Morte e supervivencia
As prestacións por morte e supervivencia están destinadas a compensar a situación de necesidade económica que produce, para determinadas persoas, o falecemento doutras.
Sen prexuízo do establecido na disposición adicional primeira da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, non poderá ter a condición de beneficiario das prestacións de morte e supervivencia que puidese corresponderlle, quen fose condenado por sentenza firme pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas, cando a vítima fose o suxeito causante da prestación. Disposición Final décima un da Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
A Entidade Xestora suspenderá preventivamente o aboamento das prestacións de morte e supervivencia que, se é o caso, tivese recoñecido, cando recaia resolución xudicial da que se deriven indicios racionais de que o suxeito investigado é responsable dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas, se a vítima fose o suxeito causante da prestación, con efectos do día primeiro do mes seguinte a aquel en que lle sexa comunicada tal circunstancia. Disposición Final décima dous da Lei 26/2015.
Están incluídas dentro da acción protectora do Réxime Xeral e dos Réximes Especiais que integran o Sistema da Seguridade Social, coas particularidades que, en cada caso, se indican no respectivo Réxime Especial. Xunto a elas, persiste a pensión de viuvez do SOVI.