Xestión / Solicitudes
Onde?
A solicitude de prestación pode presentarse:
-
A través da sede electrónica da Seguridade Social se se conta con certificado dixital, DNI electrónico ou cl@ve permanente.
-
Mediante a plataforma de trámites sen certificado ou rexistro electrónico (Solicitude e trámites da seguridade social) para os estudantes que carezan dos medios anteriores.
-
En última instancia, mediante correo postal, ou presencialmente en calquera CAISS.
Prazos para solicitar as prestacións
-
Todas las prestaciones derivadas de accidente escolar: 1 año.
-
Las prestaciones sanitarias se deben solicitar con carácter previo a la asistencia médica para el reconocimiento del derecho, con la excepción siguiente: en casos de urgencia debidamente acreditada por el facultativo, puede presentarse en el plazo de 5 años.
-
Las prestaciones económicas y gastos de sepelio que no deriven de accidente escolar: 5 años.
-
Las prestaciones por infortunio familiar: 5 años, con una retroactividad máxima de 3 meses.
Documentos que deben acompañar a solicitude
EXHIBICIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES EN ORIXINAL E EN VIGOR:
- DNI ou Libro de Familia.
- Estranxeiros, documento acreditativo de identidade.
- Acreditación de residencia legal, se fose necesario, mediante a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou a tarxeta ou autorización de residencia.
PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES OU FOTOCOPIA COMPULSADA OU COPIA PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA:
- Para os estudantes non universitarios, certificado do centro de estudos onde se especifique o curso e especialidade que realizan, ademais do aboamento de cotas do seguro escolar.
- Para os estudantes universitarios, resgardo do impreso de matrícula no que conste o curso, as materias e o pagamento da cota do Seguro Escolar.
- A documentación sinalada no punto anterior, referida ao curso anterior ao da solicitude, para os efectos de xustificar a cotización dun ano, agás no caso de accidente escolar, prestación de infortunio familiar e tocoloxía (quedan exentos deste requisito os estudantes que, durante o ano académico anterior, realizasen o último curso dos estudos non incluídos no Seguro Escolar).
a) Prestacións sanitarias:
- Derivadas de accidente escolar:
- Parte de accidente, que se cubrirá no punto 4 da solicitude.
- Certificado médico de baixa.
- Cirurxía, tocoloxía, neuropsiquiatría e tuberculose pulmonar e ósea:
- Certificado médico oficial no que conste o facultativo que vai prestar a asistencia médica, con indicación do número de colexiado, domicilio do centro ou consulta, especialidade, data e centro hospitalario do ingreso, no seu caso, diagnóstico, tratamento prescrito e tempo aproximado necesario para a súa curación.
- O certificado anterior poderá substituírse polo informe de urxencia médica, cando proceda.
- Para neuropsiquiatría, o psiquiatra deberá indicar o diagnóstico segundo as clasificacións internacionais DSM-III-R ou CIE/10, a descrición breve do estado actual do paciente, o tratamento farmacolóxico e terapia psicolóxica indicada e se esta última vai ser realizada por un psicólogo ou polo propio psiquiatra.
- Fisioterapia, radioterapia, cobaltoterapia, radioterapia e ril artificial: ademais do indicado no punto anterior, un historial médico que motive a solicitude, no que se indicará o número de sesións, o tipo destas e o orzamento total do tratamento.
A solicitude de todas as prestacións recollidas nos puntos 2 e 3 deste apartado será despois da asistencia médica para o recoñecemento do dereito. Unicamente poderá recoñecerse o dereito ao reembolso dos tratamentos prestados tras presentarse a solicitude, non anteriores. Soamente nos casos de extrema urxencia, acreditada polo facultativo, poderá presentarse no prazo de 5 anos.
b) Prestacións económicas:
- Indemnizacións por infortunio familiar: Libro de Familia e título de familia numerosa cando se ostente esta condición.
- Falecemento do cabeza de familia: Certificado de defunción.
- Ruína ou quebra: documentos que acrediten claramente o feito causante da ruína ou quebra, ademais da data na que sucedeu.
- Prórroga da prestación de infortunio familiar: documento acreditativo das materias cursadas durante o ano académico anterior, co fin de comprobar o aproveitamento do curso.
- Indemnizacións por incapacidades derivadas de accidente escolar:
- Parte de accidente escolar.
- Certificado médico que especifique o proceso evolutivo e indique as secuelas definitivas, e tamén a diminución da capacidade do accidentado, con vistas aos estudos que realizaba.
- Indemnizacións por gastos de enterro derivados de accidente, sexa ou non escolar, e enfermidade:
- Parte de accidente (só se é accidente escolar).
- En caso de falecemento por enfermidade, informe médico no que se faga constar que o afiliado vítima de enfermidade faleceu como consecuencia desta nos dous anos seguintes á data en que a contraeu e que a imposibilidade de continuar os estudos durou ata a súa morte.
- Certificado de defunción tanto para accidente como enfermidade.
Declaración responsable sobre conformidade co tratamento
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
DeclRespConformTratam Declaración responsable conformidad del estudiante con el tratamiento |
|
21/04/2022 |
Competencia
Se se trata de prestacións económicas, a solicitude será resolta pola Dirección provincial do INSS onde se presentou a solicitude.
Se son prestacións sanitarias,a solicitude será resolta pola Dirección Provincial do INSS onde se dispensase a asistencia sanitaria, con independencia da provincia onde figure matriculado o estudante ou a de residencia da unidade familiar. No caso no que o estudante se desprace ou traslade a outra provincia con cobertura sanitaria do Seguro escolar, deberá comunicarlle á Dirección Provincial que era competente o traslado, para que se poida cursar o traslado do seu expediente á nova provincia.
Información importante
A cobertura sanitaria do Seguro Escolar estará supeditada á presentación da solicitude. Non se poderán aboar os servizos prestados antes da súa presentación, agás que se trate dunha asistencia de urxencia e esta sexa recoñecida como tal por este Instituto.
Para a prórroga de neuropsiquiatría, esta se deberá solicitar nos últimos trinta días do período semestral anterior. Non se poderá recoñecer a prórroga solicitada máis tarde dos devanditos trinta días.
Cando a asistencia sanitaria se percibise nun centro non colaborador, e o estudante sufragase as facturas, ao presentar estas ha de xustificar o seu previo aboamento ao centro perante o INSS. Ben mediante un xustificante do pagamento da factura (transferencia bancaria) ou o selado do pagamento da factura polo centro.