Centros Asistenciais no Estranxeiro

A diversidade de rutas e caladoiros nos que está presente a flota pesqueira española, esixen mecanismos de acción propios do Programa de Sanidade Marítima naqueles portos e países nos que hai unha especial demanda, e por tanto, xustificación para poñelos en marcha.
Estas unidades de atención asistencial prestan non só o apoio sanitario derivado das consultas médicas, hospitalizacións e repatriacións de enfermos e accidentados, senón tamén a atención social aos traballadores que precisan axuda ou información, constituíndo un elemento básico no seguimento de tripulacións abandonadas e noutras circunstancias especiais.
No labor que desenvolven estas unidades operativas é absolutamente imprescindible a coordinación coas restantes unidades do Programa de Sanidade Marítima, intercambiando a información sanitaria do paciente e facendo o seguimento do mesmo nos casos nos que se precisa a súa repatriación ao seu domicilio.