da Seguridade Social, declarado pola lei, que centraliza na Tesourería Xeral da Seguridade Social a xestión recadadora dos recursos e a custodia dos fondos, valores e créditos.

Conxunto de conceptos e prácticas que a empresa debe poñer en marcha para lograr unha maior satisfacción dos seus clientes co seu produto ou servizo.

É a consideración do ámbito subxectivo ao que se estende o Sistema da Seguridade Social. Coa meta final que establece o artigo 41 da Constitución de «...un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns...» o actual Sistema da Seguridade Social delimita o campo de aplicación de quen realiza unha actividade profesional nunha serie de Réximes. O Réxime Xeral abrangue aos traballadores por conta allea ou asimilados das distintas ramas da actividade económica, ben sexan eventuais, de tempada ou fixos, aínda de traballo descontinuo e incluídos os traballadores a domicilio, sexa cal sexa a súa categoría profesional e a forma e contía da remuneración que perciban, agás os que desenvolvan unha actividade que dea lugar á súa inclusión nalgún dos seguintes Réximes Especiais que acollen, ademais, aos seus propios traballadores autónomos: dos Traballadores do Mar; para a Minaría do Carbón; dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos. Con efectos do 1 de xaneiro de 2008, estableceuse un Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios dentro do RETA, no que quedan incluídos os traballadores por conta propia agrarios, maiores de 18 anos, que cumpran determinados requisitos. Con efectos do 1 de xaneiro de 2012, os antigos réximes especiais de Empregados de Fogar e Agrario conta allea incorporáronse como Sistemas Especiais ao Réxime Xeral da Seguridade Social.
Así mesmo, o ámbito subxectivo esténdese, na modalidade non contributiva, a todos os españois residentes en territorio nacional.

Prestación económica non periódica, que se paga dunha soa vez, polas continxencias e situacións de necesidade determinadas regulamentariamente (lesións permanentes non invalidantes, incapacidade permanente parcial, indemnización especial a tanto alzado por falecementos a causa de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais, etc).

Aptitude para comparecer, actuar e intervir en actos procesuais ante os Xulgados e Tribunais de Xustiza. Habilita a quen a ten para poder actuar eficazmente no proceso.

Valor actual das pensións calculado con táboas de mortalidade e taxa de interese aprobados polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social. O seu importe é ingresado na TGSS pola entidade ou empresario responsable.

Sistema de financiamento das prestacións de Seguridade Social polo que a contía das pensións e subsidios se calculan capitalizando as achegas individuais do traballador ao longo da súa vida laboral.

Período mínimo de cotización esixido agás excepcións, entre outros requisitos, para ter dereito ás prestacións da Seguridade Social.

Documentos a disposición do público onde se resumen os servizos prestados e os compromisos de calidade asumidos por cada organismo na prestación dos mesmos.

Recurso de carácter extraordinario mediante o cal se unifica a doutrina de sentenzas ditadas en suplicación polas Salas do Social dos Tribunais Superiores de Xustiza, cando sobre idéntica cuestión se ditaron sentenzas contraditorias entre si.

Recurso extraordinario contra as resolucións expresamente previstas e polos motivos sinalados na lei, que ten como finalidade o control da aplicación da lei feita polos tribunais de instancia e crear doutrina xurisprudencial, unificando criterios dispares, así como velar polo cumprimento das garantías constitucionais na tramitación dos procesos.

É o grupo ao que pertence cada un dos traballadores e que se identifica por unhas características que se dan nun determinado grupo de traballadores.

Persoa que sucedeu ou se subrogou por calquera título no dereito doutra ou outras.

Persoa de quen provén o dereito que alguén ten (dereitohabente ou causahabente).

É o número que identifica unha determinada situación ou dereito dentro do ficheiro de empresarios do Sistema da Seguridade Social.

É o número único de inscrición que a Tesourería Xeral asigna ao empresario, sexa individual ou colectivo, para a súa identificación no respectivo réxime do Sistema da Seguridade Social no momento de iniciar a súa actividade laboral en calquera lugar do territorio nacional.

Son o total de números de códigos de conta que se asigna a cada empresario para identificar as distintas actividades e réximes nos que se ten que figurar dentro do Sistema da Seguridade Social.

Unidade produtiva con organización específica obrigada a  inscribirse como tal centro ante a autoridade laboral.

Documento emitido polo empresario polo que se acredita o tempo traballado e as cotizacións efectuadas polo traballador.

Documento que permite autenticar e garantir a confidencialidade das comunicacións.

Finalización da relación laboral e xustificación da mesma documentalmente. Requisito necesario, conxuntamente con outros, para acceder ao dereito a algunhas prestacións da Seguridade Social.

Convocatoria realizada a unha persoa para que acuda ante a Seguridade Social ou ante o Órgano Xudicial para realizar determinado trámite ou acto.

Número de 11 cifras asignado aos empresarios como suxeitos responsables do ingreso de cotas para a súa correcta identificación no Rexistro a cargo da Seguridade Social (correspóndese cos antigos números patronais e de inscrición)

Identifica a porcentaxe de xornada que realiza un traballador, en relación coa xornada habitual na empresa que o ten contratado.

Fracción que aplicada á base de cotización de determinados traballadores do mar reduce a cota a ingresar á Seguridade Social. Aplícase á base de cotización por continxencias comúns e por desemprego.

Porcentaxe de redución da contía da pensión de xubilación, en determinados supostos, por cada ano que os traballadores, con idades inferiores á idade ordinaria de xubilación, anticipen a mesma. Esta porcentaxe varía en función do número de anos acreditados en toda a vida laboral. Aplícase en xubilacións anticipadas con condición mutualista aos 60 anos ou, sen ela, a partir dos 61 anos.

Porcentaxe que, aplicado ao tipo ou porcentaxe de cotización, reduce a cota a ingresar á Seguridade Social. Aplícanse á cota íntegra de empresas excluídas dalgunha ou algunhas das continxencias ou situacións definidas normativamente ou de empresas autorizadas a colaborar voluntariamente na xestión da Asistencia Sanitaria e Incapacidade Temporal, derivadas de enfermidade común ou accidente non laboral, así como aos traballadores que subscriben Convenio Especial.

É a participación na xestión asumida por empresarios ben en forma obrigatoria, coma no pagamento delegado de determinadas prestacións (Incapacidade Temporal, Desemprego parcial, etc.), ben en forma voluntaria, como a realizada en materia de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais polas Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social ou a efectuada por empresarios que soliciten o asumir a Asistencia Sanitaria e a Incapacidade Temporal e sexan autorizadas para iso por cumprir os requisitos establecidos.

En xeral, é a profesión demandada polo traballador e tamén aquela que se corresponda coa súa profesión habitual ou calquera outra que se axuste ás súas aptitudes físicas e formativas. En todo caso, enténdese por colocación adecuada a coincidente coa última actividade laboral desempeñada, sempre que a súa duración fose igual ou superior a tres meses.

Supervisan e controlan a aplicación dos acordos do Consello Xeral. Están integradas por nove vocais que representan a partes iguais (3) á Administración Pública, aos Sindicatos e á Organización Empresarial.

Posibilidade legal de simultanear o cobro de dúas prestacións (por exemplo, viuvez con xubilación) ou o traballo por conta allea ou propia cunha prestación (así, traballo con pensión de viuvez).

Medio para extinguir, parcial ou totalmente, as débedas coa Seguridade Social que se atopen en período voluntario de recadación, neutralizándoas con créditos recoñecidos, liquidados e notificados.

Cantidade complementaria que se engade ao importe da pensión, na súa modalidade contributiva, cando non alcance o mínimo fixado legalmente, se o beneficiario non percibe rendas de capital ou traballo persoal, ou percibíndoas, non excedan da contía que se establece anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

É o que adquire o solicitante ou beneficiario das prestacións por desemprego de buscar activamente emprego, aceptar unha colocación adecuada e participar en accións específicas de motivación, información, orientación, formación, reconversión ou inserción profesional para incrementar a súa ocupabilidade.

Cálculo para determinar algo concreto

Totalización dos períodos de cotización en varios réximes da Seguridade Social e de Clases Pasivas, sempre que non se superpoñan, para a conservación e adquisición do dereito ás prestacións. En xeral, é a consideración conxunta das cotizacións efectuadas aos distintos Réximes públicos da Seguridade Social para o recoñecemento do dereito ás prestacións.

Unha das 3 Comunidades Europeas, a máis importante, creada polo Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, co nome inicial de Comunidade Económica Europea, á que España se adheriu en 1986, e que tras o Tratado de Maastricht se denominou Comunidade Europea, e hoxe Unión Europea, composta por 25 países.

Harmonización de responsabilidades laborais e familiares entre homes e mulleres, que configura un sistema que contempla as novas relacións sociais xurdidas (incorporación da muller ao traballo, entre outras) e un novo modo de cooperación e compromiso entre mulleres e homes, que permita un reparto equilibrado de responsabilidades na vida profesional e na privada. Inclúe importantes reformas lexislativas (permisos de maternidade, paternidade, excedencias laborais, redución de xornada, etc.) e a necesidade de promover adicionalmente servizos de atención a persoas, nun marco amplo de política de familia.

Órgano superior colexiado, para a participación no control e vixilancia da xestión das Entidades Xestoras no que figuran, por partes iguais (13), representantes da Administración Pública, Sindicatos e Organizacións Empresariais.

