Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Seguridade Marítima e loita contra a contaminación

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Revalidación do Certificado de Formación Básica en Seguridade

Tipo

B100

Horas

16

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para actualizar e manter as seguintes competencias:

  • Supervivencia no mar en caso de abandono do buque.  

  • Previr, loitar contra incendios e extinguilos.

Requisitos
  • Formación complementaria.
  • Certificado de formación básica ou formación básica en seguridade.
  • Outros Requisitos. 

No momento de presentar a solicitude:

  • Declaración responsable (pai/nai/titor legal, conforme o caso) de que o/a solicitante sabe nadar

e polo menos un dos seguintes:

  • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, conforme, e durante o tempo que dure este, polo menos un dos seguintes:

  • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada, ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.


Certificado de Especialidade / Formación Básica en Seguridade

Tipo

B99

Horas

84

Número máximo de alumnos/as

20

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Supervivencia no mar en caso de abandono do buque.

  • Reducir ao mínimo os riscos de incendio e manter un estado de preparación que permita responder en todo momento a situacións de emerxencia nas que se produzan incendios.

  • Loitar contra incendios e extinguilos.

  • Adoptar medidas inmediatas ao producirse un accidente ou outro tipo de emerxencia médica.

  • Cumprir os procedementos de emerxencia.

  • Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño.

  • Observar as prácticas de seguridade no traballo.

  • Contribuír a que as comunicacións a bordo do buque sexan eficaces.

  • Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas.

  • Comprender e adoptar as medidas necesarias para controlar a fatiga.

Requisitos
  • Outros requisitos. 

No momento de presentar a solicitude:

  • Declaración responsable (pai/nai/titor/titora legal, conforme o caso) de que o/a solicitante sabe nadar

e polo menos un dos seguintes:

  • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
  • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou 
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, conforme, e durante o tempo que dure este, polo menos un dos seguintes:

  • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
  • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.


Busca e Salvamento - IAMSAR (International Aeronautical and Maritime Search and Rescue Manual)


Tipo

B93

Horas

33

Número máximo de alumnos/as

10

Finalidade

Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Resposta a sinais de socorro no mar.

  • Coordinar operacións de busca e salvamento.

  • Utilizar as frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas en situacións de busca e rescate.

Requisitos
  • Titulación/Certificado Profesional.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións ou certificacións:

  • Capitán da Mariña Mercante.
  • Piloto de primeira da Mariña Mercante. 
  • Piloto de segunda da Mariña Mercante.
  • Capitán de pesca.
  • Patrón de Altura.
  • Patrón de Litoral.

Poderán así mesmo realizar este curso os alumnos e alumnas que:

    • Estean a cursar ou finalizasen estudos académicos correspondentes a calquera das devanditas titulacións ou certificados, ou
    • Estean a realizar ou finalizar as prácticas académicas ou profesionais correspondentes, aínda que non se posúa a titulación ou certificado oficial da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

As devanditas situacións acreditaranse mediante certificado emitido polo centro de formación ou empresa, segundo corresponda.

  • Formación complementaria.

Estar en posesión das seguintes certificacións:

    • Certificado de Operador Xeral ou Operador Restrinxido do SMSSM.
    • Certificado de Radar de Punteo Automático ARPA.
    • Acreditar documentalmente formación en Sistema de información e visualización de cartas electrónicas (SIVCE/ECDIS) ou acreditar documentalmente experiencia no manexo de cartas electrónicas.              
    • Outros requisitos.

    No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes:

      • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico en vigor no que se acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

    No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, conforme, e durante o tempo que dure este, polo menos un dos seguintes:

      • Certificado médico en vigor no que se acredite que non padece enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou
      • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor. 

