Accesibilidade

Unha web accesible

A Web da Seguridade Social adquiriu o compromiso de garantir a accesibilidade dos seus contidos para todos os cidadáns en cumprimento do disposto pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, para os sitios web das Administracións Públicas e en cumprimento cos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no art. 4. c) na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos Públicos, respetando as pautas  proporcionadas pola WAI (Web Accesibility Initiative) organismo creado pola W3C (World Wide Web Consortium), para informar, investigar e fomentar o traballo na accesibilidade web.

A WAI establece tres niveis de accesibilidade: "A", dobre "A" e triplo "A”. Cada un destes niveis require o cumprimento dunhas determinadas pautas ou principios.

Na actualidade a páxina Web da Seguridade Social alcanzou o dobre “A” de accesibilidade nos seus contidos. A comprobación realizouse co programa TAW (Test de Accesibilidad Web) das páxinas da Web.

Logros:

  • Estrutura da páxina: Deseñouse co formato común para as páxinas de contidos, zona de cabeceira, e zona de pé de páxina, facilitando así a familiarización coa presentación dos documentos e a navegación a través dunha estrutura clara e ordenada.
  • Accesibilidade nos contidos textuais: Todos os patróns onde se recollen os contidos da Web accesible foron creados baixo os criterios de accesibilidade da WAI.
  • Imaxes: Estableceuse un nivel de contraste suficiente entre o fondo e as imaxes, a través da utilización das combinacións de cor adecuadas. incorporáronse textos alternativos ás imaxes, para que os lectores de pantalla permitan a quen os utiliza interpretar estas imaxes. Esta funcionalidade é igualmente útil para aqueles que teñan deshabilitada do seu navegador a visualización de imaxes.
  • Identificación de idioma: Nas páxinas e documentos inseridos, nos que procede, identifícase o idioma.
  • Código Javascript: As páxinas que conteñen código Javascript foron creadas segundo as pautas de accesibilidade, para lograr a súa correcta visualización.
  • Táboas: Incorporouse a todas as táboas existentes no sitio Web o código necesario para a súa adecuada interpretación polos navegadores de voz e a súa correcta lectura en liña.
  • Publicación de PDFs accesibles: Os PDFs que se incorporan á Web son obxecto de revisión conforme aos estándares de accesibilidade.
  • Cumprimento dos estándares: Este portal desenvolveuse baixo unha gramática HTML 4.01 e follas de estilo CSS 2.0.

Plan futuro de accesibilidade

A Seguridade Social segue a traballar para que nun futuro próximo os contidos da súa páxina Web estean adaptados aos niveis triplo "A" de accesibilidade da WAI  e cheguen ao maior número de cidadáns posible.

Complementary Content
${loading}