Órgano colexiado, previsto na lei e regulado polo Goberno en virtude de delegación lexislativa, para a participación no control e vixilancia da xestión das Entidades Xestoras no que figuran representantes da Administración Pública, Sindicatos, Organizacións Empresariais e Corporacións de Dereito Público (Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e Colexio de Oficiais da Mariña Mercante Española).

É o que a empresa debe celebrar simultaneamente (ao celebrado a tempo parcial cunha persoa que se xubila parcialmente) cun traballador en situación de desemprego ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada, con obxecto de substituír a xornada de traballo deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente. O contrato de relevo é obrigatorio para substituír aos traballadores que se xubilasen parcialmente antes dos 65 anos e potestativo se xa fixeron esta idade. O contrato debe axustarse, ademais, a determinadas particularidades legais.

Acordo entre empresario e traballador polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección a cambio dunha retribución.

É o que acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano, inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable, entendido este coma un traballador a tempo completo da mesma empresa e centro de traballo, co mesmo tipo de contrato de traballo e que realice un traballo idéntico ou similar. O contrato de traballo pode concertarse por tempo indefinido ou por duración determinada.

Relativo ás contribucións, cotizacións e outros impostos

En Dereito comunitario, todo instrumento bilateral ou multilateral que vincule ou poida vincular exclusivamente a dous ou varios Estados membros, así como todo instrumento multilateral que vincule ou poda vincular polo menos a dous Estados membros e a un ou varios outros Estados no campo da Seguridade Social, para o conxunto ou parte das ramas e réximes, así coma os acordos de calquera natureza concluídos no marco destes instrumentos.
En xeral, é un Acordo entre dous ou máis Estados, (e outros suxeitos de dereito internacional) para a conservación ou a adquisición dos dereitos en curso no outro país, xeralmente totalizando os períodos de seguro en cada un deles, e distribuíndo a carga das prestacións baixo a fórmula de pro rata, é dicir, en proporción aos tempos cotizados en cada país.

Acordo subscrito coa Seguridade Social polos traballadores dados de baixa, ou polos afiliados noutras situacións determinadas, co fin de manter os seus dereitos en curso de adquisición, sen perder os efectos das cotas aboadas anteriormente.

Vida en común con outra persoa que pode atribuír dereitos a algunhas prestacións ou a elevar a súa contía. Tamén pode ter incidencia no Réxime de encadramento dos traballadores (por exemplo á hora de presumir control efectivo sobre a sociedade, por parte de socios traballadores).

Home ou muller con vínculo matrimonial que atribúe o dereito a determinadas prestacións xeradas polo esposo ou a esposa.

Cantidade ou porción da base de cotización que deben achegar os empresarios e os traballadores e que se determina por aplicación dun tipo ou porcentaxe sobre a referida base.

Obriga contributiva imposta a empresarios e traballadores para o sostemento das cargas económicas da Seguridade Social.

Cotización ao Réxime Especial Agrario que realizan os empresarios que ocupan traballadores en labores agrarias, consistente na aplicación dunha porcentaxe ou tipo á base de cotización por cada xornada que se realice, fixados anualmente.

Son aqueles cuxo titular ten preferencia para ser pagado, fronte a outros, cos bens do debedor común. Teñen este carácter as prestacións a cargo do empresario as cotas da Seguridade Social e certos créditos salariais.

Declaración da situación de incapacidade permanente, efectuada polo Instituto Nacional da Seguridade Social, a través dos seus órganos, aos efectos do recoñecemento das prestacións económicas. A incapacidade permanente clasifícase conforme aos graos de parcial para a profesión habitual, total para a profesión habitual, absoluta para todo traballo e gran invalidez.

Asunto que un órgano xurisdicional nacional, ante o que se está substanciando un litixio que require a aplicación dunha norma comunitaria, presenta ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea, sobre a interpretación ou validez desa norma.

Data na que o traballador figura incluído por primeira vez no campo de aplicación do Sistema da Seguridade Social.

Data na que se comunica o inicio da actividade laboral á Tesourería Xeral da Seguridade Social, por calquera dos medios admitidos en dereito.

Data dende cando producirá efectos a alta e que será dende o inicio da actividade sempre que se solicite en prazo regulamentario.

Data dende cando producirá efectos a baixa no correspondente Réxime da Seguridade Social.

Data na que se produce o cesamento da actividade na empresa.

reducións nas liquidacións de cotas, mediante corrección da base, minoración do tipo, redución ou bonificación da cota, autorizados por norma legal ou regulamentaria. Só poden aplicarse polos responsables do pagamento que se atopen ao corrente coa Seguridade Social no momento da concesión de tales beneficios.

Escrito polo que se solicita a tutela xudicial, formulando unha petición concreta ante un órgano xurisdicional, iniciándose o procedemento correspondente.

Situación de necesidade asistencial por parte doutra persoa, para os actos esenciais da vida e comunicación cos demais.

Os traballadores que desaparecesen con ocasión dun accidente, sexa ou non de traballo en circunstancias que fagan presumible a súa morte, e sen ter noticias durante 90 días naturais seguintes ao do accidente, poderán causar pensións de morte e supervivencia, agás o subsidio de defunción, con efectos retroactivos á data do accidente.

Permiso laboral ou de inactividade no traballo por conta propia, que dá lugar á situación protexida por causa de parto, adopción e acollemento (tanto preadoptivo como permanente ou provisional), de duración taxada pola lei, que atribúe o dereito a un subsidio equivalente ao 100% da base reguladora. O pai pode gozar, simultánea o sucesivamente, deste descanso, nas condicións que se establecen regulamentariamente.

Situación protexida de quen, podendo e querendo traballar, perden o seu emprego, ou ven reducida a súa xornada de traballo, e que atribúe un posible dereito a prestacións económicas, ben coma prestación ou coma subsidio.

Dereito que asiste ás persoas obrigadas a cotizar cando ingresaron cantidades indebidas, sempre que se reclame dentro dos 4 anos a contar do día seguinte ao ingreso das cotas.

Restitución total ou parcial ao suxeito obrigado das cotas ingresadas por erro, nos termos e supostos fixados regulamentariamente. O dereito á devolución caduca aos 4 anos a contar do día seguinte ao ingreso das cotas.

Nos procedementos administrativos, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndo do cómputo os domingos e os declarados festivos. Nos procesos xudiciais son, ademais, inhábiles todos os días do mes de agosto, agás para actuacións xudiciais que se declaren urxentes polas leis procesuais.

Acto motivado, emanado do Parlamento europeo e o Consello conxuntamente, do Consello ou da Comisión, que obriga ao Estado membro destinatario en canto ao resultado que debe conseguirse, deixando ás autoridades nacionais a elección da forma e dos medios.

calidade dunha persoa que ten impedida ou entorpecida algunha das actividades cotiás consideradas normais, por alteración das súas funcións físicas ou intelectuais.

Extinción de matrimonio que a efectos da Seguridade Social non extingue o dereito á pensión de viuvez, procedendo en caso de múltiples vínculos o pro rateo da prestación de viuvez entre distintos beneficiarios e en función ao tempo de convivencia.

O facilitado a cada suxeito protexido no momento da súa incorporación á Seguridade Social e que acredita a condición de afiliado.

Impresos que serven para a determinación e ingreso das cotas de Seguridade Social, que han de encherse conforme ás instrucións establecidas.

As persoas que concluísen un tratamento de deshabituación da súa drogodependencia e non teñan dereito á prestación por desemprego poden ser beneficiarios do subsidio por desemprego nos casos que determina a Lei Xeral de Seguridade Social.

Dereito que asiste ao beneficiario para elixir facultativo dos servizos públicos de saúde nos casos recoñecidos polos regulamentos.

(Véxase "Risco durante o embarazo")

Traballadores que, en territorio nacional, se dediquen a prestar servizos exclusivamente domésticos para un ou varios cabezas de familia, no domicilio no que estes habitan e percibindo por iso unha remuneración, quedando incluídos por iso no campo de aplicación do Réxime Especial dos Empregados de Fogar.

A efectos da Seguridade Social, toda persoa natural ou xurídica, pública ou privada, por cuxa conta traballen as persoas incluídas no campo de aplicación de calquera Réxime de Seguridade Social que incorpore a traballadores suxeitos ao seu poder de dirección e organización.

Toda empresa que ocupe 1.000 ou máis traballadores nos Estados membros e, polo menos en dous Estados membros diferentes, empreguen 150 ou máis traballadores en cada un deles.

Toda persoa natural ou xurídica, aínda que a súa actividade non estea motivada por ánimo de lucro, á que prestan servizos, coa consideración de traballadores por conta allea, as persoas incluídas no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.

Alteración da saúde que non teña a condición de accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional.

A contraída a consecuencia do traballo executado por conta allea nas actividades especificadas como causantes da mesma no cadro de Enfermidades Profesionais aprobado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, e que estea provocada pola acción dos elementos ou substancias que neste cadro se indican para cada enfermidade profesional.
No traballo por conta propia dos réximes especiais agrario, de autónomos e de traballadores do mar, entenderase como enfermidade profesional a contraída como consecuencia directa e inmediata do traballo que se realiza e que determina a inclusión no réxime especial.

Entidade pola que se opta sexa cuberto o risco de accidente de traballo.

Entidade pola que se opta sexa cuberto o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Entidades públicas con personalidade xurídica que, baixo a dirección e tutela dos respectivos departamentos ministeriais, efectúan a xestión e administración das prestacións e servizos que son competencia da Seguridade Social. Teñen tal carácter o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Social da Mariña (ISM), e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO).