    Formación básica en protección marítima

    Tipo

    B90

    Horas

    12

    Número máximo de alumnos/as

    20

    Finalidade

    Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

    • Concienciar sobre a necesidade de incrementar a protección marítima.
    • Recoñecemento dos riscos e as ameazas que afectan a protección marítima.
    • Comprensión da necesidade de manter a toma de conciencia sobre a vixilancia na esfera da protección e dos métodos para logralo.
    • Manter as condicións establecidas nun plan de protección do buque.
    • Realizar inspeccións periódicas da protección do buque.
    • Utilización adecuada do equipo e os sistemas de protección.
    Requisitos
    • Titulación/Certificado Profesional:
      • Certificado de formación básica ou Certificado de formación básica en seguridade.

    MARPOL 73/78 (International Convention for Prevention of Pollution from the Ships 1973 and Protocol 1978)

    Tipo

    B80

    Horas

    25

    Número máximo de alumnos/as

    15

    Finalidade

    Formar o alumnado para alcanzar a seguinte competencia:

    • Aplicar as prescricións do Convenio internacional para previr a contaminación polos buques (MARPOL) e a normativa española en relación á prevención da contaminación co fin de protexer o medio humano en xeral e o mariño en particular.

    Requisitos

    • Titulación/Certificado Profesional.

    Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións ou certificacións:

    • Capitán da Mariña Mercante.                
    • Piloto de primeira da Mariña Mercante.
    • Piloto de segunda da Mariña Mercante.
    • Capitán de pesca.                              
    • Patrón de altura.             
    • Patrón maior de cabotaxe.                                
    • Patrón de litoral.          
    • Patrón de cabotaxe.                 
    • Xefe de máquinas da Mariña Mercante.           
    • Oficial máquinas de primeira da Mariña Mercante.
    • Oficial máquinas de segunda da Mariña Mercante
    • Mecánico naval maior.                
    • Mecánico maior naval.                               
    • Mecánico naval.               
    • Mecánico naval de primeira.                             
    • Mecánico naval de segunda.                 
    • Oficial radioelectrónico de primeira da Mariña Mercante.
    • Oficial radioelectrónico de segunda da Mariña Mercante.              
    • Patrón portuario.                              
    • Patrón costeiro polivalente.               
    • Patrón local de pesca.                              
    • Mariñeiro de ponte da Mariña Mercante.         
    • Mariñeiro de máquinas da Mariña Mercante.    
    • Mariñeiro pescador.

    Poderán así mesmo realizar este curso os alumnos e alumnas que:

      • Estean a cursar ou finalizasen estudos académicos correspondentes a calquera das devanditas titulacións ou certificados, ou                                              
      • Estean  a realizar ou finalizase as prácticas académicas ou profesionais correspondentes, aínda que non se posúa a titulación ou certificado oficial da Dirección Xeral da Mariña Mercante.              

    As devanditas situacións acreditaranse mediante certificado emitido polo centro de formación ou empresa, segundo corresponda.

    Técnico Básico en Prevención de Riscos Laborais

    Tipo

    B72

    Horas

    50

    Número máximo de alumnos/as

    20

    Finalidade

    Formar o alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

    • Capacitar o alumno/a como Técnico Básico en Prevención de Riscos Laborais.

    • Identificar os elementos e situacións que poden xerar risco laboral para os tripulantes dun buque.

    • Actuar de forma correcta e eficaz ante unha situación de risco laboral que se poida producir a bordo dun buque.

    Requisitos

    • Titulación/Certificado Profesional:
      • Certificado de formación básica ou Certificado de formación básica en seguridade. 
    • Outros requisitos:

    No momento de presentar a solicitude, polo menos un dos seguintes          

    • Declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou                                
    • Certificado médico en vigor que acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou                                
    • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.

    No momento de ser preseleccionado/a para a realización do curso, conforme o caso, e durante toda a súa realización, polo menos un dos seguintes           

    • Certificado médico en vigor que acredite non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada ou                                
    • Certificado médico de aptitude para o embarque marítimo en vigor.              

    Complementary Content
    ${loading}