Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Servizos

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social pon a disposición dos beneficiarios de pensións do Réxime de Clases Pasivas do Estado e doutras prestacións xestionadas por esta Dirección Xeral a posibilidade de solicitar unha cita previa para realizar algunha das seguintes xestións no Servizo de Información, situado na Avenida del General Perón, 38 (Edificio MASTER’S II) de Madrid.

  • Solicitude de pensións de Clases Pasivas. Para pensións de viuvez, orfandade e pais, deberá indicar os apelidos, o nome e o DNI do falecido.
  • Solicitude de anticipos do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos
  • Solicitude de axudas ás vítimas de delitos violentos
  • Solicitude de cambio de datos bancarios, de domicilio, de IRPF ou persoais
  • Consultas sobre a súa pensión de Clases Pasivas
  • Obtención de certificados e outros documentos

Se desexa solicitar información sobre a contía aproximada da súa futura pensión de xubilación ou retiro, deberá solicitar a cita a través da opción Cita previa: información previa á xubilación ou retiro.

No apartado “Solicitudes e procedementos” dispón dos formularios correspondentes con información sobre a documentación que se debe acompañar en cada caso.

Para un adecuado funcionamento do servizo de cita previa, é preciso que reserve tantas citas como trámites desexe efectuar.

Algunhas Unidades de Clases Pasivas, situadas nas Delegacións de Economía e Facenda, tamén ofrecen este servizo de cita previa. Para comprobar se está dispoñible na súa provincia de residencia, prema sobre Cita previa: Información previa a la jubilación o retiro.

O funcionario que o desexe pode calcular o importe aproximado da súa pensión de xubilación ou retiro.

Deberá introducir en Simul@ as datas de inicio e cesamento de actividade en todos e cada un dos corpos, escalas ou prazas nos que prestase servizos, así como dos períodos cotizados ao Sistema de Seguridade Social se desexa a aplicación de cómputo recíproco de cotizacións.

Acceso ao programa de cálculo simulado de pensións

Complementary Content
${loading}