Número ordinal que na tarifa de primas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais se aplica a cada unha das descricións de traballo nas distintas actividades económicas, á vez que se sinalan as porcentaxes de aplicación á base de cotización para estas continxencias para o cálculo das cotas. A cotización por epígrafe realizouse ata o 31 de decembro de 2006.

Calidade que move a dar a cada un o que se merece.

Órgano colexiado formado por distintos profesionais, existente en cada Dirección Provincial do INSS, (excepto nas de Cataluña), que ten como función, entre outras, examinar a situación de incapacidade do traballador e formular ao Director Provincial o ditame-proposta, preceptivo e non vinculante, en materia de anulación ou diminución da capacidade para o traballo, a procedencia ou non de revisión, a determinación do carácter común ou profesional da enfermidade, etc.

Equivocación sufrida ao cualificar a enfermidade que dá lugar á incapacidade permanente e que pode fundar a súa revisión en calquera momento, en tanto o interesado non faga a idade mínima para acceder ao dereito á pensión de xubilación.

Para determinar o número de anos de cotización e aplicar a porcentaxe do que depende a contía da pensión de xubilación, ao número de días cotizados na vida laboral súmase, no seu caso, o número de anos e fraccións de ano que correspondan ao traballador, segundo a idade que tiña o 1 de xaneiro de 1967, de acordo cunha escala establecida. Esta asigna 250 días a quen nesa data tivese 21 anos e, partindo desta idade,  vai aumentando en igual proporción -250 días- por cada ano máis de idade.

O Estado membro en cuxo territorio se atopa a institución competente.

Dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres, de duración non superior a tres anos para atender o coidado de cada fillo, por natureza ou adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar dende a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa. No caso de excedencia para coidado de familiares, a duración non pode superar o ano, agás negociación colectiva que estableza unha duración superior, e alcanza a familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poden valerse por si mesmos e non desempeñan actividade retribuída.
O primeiro ano de excedencia con reserva de posto de traballo terá a consideración de período de cotización efectiva, a efectos das prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia e maternidade. Este período ten unha duración de 15 ou 18 meses se a unidade familiar da que forma parte o menor ten a consideración de familia numerosa, respectivamente, de categoría xeral ou especial.

En termos xerais, enténdese por familia numerosa a integrada por un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns. Non obstante, a lei equipara a familia numerosa as familias constituídas noutros termos e establece as condicións para recoñecer e manter o dereito a ostentar a condición de familia numerosa e, en función do número de fillos ou outras consideracións, clasifícaas en categoría especial e xeral.

Prestación (pensión ou subsidio) establecida en favor de certos familiares do traballador ou pensionista falecido, que conviviron con el e baixo a súa dependencia económica.

Enténdese por feito causante dunha prestación aquel que dá lugar á realización da continxencia ou situación protexida e que foi fixado pola lei ou polo regulamento en data determinada (por exemplo, a morte para a pensión de viuvez, a idade e o cesamento no traballo para a pensión de xubilación, etc).

Obxectivo da Seguridade Social que consiste en proporcionar ao traballador e aos familiares ou asimilados que tivese ao seu cargo, a protección adecuada fronte ás continxencias e nas situacións previstas pola lei.

É o traballador cun contrato por tempo indefinido de fixo-descontinuo que se concerta para realizar traballos que teñan o carácter de fixos-descontinuos e non se repitan en datas certas, dentro do volume normal de actividade da empresa. Aos supostos de traballos descontinuos que se repitan en datas certas seralles de aplicación a regulación do contrato a tempo parcial celebrado por tempo indefinido. Os traballadores fixos-descontinuos deben ser chamados na orde e a forma que se determine nos respectivos convenios colectivos, podendo o traballador, en caso de incumprimento, reclamar en procedemento de despido.

Dereito básico dos traballadores que causa a suspensión do contrato de traballo e, por conseguinte, das obrigas recíprocas de traballar e de aboar a remuneración, así como da obriga de cotizar. O traballador permanece en situación de alta especial.

Organismo Autónomo, dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, con personalidade xurídica e capacidade de obrar, que ten coma fins aboar aos traballadores o importe dos salarios pendentes de pagamento a causa de insolvencia, suspensión de pagamentos, quebra ou concurso de acredores dos empresarios.

Instrumentos de previsión voluntaria, complementaria das prestacións da Seguridade Social, polos cales unha persoa contrata, con determinadas entidades administradoras recoñecidas, o dereito a percibir rendas ou capitais por xubilación, supervivencia, viuvez e orfandade mediante a capitalización das achegas periódicas realizadas ao longo da súa vida. Os Fondos de Pensións son patrimonios creados ao exclusivo obxecto de dar cumprimento a Plans de Pensións, cuxa xestión, custodia e control se realizan de acordo coa lei.

Caixa ou previsión de recursos constituída polos excedentes de cotizacións para atender as necesidades futuras do Sistema da Seguridade Social.

Acción ou efecto de fraccionar as cotas da Seguridade Social. Non é o mesmo que aprazamento, que é unha demora en canto ao pagamento das mesmas. 

Incapacidade permanente cando, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, se necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos. Terá dereito á pensión por incapacidade permanente absoluta, incrementada nun 50%, destinado a que o inválido poida remunerar á persoa que o atenda.

Distintos estados da redución da capacidade de traballo do interesado, que poden constituír incapacidade parcial, total, absoluta e de gran invalidez, e que poden atribuír dereitos a prestacións de diversa contía.

Cada un dos grupos nos que se clasificaron, a efectos de cotización á Seguridade Social, as categorías profesionais existentes nas distintas regulamentacións de traballo.

Aquelas cuxa posibilidade de realización fose acordada, como adición ás horas ordinarias pactadas no contrato a tempo parcial, conforme ao réxime xurídico establecido no Estatuto dos Traballadores e, no seu caso, nos convenios colectivos sectoriais ou, no seu defecto, de ámbito inferior. Están suxeitas a regras particulares.

Aquelas horas de traballo que se realicen, con carácter voluntario, sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. Pódese optar, mediante convenio colectivo ou contrato individual, entre aboalas ou compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuído. O seu número non pode ser superior a oitenta por ano, agás as traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

Tempo transcorrido dende o nacemento dunha persoa ata un día determinado que incide na inclusión no campo de aplicación dos réximes do Sistema, así como no dereito a prestacións por incapacidade permanente, xubilación, orfandade, protección familiar, etc.

É a idade mínima de 65 anos para causar dereito á pensión de xubilación. Pode, non obstante, anticiparse en certos supostos con aplicación de porcentaxes de redución da contía da pensión (coeficientes redutores), e por actividades profesionais consideradas tóxicas, perigosas ou insalubres (traballadores do mar, persoal de voo de traballos aéreos, mineiros e outros), por tratarse de traballadores minusválidos ou en supostos de xubilación especial aos 64 anos.

Dereito ao recoñecemento da pensión de xubilación e das prestacións por morte e supervivencia, con excepción do auxilio por defunción, que non se extingue polo transcurso do tempo, sen prexuízo de que os efectos de tal recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á data na que se presente a correspondente solicitude.

Entidade Xestora, con natureza pública e capacidade xurídica, para a xestión das pensións de invalidez e xubilación nas súas modalidades non contributivas, (e executada polas Comunidades Autónomas), así coma dos servizos complementarios das prestacións do Sistema da Seguridade Social, ademais doutras competencias en materia de migracións.

Expresión latina, pola cal se considera accidente de traballo o que sufra o traballador por conta allea ao ir ou ao volver do lugar de traballo. No Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos non se considera accidente de traballo esta circunstancia. Incapacidade permanente: Situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito e de ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral, e que pode causar dereito a unha prestación de contía variable segundo o grao da incapacidade (parcial, total, absoluta ou grande invalidez). É causa de extinción da relación laboral, agás no caso de incapacidade permanente parcial e cando, en incapacidade permanente total, se declare a suspensión da relación laboral, con reserva de posto de traballo.

A que, sen alcanzar o grao de total, ocasione ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no seu rendemento normal para a profesión habitual, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma. A prestación consiste nunha cantidade a tanto alzado.

A que inhabilita ao traballador para a realización de todas ou das fundamentais tarefas da súa profesión habitual, sempre que poida dedicarse a outra distinta. Atribúe dereito a unha prestación do 55% da base reguladora, aínda que, en determinadas circunstancias, pode incrementarse nun 20%, a partir dos 55 anos.

Situación de enfermidade común ou profesional e accidente, sexa ou non de traballo, que pode atribuír o dereito a un subsidio mentres se reciba asistencia sanitaria da Seguridade Social e se estea impedido para o traballo, cunha duración máxima de 12 meses, prorrogables por outros 6 cando se presuma que durante eles poida o traballador ser dado de alta médica por curación. Tamén son situación determinante de incapacidade temporal, os períodos de observación por enfermidade profesional nos que se prescriba a baixa no traballo, cunha duración máxima de 6 meses prorrogables por outros 6, cando se estime necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade. A incapacidade temporal é unha das causas de suspensión do contrato de traballo.

Principio xeral establecido pola lei, segundo o cal as prestacións son incompatibles entre si cando coinciden no mesmo beneficiario, agás que, legal ou regulamentariamente, se dispoña expresamente o contrario; nestes casos, deberase optar por unha delas. A incompatibilidade pode darse tamén entre unha prestación e un traballo por conta allea ou propia, en cuxo caso a prestación non pode percibirse mentres se realice o traballo ou actividade que dea lugar á inclusión nalgún réxime público de Seguridade Social.

Impedimento legal para percibir determinadas prestacións de Seguridade Social cando se realizan traballos ou cando se desempeña un posto no sector público.

