Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Titulacións profesionais

Certificado de Suficiencia de Mariñeiro de Ponte de Mariña Mercante

Tipo

T32

Horas

72

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Gobernar o buque e tamén cumprir as ordes dadas ao temoneiro en inglés.
  • Manter un servizo de vixía adecuado utilizando a vista e o oído.
  • Contribuír á vixilancia e o control dunha garda segura.
  • Utilizar o equipo de emerxencia e aplicar procedementos de emerxencia.
Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional:
    • Certificado de Formación Básica ou Certificado de Formación Básica en Seguridade.
  • Outros requisitos:
    • No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes
      • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.
    • No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, se fose o caso, e durante toda a realización deste, polo menos un dos seguintes
      • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

Certificado de Suficiencia de Mariñeiro de Máquinas de Mariña Mercante

Tipo

T33

Horas

72

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Levar a cabo unha garda adecuada aos labores dun mariñeiro ou mariñeira que forme parte da garda na cámara de máquinas.
  • Entender as ordes e facerse entender en todo o relacionado cos labores da garda.
  • Realizar a garda de caldeiras: manter as presións de vapor e os niveis de auga correctos.
  • Facer funcionar o equipo de emerxencia e aplicar os procedementos de emerxencia. 
Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional:         
    • Certificado de Formación Básica ou Certificado de Formación Básica en Seguridade.
  • Outros requisitos:
    • No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes
      • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.
    • No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, se fose o caso, e durante toda a realización deste, polo menos un dos seguintes
      • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

Frigorista Naval

Tipo

T28

Horas

93

Número máximo de alumnos/as

10

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Identificar, definir e debuxar simbolicamente os elementos de uso máis común nas plantas frigoríficas.
  • Coñecer as principais partes dos compoñentes mecánicos, podendo intervir en operacións de cambio de aceite ou substitución de compoñentes avariados.
  • Coñecer a composición e funcionamento das instalacións frigoríficas de compresión mecánica, realizando as secuencias de posta en marcha e parada.
  • Realizar a montaxe e  mantemento de instalacións de frío.
  • Identificar parámetros de funcionamento vitais para a determinación dun réxime de funcionamento correcto.
  • Identificar as avarías máis comúns.
Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional:
    • Certificado de formación básica ou Certificado de formación básica en seguridade ou Alta en REM por actividade laboral en terra.
  • Formación complementaria:
  • Acreditar coñecementos en instalacións frigoríficas a través de polo menos un dos seguintes medios:
    • Curso-tipo sobre instalacións frigoríficas.
    • Experiencia profesional (6 meses) en instalacións frigoríficas.
    • Certificado de Estudos de Escolas Oficiais que inclúa e especifique coñecementos en instalacións frigoríficas.
  • Outros requisitos:
    • No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes
      • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.
    • No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, se fose o caso, e durante toda a súa realización, polo menos un dos seguintes 
      • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

Patrón Portuario

Tipo

T31

Horas

150

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Planificar e dirixir unha travesía costeira e determinar a situación.

  • Realizar unha garda de navegación segura.

  • Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas.

  • Manobrar o buque e facer funcionar a maquinaria propulsora dos buques pequenos.

  • Manter a estabilidade e navegabilidade do buque.

  • Vixiar o embarque, estiba, suxeición e desembarque da carga e manter o debido coidado durante a viaxe.

  • Medidas en caso de emerxencia. Resposta a sinais de socorro no mar.

  • Prevención, control e loita contra incendios a bordo.

  • Facer funcionar os dispositivos de salvamento.

  • Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación.

  • Contribuír á seguridade do persoal e do buque.

  • Prestar primeiros auxilios a bordo.

Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional.

    • Non se esixe titulación profesional.
    • Certificado de suficiencia de Mariñeiro de Máquinas da Mariña Mercante.
    • Certificado de Mariñeiro de Máquinas da Mariña Mercante.
  • Outros requisitos.

No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes:

  • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, se fose o caso, e durante toda a súa realización, polo menos un dos seguintes:

  • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

Certificado de suficiencia de Mariñeiro de Máquinas da Mariña Mercante

Tipo

T34

Horas

112

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Utilización do equipo eléctrico en condicións de seguridade.

  • Contribuír á vixilancia do funcionamento dos sistemas e aparatos eléctricos.

  • Utilizar ferramentas de man e equipo de medición eléctrico e electrónico para a detección de avarías e as operacións de mantemento e reparación.

  • Contribuír ao mantemento e as reparacións a bordo.

  • Contribuír ao mantemento e a reparación dos sistemas e aparatos eléctricos da bordo.

  • Contribuír a efectuar a manipulación das provisións.

  • Tomar precaucións e contribuír á prevención da contaminación do medio mariño.

  • Aplicar procedementos de saúde e seguridade no traballo.

Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional.              

    • Certificado de Formación Básica en seguridade.
  • Outros requisitos.

No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes:

  • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, se fose o caso, e durante toda a súa realización, polo menos un dos seguintes:

  • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.                


Certificado de Suficiencia en Alta Voltaxe

Tipo

T37

Horas

53

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para que adquira coñecementos, comprensión e suficiencia, a nivel operacións e de xestión, necesario para o control seguro e a xestión dos sistemas de alta voltaxe da bordo, de acordo coas modificacións introducidas polas Emendas de Manila ao Código STCW, que establecen a formación mínima para os títulos de competencia correspondentes.

Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional.          
  • Estar en posesión da tarxeta profesional da mariña mercante de xefe de máquinas, oficial de máquinas de primeira ou segunda, mecánico naval maior, mecánico naval ou oficial electrotécnico da mariña mercante.

  • Titulación Académica.
  • Estar en posesión dun título académico conducente á obtención do título profesional da mariña mercante de xefe de máquinas, oficial de máquinas de primeira ou segunda, mecánico naval maior, mecánico naval ou oficial electrotécnico da mariña mercante.

  • Outros Requisitos. 

No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes:

  • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou           
  • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, conforme, e durante o tempo que dure este, polo menos un dos seguintes:

  • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.


Complementary Content
${loading}