Categoría: Contía
																	
																	> Tema: 
																
																Terase dereito a esta porcentaxe, sempre que durante todo o período de percepción se cumpran, simultaneamente, os seguintes requisitos: 
- 
Que os rendementos da unidade familiar, incluído o propio pensionista, divididos entre o número de membros que a compoñen, non superen, en cómputo anual, o 75% do  SMI  vixente en cada momento , excluída a parte proporcional das pagas extras.  
- 
Que a pensión de viuvez constitúa a principal ou única fonte de ingresos, entendendo que se cumpre este requisito cando o importe da pensión sexa superior ao 50% do total dos ingresos do pensionista. 
 
- 
Que os rendementos anuais do pensionista por todos os conceptos non superen a contía resultante de sumar ao límite que, en cada exercicio económico estea previsto para o recoñecemento de mínimos das pensións contributivas o importe anual que, en cada exercicio económico corresponda á pensión mínima de viuvez con cargas familiares.  
A pensión de viuvez, en cómputo anual, máis os rendementos anuais do pensionista, non poden exceder o límite de ingresos establecido. En caso contrario, reducirase a contía da pensión de viuvez co fin de non superar este límite. 
A perda dun dos requisitos motivará a aplicación da porcentaxe do 52% con efectos do día 1 do mes seguinte a aquel no que deixe de concorrer este requisito.