Incremento da pensión dos traballadores cualificados como incapacitados permanentes totais para a súa profesión habitual, cando pola súa idade, 55 anos ou máis, falta de preparación xeral ou especializada, e circunstancias sociais e laborais do lugar de residencia, se presume a dificultade de obter emprego en actividade distinta da habitual anterior.

Situación producida pola negación total ou parcial do dereito a ser oído e a defenderse nun procedemento ou nun xuízo e que ocasiona ao que a sofre un prexuízo real. Anúlanse ou restrínxense de maneira inxustificada as oportunidades de defensa dunha parte en relación coa contraria, en trámite de alegacións ou de proba.

Utilízase como indicador ou referencia do nivel de renda que serve para determinar a contía de determinadas prestacións ou para acceder a determinados beneficios, prestacións ou servizos públicos, substituíndo ao salario mínimo interprofesional nesta función, de forma obrigatoria para o caso das normas do Estado e de forma potestativa para o caso das Comunidades Autónomas, das Cidades de Ceuta e Melilla e das entidades que integran a Administración local.

Organismo autónomo, adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, competente para xestionar as funcións e servizos derivados das prestacións de protección por desemprego e para declarar o recoñecemento, suspensión, extinción e reinicio das prestacións.

Dereito dos interesados e das persoas que acrediten un interese persoal e directo, a ser informados polos Organismos da Administración acerca dos datos a eles referentes que obren nos mesmos.

Acto administrativo que debe ser solicitado obrigatoriamente, polo cal as empresas pasan a formar parte e identificarse no Rexistro a cargo da Tesourería Xeral da Seguridade Social, como requisito previo e indispensable á iniciación das súas actividades.

En Dereito comunitario, é a institución á cal o interesado estea afiliado no momento da solicitude de prestacións; ou a institución da cal o interesado ten dereito a prestacións ou tería dereito a prestacións se residise, ou se o membro ou os membros da súa familia residisen no territorio do Estado membro onde se atopa esta institución; ou a institución designada pola autoridade competente do Estado membro de que se trate.

O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) é unha Entidade Xestora con personalidade xurídica propia, adscrita ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da Secretaría de Estado da Seguridade Social, e cuxa competencia xenérica se estende á xestión e administración das prestacións económicas do Sistema da Seguridade Social, con excepción daquelas cuxa xestión está atribuída ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais ou aos servizos competentes das Comunidades Autónomas.
Concretamente, o Instituto Nacional da Seguridade Social ten atribuídas, entre outras, as seguintes competencias: Recoñecemento e control do dereito ás prestacións económicas que outorga o sistema da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Servizo Público de Emprego Estatal en materia de prestacións de protección por desemprego e ao Instituto Social da Mariña en relación co réxime especial dos traballadores do mar; recoñecemento e control do dereito á asignación económica por fillo a cargo, e pagamentos únicos por nacemento do terceiro fillo ou posterior e por parto múltiple; recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria; relacións internacionais de carácter institucional e negociación e execución dos convenios internacionais de Seguridade Social; xestión e funcionamento do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas; xestión das prestacións económicas e sociais do síndrome tóxico, etc.

O Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA) é a Entidade Xestora da Seguridade Social, con personalidade xurídica propia e adscrita ao Ministerio de Sanidade e Consumo, a través da Dirección Xeral de Cohesión do Sistema Nacional de Saúde e Alta inspección (a cal depende da Secretaría Xeral de Sanidade), á que se atribúe a xestión das prestacións sanitarias da Seguridade Social no ámbito das Cidades de Ceuta e Melilla. As competencias en materia de asistencia sanitaria, anteriormente asignadas ao extinguido Instituto Nacional da Saúde, xa foron transferidas a todas as Comunidades Autónomas.
Constitucionalmente, o Estado ten competencia exclusiva en materia de sanidade exterior, bases e coordinación xeral da Sanidade, lexislación sobre produtos farmacéuticos e, así mesmo, sobre a lexislación básica e o réxime económico da Seguridade Social, sen prexuízo da execución dos seus servizos polas Comunidades Autónomas.

Cando, no período que se tome para o cálculo da base reguladora das pensións de xubilación e de incapacidade permanente, derivada de enfermidade común, ou tamén, de accidente non laboral en situacións de non alta, se se trata de traballadores por conta allea, aparecen meses durante os cales non existiu obriga de cotizar, estas lagoas ou baldeiros de cotización, intégranse, exclusivamente para efectuar o referido cálculo, coa base mínima do Réxime Xeral existente en cada momento.

Rédito ou beneficio fixado anualmente pola Lei de Orzamentos Xerais do Estado. O principal da débeda, os recargos sobre a mesma e as costas do procedemento que foran obxecto de aprazamento devindican interese, que será esixible dende a súa concesión ata a data de pagamento, conforme ao interese legal do diñeiro que se atope vixente en cada momento durante a duración do aprazamento. Así mesmo, no Réxime Especial de Autónomos, as cotizacións esixibles correspondentes a períodos anteriores á formalización da alta, que dan tamén lugar á devindicación de intereses, serán esixibles dende a correspondente data na que deberon ser ingresadas, de conformidade co tipo de interese legal do diñeiro vixente no momento do pagamento.

Porcentaxe aplicable ao importe dunha débeda coa Seguridade Social (principal máis recargo) non aboada en prazo regulamentario, que se devindicará dende o vencemento deste prazo e será esixible a partir dos quince días seguintes á notificación da providencia de prema ou comunicación do inicio do procedemento de dedución.

Gran conxunto de redes e ordenadores interconectados, no que pode intercambiarse todo tipo de información.

Baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral da Administración do Estado, é o órgano de control interno e de dirección e xestión da contabilidade das entidades que integran o sistema da Seguridade Social.

Poden ser constitutivas desta situación as deficiencias previsiblemente permanentes de carácter físico ou psíquico, conxénitas ou non, que anulen ou modifiquen a capacidade física, psíquica ou sensorial de quen as padece, e que poden dar dereito a unha pensión cuxa contía é fixada na correspondente lei de Orzamentos Xerais do Estado de cada ano.

Principio xeral consagrado pola Lei de Seguridade Social conforme ao cal é nulo todo pacto individual ou colectivo polo cal o traballador renuncie aos dereitos que lle confire a citada Lei.

Principio de dereito segundo o cal as leis non teñen efecto en canto aos feitos anteriores á súa promulgación, agás expresa disposición en contrario. A norma nova non será aplicable a situacións orixinadas durante a vixencia doutra que se derroga e só producirá efectos a partir da súa entrada en vigor. A Constitución garante o principio de irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuais.

Entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, baixo a dirección e tutela do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, cunha dobre dimensión de competencias: os problemas sociais do sector marítimo pesqueiro e a xestión do réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.

As lesións, mutilacións e deformidades de carácter definitivo, causadas por accidentes de traballo ou enfermidades profesionais que, sen chegar a constituír unha incapacidade permanente, supoñan unha diminución ou alteración da integridade física do traballador e aparezan recollidas no baremo anexo ás disposicións de desenvolvemento da Lei Xeral da Seguridade Social, serán indemnizadas, por unha soa vez, coas cantidades alzadas que no mesmo se determinan, pola entidade que estivese obrigada ao pagamento das prestacións de incapacidade permanente, todo iso sen prexuízo do dereito do traballador a continuar ao servizo da empresa.

O importe inicial das pensións contributivas por cada beneficiario non poderá superar a contía íntegra mensual que estableza anualmente a correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Así mesmo, o importe da revalorización anual das pensións contributivas non poderá determinar para estas, unha vez revalorizadas, un valor íntegro anual superior á contía establecida na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado, sumado, no seu caso, ao importe anual íntegro xa revalorizado das outras pensións públicas percibidas polo seu titular.

Nivel de rendas ou ingresos que establece a lei para determinar se unha persoa compre ou non o requisito de carecer de rendas ou ingresos suficientes, a efectos de percibir unha pensión de xubilación ou de invalidez en modalidade non contributiva. Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando a suma, en cómputo anual, dos mesmos sexa inferior ao importe, tamén en cómputo anual, da prestación.
Os límites de acumulación de recursos, no suposto de unidade económica, serán equivalentes á contía, en cómputo anual, da pensión, máis o resultado de multiplicar o setenta por cento desta cifra polo número de conviventes, menos un. Cando a convivencia, dentro dunha mesma unidade económica, se produza entre o solicitante e os seus descendentes ou ascendentes en primeiro grao, os límites de acumulación de recursos serán equivalentes a dúas veces e media da contía que resulte de aplicar o indicado anteriormente.

Aumento voluntario das cotizacións ou das prestacións sociais na forma e condicións que autorizan as normas regulamentarias do Réxime Xeral e dos réximes especiais da Seguridade Social.

Persoas que se desprazan dun país a outro para establecerse nel.

Actividade de explotacións mineiras de carbón regulada, en determinados aspectos específicos, polo Réxime Especial da Seguridade Social para a Minería do Carbón.

Os traballadores, e en xeral as persoas que teñen diminuídas as súas capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, ou padecen enfermidade crónica en grao igual ou superior ao 33%, poden acceder a distintas prestacións, segundo o grao padecido, nas modalidades contributiva e non contributiva, se reúnen os restantes requisitos esixidos legalmente, con independencia doutros beneficios.

Aplícanse estes termos, en xeral, ás clases das prestacións segundo se calcule ou non o seu importe sobre as cotizacións efectuadas ao Sistema da Seguridade Social. A modalidade contributiva ten un carácter eminentemente profesional, destinada á protección dos traballadores, en tanto que a modalidade non contributiva se dirixe á protección de quen, acreditando unha situación de carencia ou insuficiencia de recursos, non cotizou nunca ao Sistema da Seguridade Social ou non cotizou o suficiente para acceder a prestacións do nivel contributivo. A contía das pensións e asignacións da modalidade non contributiva fíxanse anualmente na Lei dos Orzamentos Xerais do Estado.

Os traballadores en situación de alta, e en certos casos en non-alta, os subsidiados e os pensionistas poden causar dereito, ao seu falecemento, ás seguintes prestacións en favor dos familiares ao seu cargo:
a) Un auxilio por defunción. b) Unha pensión vitalicia de viuvez. c) Pensións de orfandade. d) Indemnización especial a tanto alzado se o falecemento tivo lugar por accidente de traballo ou enfermidade profesional. e) Unha pensión vitalicia ou, no seu caso, subsidio temporal en favor de familiares.

Son entidades aseguradoras que exercen unha modalidade aseguradora de carácter voluntario complementaria ao sistema de Seguridade Social obrigatoria, mediante achegas a prima fixa ou variable dos mutualistas, persoas físicas ou xurídicas, ou doutras entidades ou persoas protectoras.
En canto ao ámbito de cobertura, na previsión de riscos sobre as persoas as continxencias que poden cubrir son as de morte, viuvez, orfandade e xubilación, garantindo prestacións económicas en forma de capital ou renda. Así mesmo, poderán outorgar prestacións por razón de matrimonio, maternidade, fillos e defunción. E poderán realizar operacións de seguro de accidentes e invalidez para o traballo, enfermidade, defensa xurídica e asistencia, así como prestar axudas familiares para custear necesidades motivadas por feitos ou actos xurídicos que impidan temporalmente o exercicio da profesión.

Son asociacións debidamente autorizadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social que con tal denominación son constituídas, sen ánimo de lucro e con suxeición ás normas regulamentarias, por empresarios que asumen ao efecto unha responsabilidade mancomunada, co principal obxecto de colaborar na xestión da Seguridade Social, sen prexuízo de realización doutras prestacións, servizos e de actividades que lles sexan legalmente atribuídas. A colaboración na xestión da Seguridade Social comprenderá as seguintes actividades: a colaboración na xestión de continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais; a realización de actividades de prevención e recuperación; a colaboración na xestión da prestación económica de incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.
Tamén poden asumir a cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns do persoal ao servizo dos empresarios asociados, así como do subsidio por incapacidade temporal do Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos e dos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial Agrario da Seguridade Social.

Carencia das cousas que son necesarias cuxa falta continuada pode carrexar riscos ou perigos.

Acto polo que deben comunicarse ao interesado as resolucións e actos administrativos que afecten aos seus dereitos e intereses, nas condicións e termos que se establecen pola Lei.

O que a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna ao traballador, sexa por conta allea ou propia, cando causa alta inicial na Seguridade Social. Ten carácter vitalicio e único para o Sistema da Seguridade Social en todo o territorio nacional.

Para os efectos da cotización por accidente de traballo e enfermidades profesionais, a ocupación consiste na realización dun traballo, perfectamente identificado, común a moitas actividades e cun risco que é independente da actividade da empresa.

Son as entidades financeiras e outros órganos ou axentes autorizados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social para a recadación dos recursos e o seu posterior ingreso na TGSS (fundamentalmente bancos e caixas de aforros).

Opción que se exerce para determinar a cobertura da prestación económica da incapacidade temporal.

Pensión que perciben os fillos do causante falecido, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación, e os achegados ao matrimonio polo cónxuxe sobrevivente, (se reúnen os demais requisitos esixidos), sempre que, ao falecer o causante, sexan menores de dezaoito anos ou estean incapacitados para o traballo e que aquel teña cuberto o período de cotización esixido, no seu caso. Nos casos nos que o fillo do causante non efectúe un traballo lucrativo por conta allea ou propia, ou cando realizándoo, os ingresos que obteña en cómputo anual resulten inferiores ao 75 por 100 do salario mínimo interprofesional, que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, poderá ser beneficiario da pensión de orfandade sempre que, á data de falecemento do causante, fose menor de 22 anos de idade, ou de 24 se non sobrevivise ningún dos pais.

Os fillos, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación, que ao falecer os seus proxenitores, o pai e a nai, ou un dos dous, teñen dereito á pensión de orfandade cando reúnen a idade e condicións que se determinan legalmente.

acordo do pleno do Congreso, do 6 de abril de 1995, no que se plasma o consenso das forzas sociais e políticas sobre os problemas estruturais da Seguridade Social e as principais reformas para solucionalos.

Forma de colaboración obrigatoria consistente no pagamento, por delegación da Entidade xestora, das prestacións correspondentes á incapacidade temporal.

País ao que é desprazado un traballador para a prestación de servizos.

País dende o que se despraza un traballador para realizar actividade en España.

Úsase na súa acepción de comunicación á Tesourería Xeral da Seguridade Social dalgunha circunstancia pola que un suxeito protexido establece, cesa ou varía a súa relación co Sistema da Seguridade Social, coa denominación de parte de alta, parte de baixa ou parte de variación. Realízase sempre nun modelo oficial establecido e editado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Intervención dos sindicatos e organizacións empresariais no control e vixilancia da xestión das Entidades Xestoras por órganos colexiados existentes a nivel estatal e provincial. (Véxase "Consello Xeral do INSS e do ISM e Comisións Executivas").

(Véxase “Descanso por maternidade”)

Dereito polo que se permite ao empresario o peche do centro de traballo e, por tanto, a suspensión do contrato de traballo, o que suspende así mesmo as obrigas recíprocas de traballar e de percibir o salario e a cotización á Seguridade Social, entre outros dereitos. Os traballadores permanecen en situación de alta especial durante o peche patronal.

Son prestacións económicas da Seguridade Social, de pagamento e de duración normalmente vitalicia ou ata que o beneficiario alcance unha idade predeterminada. Poden ser de modalidade contributiva (cando se recoñece o dereito en virtude das cotizacións efectuadas) e de modalidade non contributiva (cando se carece de rendas ou ingresos suficientes e se cumpren as restantes condicións establecidas pola lei).

En Dereito comunitario, os períodos definidos ou admitidos como tales pola lexislación baixo a cal foran cubertos, así coma todos os períodos asimilados na medida na que sexan recoñecidos por esta lexislación como equivalentes aos períodos de emprego.

En Dereito comunitario, os períodos de cotización ou de emprego, tales como se definen ou admiten como períodos de seguro pola lexislación baixo a cal foron cubertos ou se consideran como cubertos, así como todos os períodos asimilados na medida na que sexan recoñecidos por esta lexislación como equivalentes aos períodos de seguro.

En Dereito comunitario, dereito individual - e, en principio, non transferible - de todos os traballadores, homes ou mulleres, a ausentarse do traballo por motivo de nacemento ou adopción dun fillo.

Persoa que convive e depende economicamente do traballador ou beneficiario dunha prestación e que pode atribuír maior contía da referida prestación (por exemplo: complementos por mínimos nas pensións de xubilación e viuvez).

Configúranse como institucións de previsión voluntaria e libre, que definen o dereito das persoas, a cuxo favor se constitúen, a percibir rendas ou capitais por xubilación, supervivencia, viuvez, orfandade ou invalidez; de carácter privado; poden ou non ser complemento do preceptivo sistema da Seguridade Social obrigatoria, ao que en ningún caso substitúen. A norma establece o principio de non discriminación, garantindo o acceso como partícipe dun plan a calquera persoa física que reúna as condicións de vinculación ou de capacidade de contratación.

Situación do traballador que desenvolve o seu traballo en dúas ou máis actividades que obrigan á inclusión en distintos Réximes da Seguridade Social, polo que ha de considerarse se reúne os requisitos que cada Réxime teña establecidos.

Situación do traballador que desenvolve a súa actividade en dúas ou máis empresas do mesmo Réxime. Tal situación debe comunicarse á Tesourería Xeral da Seguridade Social para que, se procede, efectúe a distribución dos límites de cotización entre as empresas afectadas. As persoas comprendidas no campo de aplicación do Sistema da Seguridade Social non poderán estar incluídas polo mesmo traballo, con carácter obrigatorio, noutros Réximes de Seguridade Social distintos dos que integran este Sistema.

É aquel no que o suxeito obrigado ao pagamento dunha débeda coa Seguridade Social debe proceder a dar cumprimento a esta obriga sen incorrer en mora. Forma parte do período voluntario de recadación.

Orde de preferencia na que deben aboarse os créditos de distintos acredores dun só debedor.

Mandamento da autoridade competente, administrativa ou xudicial, polo que se compele a unha persoa a que pague os débitos da Seguridade Social coas costas procedentes, embargando bens suficientes para cubrir o débito.

Lapso de tempo, transcorrido o cal sen interrupción válida, extínguense os dereitos e as accións non exercitadas.

Período de tempo preciso para a extinción da obriga de aboamento das cotas da Seguridade Social, cuxa duración é de catro anos.

O dereito ao recoñecemento das prestacións prescribe aos cinco anos dende o momento no que teña lugar o feito causante da prestación, sen prexuízo das excepcións determinadas na lei e de que os efectos de tal recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á data na que se presente a solicitude. O dereito á xubilación e ás prestacións por morte e supervivencia, con excepción do auxilio por defunción, é imprescritible.

Prestación familiar que consiste en que o primeiro ano de excedencia con reserva de posto de traballo do período de excedencia do que os traballadores, de acordo coa lexislación aplicable, gocen en razón do coidado de cada fillo, natural ou adoptado, ou de menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, ou por coidado doutros familiares, terá a consideración de período de cotización efectiva, a efectos das correspondentes prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte ou supervivencia e maternidade. Este período considerado como de cotización efectiva terá unha duración de 15 meses se a unidade familiar da que forma parte o menor en razón de cuxo coidado se solicita a excedencia ten a consideración de familia numerosa categoría xeral, ou de 18 meses se ten a de categoría especial.

Prestación familiar económica de pagamento único a tanto alzado (450,76 euros) e de modalidade non contributiva, que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce o nacemento ou a adopción do terceiro ou posteriores fillos naquelas familias que non superen un determinado nivel de ingresos.

Prestación familiar económica de pagamento único que ten por obxecto compensar en parte, o aumento de gasto que produce nas familias, o nacemento por parto ou adopción múltiples, (dous ou máis fillos). Segundo o número de fillos nacidos ou adoptados (2, 3, 4 e máis), a contía da prestación é, respectivamente, 4, 8 e 12 veces o salario mínimo interprofesional.

Beneficio dos traballadores por conta allea, incluídos no ámbito de aplicación do Sistema de Seguridade Social consistente en considerar como período de cotización efectivo o primeiro ano de excedencia laboral, con reserva do posto de traballo, para o coidado de fillos, xa o sexan por natureza como por adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente. 

Denomínanse así aquelas prestacións recoñecidas cuxo pagamento non se efectuou ao beneficiario, ben porque este faleceu, ou ben porque non se presentou a facelas efectivas. No primeiro caso, o aboamento faise aos herdeiros por dereito civil, xeralmente mediante un procedemento seguido ante a Dirección Provincial do INSS. No segundo caso o dereito ao percibo caduca ao ano do seu vencemento.

Dereitos de contido diñeirario que corresponden ao beneficiario cando concorren as condicións esixidas para a súa adquisición.

En Dereito comunitario, implica para un mesmo traballo ou para un traballo ao que se atribúe un mesmo valor, a eliminación, no conxunto dos elementos e condicións de retribución, de calquera discriminación por razón de sexo.

Conxunto de actuacións e trámites regulados pola lei, encamiñados á formulación de actos das Administracións Públicas, sobre materias que son da súa competencia.

Conxunto de actuacións e trámites xudiciais ante os Tribunais e Xulgados do Social, dirixidas á resolución dos litixios emprendidos polas partes (traballador, empresario, Organismo da Seguridade Social, etc.) dende a presentación da demanda ata a execución da sentenza.

Actividades que desenvolve o Instituto Social da Mariña dirixidas ao benestar dos traballadores do mar e os seus beneficiarios, así como a asistencia destes en portos nacionais e estranxeiros.

Cando a extinción da incapacidade temporal se produce polo transcurso do prazo máximo fixado legalmente ou por alta médica con declaración de incapacidade permanente, os efectos da situación de incapacidade temporal prorróganse ata o momento da cualificación de incapacidade permanente, en cuxa data se inician as prestacións económicas desta, agás que as mesmas sexan superiores ás que viña percibindo o traballador, en cuxo caso se retrotraerán aquelas ao momento en que se esgotase a incapacidade temporal. Non obstante, nos casos nos que, continuando a necesidade de tratamento médico, a situación clínica do interesado fixese aconsellable demorar a cualificación, atrasándoa polo período preciso (non máis dos 30 meses), os efectos da situación de incapacidade temporal prorrogaranse ata o momento da cualificación da incapacidade permanente, en cuxa data se iniciarán as prestacións económicas desta.

Asignacións ou prestacións económicas das que son beneficiarias as persoas integradas ou non na Seguridade Social, para cubrir situacións de necesidade económica ou de exceso de gastos producidos pola existencia de responsabilidades familiares e o nacemento de fillos en determinados casos. Poden consistir en asignación económica por fillo ou menor acollido a cargo, prestación económica por nacemento ou adopción de terceiro ou sucesivos fillos, prestación económica por parto ou adopción múltiples e prestación non económica (consideración de períodos de excedencia cotizados) por coidado de fillo ou menor acollido a cargo ou por coidado doutros familiares.

Aparato ou dispositivo cirúrxico ou ortopédico que pode ser proporcionado coma prestación sanitaria ou dar lugar á concesión de axudas nos casos e segundo os baremos que regulamentariamente se establezan.

Resolución xudicial de cuestión de trámite que non esixe fundamentos xurídicos.

Decisión do xuíz ou do tribunal que ten por obxecto a ordenación material do proceso.

Consiste no exercicio pola Tesourería Xeral da Seguridade Social das actuacións administrativas necesarias para a realización e ingreso das cotas, créditos e dereitos que corresponden á mesma.

Porcentaxes que incrementan o importe das débedas coa Seguridade Social cando non se ingresasen no prazo regulamentario establecido. A porcentaxe da recarga variará en función do momento do ingreso efectivo das débedas polos suxeitos responsables e de que estes presenten ou non os documentos de cotización dentro do prazo regulamentario.

É a porcentaxe de recargo que se aplica aos recursos da Seguridade Social que se ingresen despois de iniciada a vía executiva. É incompatible co recargo de mora.

É a porcentaxe de incremento (entre un 30 e un 50 por 100) que recae sobre as prestacións económicas derivadas de riscos profesionais, por ter existido falta de medidas de prevención de riscos profesionais establecidas nas normas da orde social. O responsable do recargo é o empresario infractor.

Son incrementos variables das cotas e débedas coa Seguridade Social cando non se teñan ingresadas dentro do prazo regulamentario establecido ao efecto.

Reclamación formal da TXSS cando o prazo regulamentario de ingreso venceu sen efectuarse o pagamento. O importe experimenta o incremento do recargo de mora.

Escrito presentado ante a Administración da Seguridade Social, con carácter previo a acudir á vía xudicial, no que se solicita a modificación ou revogación dun acto administrativo.

Pretensión que formula o demandado contra o actor, aproveitando a oportunidade do proceso iniciado por este. Interponse ao tempo de contestar a demanda, mais é unha acción independente, pasando o demandado a ser demandante contra o primitivo actor.

Reclamación que se fai ante un órgano administrativo, ou ante un xuíz ou tribunal, que ditou unha resolución, ou ante outro superior, por non estar conforme con ela, co fin de que se reforme ou revoque.

Norma de alcance xeral, obrigatoria en todos os seus elementos e directamente aplicable en cada Estado membro. Produce efectos sen a intervención das autoridades nacionais e pode ser alegado polos particulares nas súas relacións xurídicas.

Obriga de devolver o importe das prestacións percibidas indebidamente polos beneficiarios. Esta obriga prescribe aos 4 anos, contados a partir do seu cobro, ou dende que foi posible exercitar a acción para esixir a súa devolución.

Dentro da acción protectora por desemprego e co réxime financeiro e de xestión determinado para aquela pola Lei Xeral da Seguridade Social, estableceuse unha axuda específica denominada renda activa de inserción, dirixida aos desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar emprego que adquiran o compromiso de realizar actuacións favorecedoras da súa inserción laboral.

Sistema de financiamento da Seguridade Social conforme ao cal os ingresos e as cotizacións de todos os afiliados do Sistema cobren os gastos das prestacións e subsidios dos beneficiarios, en ciclos anuais.

Traballador que intervén en operacións mercantís por conta dun ou varios empresarios, sen asumir o risco e ventura das operacións que realiza, a cambio dunha retribución.

Acto dos tribunais e xulgados ditados no proceso, que reciben o nome de providencias, autos e sentencias.

Réxime xurídico a través do cal se determina o suxeito obrigado en cada caso ao pagamento dunha prestación. Por regra xeral a responsabilidade recae sobre a Entidade Xestora, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidade Profesional, ou empresa colaboradora, cando houbo cumprimento dos requisitos esixidos. Non obstante, cando estes se incumpren (faltas de afiliación, alta e cotización) a responsabilidade pode imputarse tamén ao empresario incumpridor.

Seguro Social de carácter obrigatorio, hoxe extinguido, creado en 1919, para asalariados entre 16 e 65 anos cuxa retribución non superase un determinado límite e no que se concibía a vellez coma invalidez por idade. En virtude de norma transitoria, quen figurase afiliado ao Retiro Obreiro Obrigatorio, conserva actualmente o dereito a causar as prestacións do Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI), conforme ás condicións esixidas pola lexislación do mesmo, e sempre que os interesados non teñan dereito a ningunha pensión con cargo aos Réximes que integran o Sistema da Seguridade Social.

Aplicación dunha lei nova a situacións anteriores á súa entrada en vigor, por resultar máis beneficiosa para o interesado.

Actualización das pensións da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, ao comezo de cada ano, en función do correspondente índice de prezos ao consumo previsto para este ano.

Novo exame e cualificación da incapacidade permanente, promovido polo INSS, ou polo propio interesado, as entidades colaboradoras, os empresarios responsables das prestacións, os responsables subsidiarios ou solidarios, por agravación, melloría ou erro do diagnóstico do estado invalidante, en tanto que o incapacitado non teña feita a idade de 65 anos.

Ten dentro do seu campo de aplicación aqueles traballadores que realizan de forma habitual e como medio fundamental de vida labores agrarias, forestais ou pecuarias dentro do territorio nacional.

A estrutura do Sistema da Seguridade Social está integrada polo Réxime Xeral e os Réximes Especiais establecidos para algunhas actividades profesionais pola súa natureza, as súas peculiares condicións de tempo e lugar, ou pola índole dos seus procesos produtivos. Na actualidade son Réximes Especiais os de Traballadores do Mar, Minería do Carbón, Agrario, Traballadores por conta propia ou Autónomos, Empregados do fogar e Estudantes (este último moi pouco desenvolvido).

Rexistro unificado, cuxa xestión e funcionamento corresponde ao INSS, no que se integran as prestacións sociais públicas de carácter económico, destinadas a persoas ou familias (xa sexan de clases pasivas do Estado, da Seguridade Social, das entidades substitutivas, de réximes de previsión de Comunidades Autónomas, Corporacións Locais, e en xeral de entes que se financien en todo ou en parte con recursos públicos), a efectos de determinar a súa incompatibilidade e a fixación de límites máximos. Anualmente, publícase o catálogo de organismos, entidades e empresas incluídas no Rexistro.

Prestación económica que consiste nun subsidio equivalente ao 75 por 100 da base reguladora para protexer a saúde da traballadora ou do feto durante o período de suspensión do contrato de traballo nos supostos en que, debendo a muller traballadora cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado, este cambio de posto non resulte técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

O que con tal carácter sinala o Goberno anualmente conforme ao Estatuto dos Traballadores. Aplícase para todas as actividades sen distinción de sexo nin idade dos traballadores. Incrementado co pro rateo das percepcións de vencemento superior ao mensual constitúe a base mínima de cotización á Seguridade Social.

Programa que comprende as actuacións sanitarias preventivas e asistenciais específicas dirixidas aos traballadores do mar, fundamentalmente: recoñecementos médicos, previos ao embarque, formación sanitaria, Centro Radio-Médico, Centros Asistenciais no estranxeiro e Buques Sanitarios.

Punto de acceso en Internet que serve a cidadáns, empresas e profesionais, administracións e mutuas para obter toda aquela información e servizos en liña que se poñen á súa disposición de forma actualizada e, preferentemente, personalizada.

Creado por Lei en 1953 e previsto na Lei Xeral da Seguridade Social coma un Réxime Especial para os estudantes, que non obstante non chegou a desenvolverse de todo. Alcanza aos matriculados en centros oficiais dende o ensino secundario ata o universitario e, como máximo, ata os 28 anos. A exigua cota abóase xunto coa matrícula e comprende prestacións sanitarias e económicas de escasa contía.

No ano 1939, o Retiro Obreiro transformouse en subsidio de vellez; oito anos máis tarde (1947), este subsidio convértese en Seguro de Vellez e Invalidez (SOVI) e, finalmente, en 1955 engádese a protección da viuvez. Mantén pervivencia actualmente, en virtude de norma transitoria, para quen no 1 de xaneiro de 1967, calquera que fose a súa idade nesa data, tivese cuberto o período de cotización esixido por este Seguro ou que, no seu defecto, figurasen afiliados ao extinguido Réxime de Retiro Obreiro Obrigatorio, conservando o dereito a causar as prestacións do primeiro destes Seguros, conforme ás condicións esixidas pola lexislación do mesmo, e sempre que os interesados non teñan dereito a ningunha pensión a cargo dos Réximes que integran o Sistema da Seguridade Social; entre tales pensións enténdense incluídas as correspondentes ás entidades substitutivas integradas neste Sistema.

Resolución que decide definitivamente o preito cando, segundo as leis procesuais, deba revestir esta forma.

Suspensión da vida conxugal que non extingue o matrimonio coma o divorcio, mais dá dereito á pensión de viuvez en contía proporcional ao tempo vivido co falecido.

O Servizo Público de Emprego Estatal é o Organismo Autónomo, dotado de personalidade xurídica propia para o cumprimento dos seus fins e adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a través da Secretaría de Estado de Emprego, que ten coma principais competencias a xestión e o control das prestacións por desemprego; manter as bases de datos que garantan o rexistro público de ofertas, demandas e contratos; manter o observatorio das ocupacións e elaborar as estatísticas en materia de emprego a nivel estatal; levar a cabo investigacións, estudos e análises sobre a situación do mercado de traballo e os instrumentos para melloralo, en colaboración coas respectivas Comunidades Autónomas e colaborar coas Comunidades Autónomas na elaboración do Plan nacional de acción para o emprego, axustado á Estratexia Europea de Emprego, e do programa anual de traballo do Sistema Nacional de Emprego.

Prestacións en materia de reeducación e rehabilitación de inválidos, asistencia á terceira idade, asistencia social e noutras competencias do IMSERSO.

Remisión Electrónica de Datos pola que se posibilita o envío dos datos relativos á inscrición de empresas, afiliación, altas e baixas de traballadores, así como de cotización e recadación a través de medios electrónicos, informáticos e telemáticos, de acordo coas disposicións establecidas ao efecto

Expresión que se usa para designar, dentro do Réxime Xeral aos colectivos afectados por peculiaridades en materia de encadramento, afiliación, forma de cotización ou recadación (froitas e hortalizas, resina, conservas vexetais, etc.).  

Para causar dereito ás prestacións é requisito necesario estar afiliado e en alta. Non obstante, diversas disposicións legais establecen situacións asimilidas por circunstancias especiais do traballador, tales como o desemprego, a excedencia forzosa por servizo militar ou prestación social substitutiva, o traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional, etc. A incapacidade temporal, a maternidade, e a folga poden considerarse equivalentes a esta situación.

Adhesión á causa, opinión ou situación de alguén.

Prestación pública de contido económico e de duración determinada.

Familiares que sobreviven ao suxeito causante falecido, que poden acceder ás prestacións por morte e supervivencia determinadas pola Lei, se reúnen as condicións esixidas para iso.

É o que se interpón ante as Salas do Social dos Tribunais Superiores de Xustiza contra determinadas sentenzas ditadas polos Xulgados do Social da súa circunscrición.

Persoa natural ou xurídica á que a normativa impón as obrigas de solicitar a afiliación e comunicar as altas e as baixas e de realizar achegas á Seguridade Social

Toda persoa física incluída no ámbito de protección do Sistema da Seguridade Social.

Persoa natural ou xurídica á que a normativa vixente impón a obriga de realizar o ingreso das cotizacións. Nos réximes por conta allea é responsable de ingreso a empresa.

É o documento que emite o INSS ou o ISM, en aplicación dos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social, con carácter independente (é persoal e intransferible) e que permite o acceso dos seus titulares aos servizos sanitarios da rede sanitaria pública no Estado membro de estada, xa sexa por motivos de traballo, estudos, turismo, etc. Non obstante, cando o desprazamento a outro país distinto ao de aseguramento se realiza para recibir tratamento médico, debe obterse o formulario E112 (suposto de enfermo autorizado).

Documento administrativo que as Administracións sanitarias autonómicas e o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria emiten, con soporte informático, ás persoas residentes no seu ámbito territorial que teñan acreditado o dereito á asistencia sanitaria pública. A tarxeta sanitaria individual emitida por calquera das Administracións sanitarias competentes será válida en todo o Sistema Nacional de Saúde, e permitirá o acceso aos centros e servizos sanitarios do sistema nos termos previstos pola lexislación vixente. A súa validez e utilización restrínxese unicamente ao territorio nacional. Con obxecto de dispoñer de datos normalizados de cada persoa, na súa condición de usuario do Sistema Nacional de Saúde, independentemente do título polo que accede ao dereito á asistencia sanitaria e da Administración sanitaria emisora, todas as tarxetas sanitarias incorporan unha serie de datos básicos comúns e estarán vinculadas a un código de identificación persoal único para cada cidadán no Sistema Nacional de Saúde. A tarxeta sanitaria individual conterá, de maneira normalizada e de forma visible, os seguintes datos: Administración sanitaria emisora da tarxeta; apelidos e nome do titular da tarxeta; código de identificación persoal asignado pola Administración sanitaria que emite a tarxeta; modalidade da prestación farmacéutica e lenda que informa da súa validez en todo o Sistema Nacional de Saúde: «Esta tarxeta permítelle o acceso aos servizos de todo o Sistema Nacional de Saúde».

Conxunto de servizos que permiten a usuarios non especializados aproveitar as posibilidades de sistemas que conxugan a informática coas telecomunicacións.

As pensións (de invalidez ou de morte e supervivencia) causadas por actos de terrorismo teñen o carácter de pensións extraordinarias, de regulación específica.

Servizo Común con personalidade xurídica propia no que, por aplicación dos principios de solidariedade financeira e caixa única, se unifican todos os recursos financeiros. Ten ao seu cargo a custodia de fondos, valores e créditos, e as atencións xerais dos servizos de recadación de dereitos e pagamentos das obrigas do Sistema da Seguridade Social.

Cada unha das formas que pode adoptar o acordo entre empresario e traballador polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección a cambio dunha retribución.

Porcentaxe ou tanto por cento que, aplicado sobre a base de cotización, determina a cota ou cantidade que debe ingresarse na Seguridade Social.

O marco xurídico da xubilación presenta, dentro da modalidade contributiva, diversas clases, tipos ou posibilidades para causar as pensións de xubilación. Así: xubilación parcial; anticipada por razón da actividade profesional ou por minusvalía; anticipada coa condición mutualista; anticipada sen a condición mutualista; especial aos 64 anos; ordinaria aos 65 anos; ordinaria con máis de 65 anos e gradual e flexible.

Tope máximo das prestacións, importe máximo ou límite da contía das prestacións que, en ningún caso, poderá exceder do 100% da base reguladora, agás nos supotos de recargo por falta de medidas de seguridade, gran invalidez e nas pensións extraordinarias orixinadas por actos terroristas. Aplícase tamén o termo para referirse á contía máxima ou tope de cobertura que fixa anualmente a Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Importe máximo polo que se permite cotizar ao Sistema da Seguridade Social, fixado anualmente polo Goberno.

Importe por debaixo do cal non se permite cotizar á Seguridade Social. Este importe fíxase anualmente polo Goberno.

Toda persoa natural que realiza unha actividade por conta propia ou allea que determina a súa inclusión no campo de aplicación dos réximes que compoñen o Sistema da Seguridade Social.

Persoa que celebra un contrato de traballo no que se acorda a prestación de servizos durante un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada de traballo dun traballador a tempo completo comparable, (mesma empresa e centro de traballo, co mesmo tipo de contrato de traballo e un traballo idéntico ou similar). Pode concertarse por tempo indefinido ou por duración determinada.

Aquel que se atopa en determinados supostos tipificados mediante normativa nos que producido o cesamento temporal ou definitivo na actividade laboral, a Lei estima que debe conservarse a situación de alta real na que se atopaba con anterioridade ao cesamento.

En Dereito comunitario, designa a todo traballador por conta allea que se despraza ao territorio dun Estado membro distinto daquel onde reside, co fin de efectuar alí, por conta dunha empresa ou dun empresario deste Estado, un traballo de carácter estacional cuxa duración non poderá sobrepasar en ningún caso oito meses se permanece no territorio deste Estado mentres dura o seu traballo; por traballo de carácter estacional enténdese un traballo que depende do ritmo das estacións e que se repite automaticamente cada ano.

Aquel que é enviado pola súa empresa a outro país, temporalmente, para realizar unha actividade laboral.

Todo traballador que exerza a súa actividade profesional no territorio dun Estado membro e resida no territorio doutro Estado membro, ao que regrese en principio cada día ou polo menos unha vez por semana; non obstante, o traballador fronteirizo que estea destacado pola empresa da que depende normalmente, no territorio do mesmo Estado membro ou doutro Estado membro, conservará a calidade de traballador fronteirizo durante un tempo que non excederá de catro meses, aínda cando durante a súa estada como destacado non poida regresar cada día ou polo menos unha vez por semana, ao lugar da súa residencia.

É aquel que presta servizos nas distintas ramas da actividade económica, con independencia do tipo de contratación, da categoría profesional, da forma e contía da remuneración ou da natureza da súa relación laboral.

Para determinar o requisito de carencia de rendas ou ingresos suficientes, a efectos de acceder ás pensións de xubilación e invalidez de modalidade non contributiva, é preciso comprobar se o beneficiario convive ou non con outros familiares. Existe unidade económica de convivencia en todos os casos nos que o beneficiario conviva con outras persoas, sexan ou non beneficiarias, unidas con el por matrimonio ou por lazos de parentesco de consanguinidade ata o segundo grao.

A Unión Europea (UE) é unha familia de países europeos democráticos, que se comprometeron a traballar xuntos pola paz e a prosperidade. Non se trata dun Estado destinado a substituír aos actuais Estados, porén é máis que calquera outra organización internacional. En realidade, a UE é única. Os seus Estados membros crearon institucións comúns nas que delegan parte da súa soberanía, co fin de que se poidan tomar democraticamente decisións sobre asuntos específicos de interese común a escala europea. Esta unión de soberanías tamén se denomina "integración europea".
A UE conta con cinco institucións, cada unha delas cunha función específica: Parlamento Europeo (elixido polos cidadáns dos Estados membros); Consello da Unión Europea (representa aos Gobernos dos Estados membros); Comisión Europea (motor e órgano executivo); Tribunal de Xustiza (garante o cumprimento da lei); Tribunal de Contas (efectúa o control da legalidade e a regularidade da xestión do orzamento da UE).
Estas institucións están acompañadas doutros cinco importantes organismos: Comité Económico e Social Europeo (expresa a opinión da sociedade civil organizada respecto de cuestións económicas e sociais); Comité das Rexións (expresa as opinións das autoridades rexionais e locais); Banco Central Europeo (responsable da política monetaria e da xestión do euro); Defensor do Pobo Europeo (ocúpase das denuncias dos cidadáns sobre a mala xestión de calquera institución ou organismo da UE); Banco Europeo de Investimentos (contribúe a lograr os obxectivos da UE financiando proxectos de investimento).
O Estado de Dereito é fundamental para a Unión Europea. Todas as decisións e procedementos da UE baséanse nos Tratados, que son acordados por todos os países da UE.
Inicialmente a UE estaba composta por só seis países: Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. En 1973 adheríronse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981 adheriuse Grecia; en 1986 adheríronse España e Portugal; e en 1995 adheríronse Austria, Finlandia e Suecia. No ano 2004 tivo lugar a maior ampliación, coa adhesión de 10 novos países.
Nos primeiros anos da súa existencia, gran parte da cooperación entre os países da UE referíase ao comercio e á economía, pero na actualidade a UE tamén trata outros moitos temas con repercusión directa na nosa vida cotiá, tales como os dereitos dos cidadáns, a garantía da liberdade, a seguridade e a xustiza, a creación de postos de traballo, o desenvolvemento rexional, a protección do ambiente e a creación da globalización en beneficio de todos.

Estado civil que outorga o dereito a prestación da Seguridade Social en determinadas circunstancias e na contía que corresponda.

Espazo da World Wide Web (tamén chamado páxina web) onde unha entidade, empresa ou organización proporciona información.

Con natureza de Servizo Común da Seguridade Social, depende funcionalmente da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, de cada Entidade Xestora da Seguridade Social, da Intervención Xeral da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, respecto dos programas e proxectos que afecten á súa competencia respectiva.
As súas actuacións axustaranse ás directrices establecidas polo Consello xeral de tecnoloxías da información e as comunicacións da Seguridade Social. Ten atribuídas, entre outras, as funcións de elaboración e proposición dos plans directivos de sistemas de tecnoloxías da información e das telecomunicacións; a proposta de creación, desenvolvemento e modificación dos sistemas de información; a creación, custodia e administración das bases de datos corporativas do sistema, así coma os sistemas de seguridade e de confidencialidade, etc.

Autorización que a Tesourería Xeral da Seguridade Social concede a empresas con centros de traballo en varias provincias para que realicen nunha soa determinadas xestións administrativas relacionadas coa cotización-recadación.

Pensión vitalicia recoñecida ao traballador que, unha vez alcanzada a idade legal, cesa (ou xa cesara) no traballo, tendo cumpridos os requisitos esixidos. A idade ordinaria de xubilación está fixada legalmente nos 65 anos. Existen distintas clases ou tipos de xubilación.

Ten este carácter a que se concede en certos casos antes de facer a idade legal de 65 anos, con ou sen aplicación de porcentaxes de redución da súa contía. Así, en primeiro lugar, a idade ordinaria de xubilación (65 anos) pode ser rebaixada ou anticipada naqueles grupos ou actividades profesionais, cuxos traballos sexan de natureza excepcionalmente penosa, perigosa, tóxica e insalubre, e así o recoñeza a normativa aplicable. En segundo lugar, a idade mínima pode ser reducida tamén no caso de persoas minusválidas nun grao de minusvalía igual ou superior ao 65 por 100. Así mesmo, poden causar a pensión de xubilación, en virtude de normas de dereito transitorio, a partir dos 60 anos, con aplicación de coeficientes redutores, os traballadores que o 1-1-67 (ou data equivalente), ou con anterioridade, tiñan a condición mutualista. Por último, pode recoñecerse a pensión, a partir dos 61 anos, aos traballadores por conta allea que acrediten, polo menos, 30 anos de cotización, tendo estado inscritos 6 meses como demandantes de emprego e que cesasen no traballo por causa non imputable a eles mesmos.

Modalidade de xubilación que, como medida de fomento do emprego, permite rebaixar a idade mínima de xubilación de 65 anos a 64, aos traballadores por conta allea, sen a aplicación de coeficientes redutores, sempre que, simultaneamente ao seu cesamento, sexan substituídos por un traballador inscrito como demandante de emprego, cun contrato a tempo completo dunha duración mínima dun ano.

Pensión de xubilación que, unha vez causada, se compatibiliza cun traballo a tempo parcial, coa consecuente minoración daquela en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista.

Cando se accede á pensión con máis de 65 anos, o traballador poderá percibir unha porcentaxe do 2 por 100 da contía resultante, por cada ano completo que, na data do feito causante, teña cotizado dende que fixera os 65 anos, se ten acreditados 35 de cotización; se non os tivese aínda, o ano computarase a partir do momento no que os acredite.

A iniciada despois de facer os 60 anos (reais ou ficticios, se existen bonificacións), simultánea cun contrato de traballo a tempo parcial e vinculada ou non cun contrato de relevo celebrado cun traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada. O contrato de relevo é obrigatorio en tanto o xubilado non teña feitos os 65 anos.

Orde xurisdicional a quen a Lei Orgánica do Poder Xudicial atribúe as competencias para coñecer das pretensións que se susciten e teñan por fundamento material normas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Xulgado do Social: Órgano xurisdicional para coñecer en primeira e única instancia sobre as materias atribuídas á xurisdición social que non estean asignadas a órganos superiores (que son as atribuídas en primeira instancia aos Tribunais Superiores de Xustiza e á Audiencia Nacional). Nos Xulgados do Social tratarase tanto da instancia como da execución.
Contenido complementario
${loading}